Igrexa Católica

De Desgalipedia
Ambox globe content.svg.png Falta por desgaleguizar!
A este artigo fáltanlle contidos, imaxes ou perspectivas
que non sexan unicamente galegas. Por favor, desgaleguíceo.
Cita1.pngSeñor Dios, présame tu asistencia para conducir ese pueblo a la plena libertad del Imperio, para gloria tuya y de tu iglesiaCita2.png
Francisco Franco sobre a igrexa.
Unha igrexa na Unión Soviética

A Igrexa católica é unha empresa multinacional fundada durante o Imperio Romano por San Pablo (que por iso de darlle brillo dixo que fora fundador Xesús de Nazareth e San Pedro).

Introducción[editar]

Hai moitas igrexas católicas (Ortodoxos, orientais, jansenitas, maronitas, luteranas) pero como ésta é a única que ten un führer á súa cabeza é a que se leva a fama. Á igrexa pertencen todos os bautizados, de tal forma que a igrexa católica está formada por miles de laicos bautizados sen voz nin voto e dirixidos por un crego en Roma (ou iso se cren os do Vaticano...).

A testa da igrexa atópase no Vaticano, onde ten a súa residencia de vellos onde está preso o Papa que preside o consello de cardenais pra manipular o Vaticano, que é un estado dentro do Estado Italiano.

Características[editar]

A igrexa é unha empresa de software dogmático (tipo Windows e Apple) encarregada (según eles) por Xesús de Nazareth de facer de intermediarios entre os crentes e Deus a través de rituais de maxia branca (misa, bautismo, comunións, unción de enfermos, etc). Esta autoridade venlle dada porque un día apareceu Deus en Israel e lle dixo en voz baixa a Moisés que Él e a súa familia eran o pobo elexido, así en plan nazi, e que lle daba permiso pra todo. Esta teoría absurda convenceu a moitos intelectuais durante séculos da mesma forma que o KGB, CIA e FAES convenceron a moitos intelectuais ata fai pouco.

Atributos da Igrexa[editar]

  • Unha: porque así é mais fácil organizar ás masas pra que vaian adorara a Deus con orde e non provoczar caos entre os peregríns.
  • Santa: porque fixo moitas cousas boas para que a xente adorase a Deus e abandoase a superstición e aos falsos deuses (Cruzadas contra o Islam, cruzadas contra os herexes, queima de bruxas, templarios, luteranos, calvinistas, etc; creación da Inquisición española, alianza cos reis de cada país pra atallar á oposición, conspiración contra os reis por non darlles o que eles querían, evanxelizar as colonias dos imperios europeos, etc, etc, etc).
  • Catódica: porque lle gusta moito saír na tele e a ten como privilexio, de feito é a única relixión que sae na telegaita, sobre todo os domingos pola mañá na TVG, logo en Decembro, Xaneiro, Marzo (semana santa), festas patronais, etc...
  • Apostólica: porque trasmite as ensinanzas dos apóstolos (xa se sabe uns pescadores analfabetos que andaban con Xesús por ahí de farra).

Doutrina esencial[editar]

Un dos grandes triunfos da Igrexa Católica foi a massificación dos santos para a tender a demanda dos seus fieis. Santa Barbie foi un exemplo desta política.
  • Dogmatismo: teñen varias hipóteses acientíficas e misteriosas nas que hai que crer ou senón vas de cabeza á NADA (quen non cre en Cristo non terá vida eterna), asi que nin vai ao inferno nin ao Ceo, e moito menos resucitará o día do Xuizo Final.
  • Priapismo: gábanse de ser a relixión con mais crentes no mundo e a que sae sempre nas novas da tele (cregos pederastas, monxas que son abducidas, banqueiros amigos con trapos suxos, contactos coa mafia, adoutrinamento de soldados de Cristo, cregos que rouban a pensión aos vellos que coidan, teñen moito patrimonio artístico, teñen tamén patrimonio inmobiliario non artístico e non lles cobran impostos, etc).
  • Papismo: teñen un gran führer que manda en todo o mundo a través das igrexas, trátase do cargo de Papa, se di que non se poñan vacas no belén pois non se deben poñer (a pesar da tradición que como non é revelada por ningún ser sobrenatural non é válida pra él).

Estructura organizativa[editar]

A hierarquia do clero católico segundo os seus cregos.

É unha organización xerárquica na que os sacerdotes están divididos en crego, abade, secretario do bispo, Bispo, Cardeal, Papa. A pesares de aceptar ás mulleres na súa organización estas só cumpren o papel de criadas do fogar, tecendo vestiduras rituais, facendo a comida, limpando igrexas, ect e non se lles permite decir a misa nin levar parroquias, non ter relacións sexuais e son usadas como carne de canón en países do Tercer Mundo.

A estrutura territotial divídese en capelas (onde só hai misas o día do patrón), parroquias (que xa teñen unha igrexa grande e con misa os domingos sempre), Arciprestazgos (que conteñen varias parroquias), Diócese (contén varios arciprestagos), Arquidiócese (diferénciase dunha diócese en que o bispo desta diócese manda mais que os das de arredor), provincias eclesiásticas, rexións eclesiásticas. Toda igrexa eidifico) pra considerarse edificio de culto debe ser propiedade da Igrexa, xa non aceptan igrexas privadas (as que eran maioría na Alta Idade Media) ou de porpiedade comunal dunha aldea (herexes!).

