Ibn Khaldun

De Desgalipedia
Abhu bin Laden ibn Kemal bin Morokuk ibn Halash
Ifriqiya - Século XIV
Nacemento 27 de maio de 1332
Tunisia
Morte 19 de marzo de 1406
O Cairo
Intereses principais Historia, Historiografía, Socioloxía, Economía
Ideas salientables Asabiyyah

Ibn Khaldun foi o pai da Historia moderna.

Biografía e poemas[editar]

Ibn Khaldun naceu co nome de Abhu bin Laden ibn Kemal bin Morokuk ibn Halash en Tunisia durante o exilio de seus pais nese sultanato debido a que fuxiran da Guerra civil hispánica ou Reconquista, ao caír Sevilla en mans de Castela.

Alí antre os moros aprendeu os amores nefandos dos rapazolos imberbes coma él, facéndose amigo de escritores gays da época que viñan ás costas africanas fuxindo do victorianismo merdieval, fumou os seus primeiros petas en Andalucía onde aprendeu xeometría e kung fú para dar polo logo foi enviado a Irak onde aprendeu filoloxía posmoderna e obtivo un enchufe no funcionariado de Sattam Hussein pero debido a que era un réxime laico acabou por deixalo e voltou ao Magreb, onde case funda Marrocos pero debido á inestabilidade de pensamento de seus paisanos alternou o cárcere co funcionarido do sultán, onde pillou ladillas e logrouse no cárcere tuberculose e alitose debido á inxestión cotiá de palla húmida.

O mais interesante pasoulle a final da súa vida, cren todos, no que o sultán de Exipto o elevou a decano da madrassa estatal, alí aprendeu das ciencias ocultas e comezou a escribir unha historia universal, ía polo capítulo "IX: De como os xentís romanos conquistaron o mundo e o perderon por infieis e non ter en conta a dinámica de mercado en economías agrarias e esclavistas" cando Tamerlán o mandou chamar para preguntarlle en qué númer ía caer a lotería ése ano, pero cando chegou cabo del xa estaba algo podrido polo que voltou cunha caravana a Exipto, no Sinaí foi tiroteado por membros ilegais do Mossad pero conseguiu chegar vivo ao Sáhara occidental onde fundou un colexio jedi e así o futuro Darth Vader puidera entrenarse en motocicleta sen que ningún imán o molestase.

Nembargantes foi chamado outra vez polo sultán exipcio Abdelfatah Al-Sisi que lle encragou a formación de cadros funcionariais aptos para a súa nomeklatura, laboura que levou a cabo seguindo as directrices do Necronomicon, grazas ao cal accedeu ao arquivos akásicos e pudio rematar a súa obra e morrer en paz.

Obras de Ibn Khaldun[editar]

  • Guía do autoestopista galáctico.
  • Libro da evidencia: historia dos pobos árabes, moros e demais habitantes das areas pero sen caer en longas xenealoxías de Ibn Mohammed ibn Bartolomé nin batalla de talhsitio ou caudillo Moustapha ibn Queen senón describindo estruturas socioeconímcas así como volkgeist propios destas etnias e seus conflitos co medio ambiente e tradicións herdadas que os levana impasses históricos cada dous por tres.
  • Códice Calixtino
  • Muqaddima: prolegómenso á historia universal, onde non fai como os historiadores da súa época que só citan reises, batallas e súas queridiñas senón que traza un amplo panorama históricopolíticoeconómicosexual con estatísticas sobre tipos de hábitat cultural, gráficos sobre prefernecias gay-heterosexual nas poboacións do deserto así como siloxismos sobre as leis sociais, así como divertidos insultos para provocar aos árabes e laudatorios aos persas.
  • Economía planificada según volkgeist propio de cada sociedade.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Ibn Khaldun.

Outros artigos[editar]