Historia

De Desgalipedia
NapoleonBike.jpg Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos
da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais
Cita1.pngA revolución industrial é iso... co descubrimento da navegación, os europeos se espallaron polo mundo, dominaron pobos, destruíran culturas, aprisionaran, esclavizaron...Cita2.png
Cita1.pngÉ a historia do Mexillón Feo!Cita2.png
Patrick Estrella sobre Historia.
Cita1.pngMostrarémosche cada día todas as túas historias da mesma data en diferentes anos.Cita2.png
Facebook sobre as súas merdas que fixo na historia.

A Historia é un xénero literario inventado pola Grecia Clásica como propaganda política frente ós seus inimigos (ou sexa, todos os pobos non homosexuais: Exipcios, Fenicios, Persas...), ademais é unha especialidade baseada no rancor e no nunca porse de acordo entre historiadores, menos mal que veu Ibn Khaldun e fixo da historia unha ciencia respetable.

Historia da Historia[editar]

Breogán matando a un historiador que non o saca na súa Historia de Galiza.

Ao principio da toma de consciencia dos humanos os vellos non facían outra cousa máis que coidar dos netos (así os pais podían ir fornicar cos mamuts e tigres dentes de sable) e para que os cativos non os amolasen dando voltas por ahí e tirándose xílex contábandlle historias de cando eles ían á mili, de como os extraterrestres baixaron en grandes bocois de viño con luces e lles trouxeron a civilización e así...

Pero pasaron os séculos, e durante o goberno do tirano de Polóculo (Turquía) mandou facer a un funcionario vago que fixera unha historia de como seus antergos eran mellores que os do tirano veciño, este funcionario, chamado Herodoto colleu e pra poder irse de vacacións pagadas dixo que debía ir a varios países a buscar bibliografía pra facer unha xenealoía como Zeus manda e enviárono polo Mediterráneo oriental adiante pra as súas labouras, como ao final o libro editado tivo ata 45 millóns de reedicións o tan Herodoto ficou como pai da Historia, aínda que un compatriota seu, Tucídides, que comezou a rirse del porque Heródoto inventara algunha que outra cousiña, e pra demostrar que a Historia había que escribila con fontes de primeira man e de forma realista, escribindo sobre o presente, que non era outro que a da "guerra do Peloponeso", conflicto no que participou él mesmo.

Ao final os Romanos sucumbiron baixo as botas do cristianismo e éstes fixeron a súa propia Historia (que se os pagáns comían nenos cristiáns que si mandaban matar monxas por non querer foder...) entrando en competencia co Islam, que tmén fixo a súa propia historia... e así ata hoxe, que Hollywood ou Madrid inventan as súas propias historias (por non falar de Lisboa que as inventa pra seguir ocupando Galicia do Sur).

Tipos de Historia[editar]

  • Historia Arqueolóxica: aquela feita seguindo o que interpretan os arqueólogos a través dos escombros que atopan. Así podemos observar como frente a un trozo de cerámica castrexo un arqueólogo dirá que se trata dun obexecto ritual co que ofrecer ofrendas a algunha divindade xa que foi atopada nun contexto ritual, outro arqueólogo dirá que as estartigrafías non estaban moi claras e apuntará que según a súa experiencia, bibliografía e demais dito cazo debía ser un pote pra facer queimada galaica; outro atrqueólogo añadirá que dito xacemento é de cronoloxía romana e que a cerámica foi traída por tropas auxiliares celtas do exército romano...
  • Historia gloriosa: aquela feita por funcionarios ao servizo dos Estados pra darse un barniz de prestixio frente a posibles enemigos e lexitimarse no poder contra outras opcións de goberno, como cando os ianquis non fan máis que facer pelícuas sobre americanos que derrotan a Hitler (coma se Rusia non fixera nada...), como cando Francia fala da súa revolución que levou a liberdade democrática a todo o mundo (cando o que fixo foi despois de matar aos revolucionarios convertérse nunha República Imperialista), ou cando España e Portugal falan das súas colonias nos libros de texto e non din nada acerca dos escravos secuestrados en África. Este é o caso que máis produce basura histórica xa que os gobernos pagan a manadas de funcionarios pra escribir tomos e enciclopedias acerca das descobertas dos seus antergos, das conquistas dos seus antepasados, de cómo subiu o PIB durante o goberno do seu avó, etc, temos claros exemplos coa Gran Enciclopedia Gallega...
  • Historia crítica: aquela que se fai para desprestixiar ao veciño, como cando Inglaterra fala da lenda negra sobre España e a Inquisición española, cando Canadá decía que os barcos de Galicia non cumplía a lei e se produxo a Guerra do Fletán, cando os Estados Unidos de América falan de terroristas islámicos, espías soviéticos, saboteadores cubanos, antisemitismo alemán como se eles fosen uns anxiños...
  • Historia Científica: feita por científicos pero que escreben con tan poucas faltas de ortografía e lenguaxe técnico que ninguén lles merca as súas obras, ata que as le Juan Eslava Galán, fai un popurrí e vende máis libros que os científicos da historia e se leva él os cartos e a fama.
  • Historia Positivista: grupo de historiadores prós que só valen os feitos puntuais e inequívocos, soen botar un mímimo de 10 anos pra aceptar un feito histórico, por exemplo, unha batalla; non só ten que aparecer na documentación escrita, senón tamén a ser posible na oral (lendas, tradicións) e na paisaxe (arqueoloxía da paisaxe).
  • Historia dos Annais: non só conta a documentación e a arqueoloxía da paisaxe, senón tamén a historia social, antropoloxía, piscoloxía...

