Segunda República Española

De Desgalipedia
(Redirixido desde "IIª República Española")
Hammer and sickle.png Atención, Kamarada!

Este artigo é comunista, polo tanto, pode ser marxista, leninista, stalinista e come nenos.
Se vandalizar aquí a marcha revolucionaria, Stalin ha che mandar ao gulag

República Española
República Española
30px
1931–1939 30px
Escudo
Bandeira Escudo
Lema: Plus Ultra
Himno: Himno de Riego
Capital Madrid
Lingua Castelán
Goberno República
Presidente
 • 1931–1936 Niceto Alcalá-Zamora
 • 1936–1939 Manuel Azaña
Período histórico Período de entreguerras
 • Abolición da monarquía 1931
 • Guerra Civil Española 1936–1939
Moeda Peseta

A IIª República Española ou dominio Rojo de España, foi unha época da Historia de España, cando os roxos tentaron sacar do atraso, corrupción e fanatismo ós españoles, grazas a Deus non o conseguiron!

Orixe da Segunda República española[editar]

Durante séculos España estaba sendo gobernada por enviados de Deus, os reises, que con cariño e bonhomía rexían esas feraces terras ata que un contubernio xudeomarxistaleninistamasónliberaloide arrebatóullelo das mas á familia real lexítima.

Algúns frikis dixeron logo que era todo culpa de Afonso XIII e lle botaron enriba unha campaña de propaganda para poder sacar da biblioteca real toda a pornografía que era lexítimimamente do monarca.

Historia da Segunda República española[editar]

Iª fase: Bienio republicano-socialista reformadora sectarista[editar]

O contubernio liberalmarxista comezou a reformar todo o Reino de España mediante unha serie de leis diabólicas que San Ignacio de Loiola nos protexa delas, ramén!:

  • Reforma agraria: querían dar terras aos xornaleiros andaluces, saltándos e o dereito divino que llelas dela á Nobreza de Espiña!
  • Cuestión relixiosa: pero aquí que cona hai que reformar? Hai que REFORZAR!!!!!
  • Exército: debido a que había demasiados oficiais (que cobran mais cos soldados) o exército español era moi lento e por iso perdera tódalas guerras desde a Batalla de Rocroi (na Guerra de Independencia española tivo que axudarlle a poboación civil e os exércitos de Inglaterra e Portugal).
  • Reforma educativa: tentaron sublevar ás ovellas contra seus cariñosísimos pastores ecelesiásticos!
  • Autonomismo: España se rompeeeeeeeeeeeeeee!!!!!

Azaña e seu amigos din que van facer unhas cantas reformas pero fanas a medio mentres siguen matando tanto ou mais anarquistas.

IIª fase: Bienio negro radical-cedista[editar]

Afortunadamente nas segundas eleccións xerais gañaron os fillos da luz contra os das tebras roxas, o bienio negro (polo das sotanas que protexían o espírito eterno da Patria) conseguiron que a conspiración liberaloide se viñera abaixo e poñer orde entre as hordas marxistas, que querían vendernos á URSS pero os auténticos españois non lles deixaron e vendéronnos a Hitler e Benito Mussolini (que polo menos van a misa) para levar ó pobo espiñol ó reino de Deus.

Os dereitosos tentan facer da república española unha república centralista e autoritaria, con moitos Mussolinis e Hitlers, debido a iso os opositores tentan recortarlles as ás para que non leven a España ao IV Reich Hispánico. Durante esta fase non se fixo ningunha conspiración de dereitas debido a que mandaban eles!

IIIª Fase:Frentepopular[editar]

Todo os non dereitosos gañan as eleccións e por iso lles dan un golpe de Estado. Pero debido a que nas eleccións seguintes se xuntou todos os males de España contra da España chupacirios tívose que invocar a Jihad contra dos enemigos interiores e afundir a confabulación liberalmarxistaanarquistoidepija nun mar de sangue dese que tanto lle pracen a Iavé.

Guerra civil española de 1936[editar]

De 1936 a 1939 (I ano da Victoriaaaa!!) a IIª república seguiu gobernando en territorio roxo, alí guiados polo demo provocaron outra guerra civil entre eles (comunistas contra anarquistas e do POUM). Bueno entre os de Franco tamén (falanxistas contra tradicionalistas). O goberno evacuou Madrid e marchou a Valencia dirixir o exército, grazas a Pepe Stalin que enviou técnicos e conselleiros o exército popular puido gañar algunha que outra batalla a pesares da desobediencia anarka.

No último ano ao final acabaron enfrontándose en Madri entre os comunistas e os de Casado, total que si aguantan 4 meses mais podían ser salvados pola democracias occidentais...

Desgalería de imaxes da Segunda República Española[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Segunda República Española.

Outros artigos[editar]