Historia universal

De Desgalipedia

Historia universal é a asignatura da escola que serve pra que os frikis se vingen dos malotes, populares, pijas, deportistas e matóns da súa clase.

Historia[editar]

Esta asignatura foi deseñada pola clase social dominante pra que os alumnos pensen que a única historia digna de ser contada é a das civilizacións clásicas (Grecia e Roma) e logo toda a historia do Estado onde viven (pero sen entrar en disquisicións tipo A Idade media en Galicia) e o resto da historia de Occidente (Oriente só existe cando se fala de Exipto e da batalla de Lepanto).

Usos da Historia universal[editar]

  • Saber quen matou a Kennedy.
  • Ter un tema de conversa coas marxinadas da túa clase (non tentes ligar con elas, son lesbianas).
  • Ter un tema de discusión cos teus pais e sobre todo, cos teus avós, sobre todo se foron á guerra.
  • Poder vingarse das humillacións sufridas a mans das pijas, malotes e matóns da clase.
  • Facer que a mestra sexy de Historia se fixe en ti e che propoña levala de exploración polos castros da contorna.
  • Poder ligar nas convencións frikis de roleiros.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos, polo menos entre o que debe estar na súa proba[editar]