Métodos pra historiar[editar]

Durante séculos a historia foi contada por homes aos que se lle aparecían os deuses e lles contaban o que pasara séculos atrás.
  • Método científico: método que tarda moito en dar resultados e cando os dá son relativos e pódese interpretar á maneira do consumidor, como cando Artur Evans excava en Creta e di que os da civilización Minoica tiñan WC porque atopou un nicho con asento furado.
  • Método comparativo: cando surxe algunha civilización nova ou con poucos datos, os autores soen coller datos de culturas veciñas ou vencelladas históricamente a elas (como se fai coa Cultura Castrexa) e se pon a escribir cousas dela, a aces sen cita as fontes e ideas doutros colegas, exemplo: cando García-Albalat fala de fratías guerreiras na Gallaecia sen ter documentación arqueolóxica que o demostre pero si lendas irlandesas recollidas na Idade Media e nomes de deuses galaicos.
  • Método Historicista: cuxo obxectivo é tentar profetizar o futuro buscando patróns de comportamento no pasado ou na actualidade; isto dá lugar a profecías como as Carl Marx de que o Capitalismo ía caer, as profecías do PP de que España se rompe, etc.
  • Método estructuralista: polo cal se pode estudar un pote de barro e chegar a descubrir a estrutura socioeconómica do pobo que fixo dita cerámica. Así se atopas un fragmento dun vaso campaniforme e se estuda a fondo poderemos chegar á conclusión de que dito pobo vivía baixo os efectos dunha dictadura do consumismo de psicotrópicos e así as elites podían controlar mellor todo, dito pedazo de cerámica se é estudado por outro estructuralista chegará á conclusión de que dita civilicazión vivía nun sistema de matriarcado autónomo sen chamar moito a atención para non ser conquistados por veciños belicosos xa que a cerámica ostenta unha decoración mais ben pobre e de varias escourase micas na súa fábrica.
  • Método Materialista: polo cal se di que os Galaicos facían murallas para defenderse dos seus veciños, pero nisto chega un arqueólogo científico e di que nos castros apenas se atopa armamentos e que non pode decir se eran belicosos ou non ata que atopen algúns cemiterios castrexos, o materialista cala pero revóltase cunha mostra de pole datado polo C14 no primeiro milenio A. de C. explicando que as mostras din que hai unha maior concentración de pole de plantas cultivadas que das de monte e iso propiciou a creación de excedentes que debían ser gardados en silos dentro dos castros e protexidos polas murallas, o arqueólogo científico rebate cun "os silos atopados son poucos e non moi grandes", o materialista colle un... e así ata que cansemos ti e mais eu.
  • Método Espacial: collen un mapa e póñense a buscar castros en varios outeiros que según as estadísticas de mapas de castros excavados en Vigo dan un alto número de castros en cada outeiro de máis de 200 metros sobre o nivel do mar, días despois retíranse sen ningún castro atopado debido a un baleiro poboacional durante a Idade do ferro, van ao concello veciño e descobren menos castros que en Vigo, só un, o resto de outeiros son mámoas, casas de Mouros, castelos altomedievais, derrubos de torres feitos polos Irmandiños, derrubos de torres ordeados polos Reis Católicos, derrubos de torres feitos por Pedro Madruga, derrubos de estruturas sen cronoloxía calara feita pola construcción dunha autovía, etc

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Historia.
UnCommons
UnCommons ten máis contidos multimedia sobre:

Outros artigos[editar]