A pesar de que a igrexa ten unha maioría laica (crentes sen títulos eclesiásticos) que manda nela son os bispos (as mulleres tampouco poden ser cregos nin bispos, offcourse):

Aprenda a respectar... carallo.
  • Bispo: un en cada diócese, aínda que cada un depende do Papa e non poden mandar no bispo veciño pódeno foder seus compañeiros a través da Conferencia Episcopal Española, e che fan un reportaxe especialmete adicado a ése bispo roxo na COPE, telemadrid, radio maría, FAES, HazteOir.org, foro da familia.. ou simplemente te marxinan.
  • Cardenais: axudan ao Papa a mandare cando matan ao Papa elíxense entre eles pra seren Papa.
  • Papa: Führer, caudillo, duce, gran timonel, máximo gobernante do Imperio Católico, ao ser elexido polos cardenais transfórmase nunha persoa infalible, que nunca falla, asi que non o fagas cabrear ou darache co sacho desde Roma e como nunca falla...

Congregaciós e ordes[editar]

Ou sexa, as monxas e monxes, que non forman parte da xerarquía eclesiástica e por iso son os mellores cristiáns, a pesar diso están baixo a sordes do bispo rexional ou do Papa. Durante a Idade Media foron os que seguiron facendo ciencia e seguiron cos avances científicos do Imperio Romano, facendo que a humanidade progresara cara adiante, pero no Antigo Réxime convirtíronse en pozos de corrupción, axudaron na Guerra contra o Francés, facendo as Guerras Carlistas durante o século XIX e transutándose en células comunistas a finais do XX. Excepto os monxas que sempre foron carne de canón.

Outros termos pra designala[editar]

  • Igrexa.
  • Pepeiros con sotana.
  • Corvos do Vaticano.
  • A Puta de Babilonia.
  • Sacramento de Xudas.
  • Corpo de Xesús de Nazareth.
  • Puta de Xesús de Nazareth.
  • Comeherdanzas.
  • Igrexa Nacionacatolicista.
  • Igrexa de Rouco Varela.

Historia[editar]

Cresús Xisto aquel quen organizou a Igrexa Católica no Universo inverso.

Según a igrexa católica, Xesús de Nazareth creou á igrexa pra que so seres humáns amasen a Deus, e así éste lles dará a vida despois da morte nunha sorte de balneario da Toxa onde todo estará permitido, pra iso debian obedecer a unha organización chamada Igrexa Católica, que el deixaba encargados aos seus apóstolos pra que extendesen esta organización por todo o mundo pra que así Deus vise canto o querían os humanos e non os voltara destruir (como cando o Diluvio).

Os apóstolos comezaron a andar polas rúas en parellas como a garda civil e os mormóns e paraban á xente e lles comezaban a come-la cabeza conque si só existía un só Deus e que a súa crenza (a da persoa parada na rúa) en Apolo, Ceres, Diana, Afrodita, Reve, Iovis, etc era falsa e facía que Deuse se anoxara moito e viría a darlle polo , esta ameaza fixo que ao principio só tiveran como público ás mulleres, xa que os homes ao escoitar que serían sodomizados profiaban en seguir adorando aos deuses dos seus pais pra ver si un machote divino os ía encular.

Nembargantes cedo comezaron a pelexarse entre sí os propios cristiáns, divididos en dúas correntes, unha liderada por San Pedro, que non facía ascos á filosofía grega e permitía que a xente se fixera cristiá sen ter que facerse a circuncisión, mentres que a outra corrente, liderada por San Esteban, decía de facerse a circunsición e seguir ao pé da letras as ensinazas de Cristo (razón pola que esta igrexa era pobre), finalmente gañou a corrente de Pedro tras apedrear (Pedro = pedra) a Esteban, pra tapar todo ben fixeron a esteba mártir da causa a pesares de habelo matado eles mesmos(ao estilo dos ingleses con Denis donaldson). Por outra banda o costume de parar á xente na rúa, estilo mormón, facía que se resentise moito o tráfico nas urbes do Imperio Romano, e ademais como os cristiáns andaban provocando e maltratando aos sacerdotes pagáns a maioría da xente pensaba que os deuses os ían castigar por culpa dos cristiáns asi que desterraron a San Xoan a unha illa.

Non contentos os cristiáns con insultar aos deuses, queimar algún santuario a Apolo, facer retencións detráfico... tampouco lle tiñan respeto ao Emperador de Roma e non lle rezaban, com isto supuña un grave ataque ao Estado os emperadores romanos comezarona perseguir a algún que outro cristián(sobre todo terroristas e alborotadores como San Pedro, San Pablo, etc) que eran vistos como perigosos anarquistas pijos, para atraerse o favor dos emeradores varos bispos montaron números de maxia negra sobre como acabar cos opositores nacionalistas de Inglaterra, Israel, etc así como meter na súa secta a mulleres de altos cargos, gracias a iso conseguiron que o cristianismo fose permitido e logo única relixión do estado (frente a un gran número de científicos e xente do pobo que inda seguía sendo pagana).

Xa na Idade Media aigrexa pactou con tódolos reis bárbaros e foi a única cousa que se salvou da caída do Imperio Romano, os mosteiros transforáronse no único lugar de civilización occidental durante 15 séculos. esta alizana do altar coa coroa durou ata a crise do Antigo Réxime, que aínda que a igrexa tentou que non cambiase nada todo mudou coa revolución industrial, finalmente meteron varios cambios no Concilio Vaticano II no século XX, pero sempre nunha liña consrvadora reaccionaria ata o día de hoxe.

A igrexa católica en Galicia[editar]

O cristianismo entrou en Galicia da man da Raíña Lupa, xa que esta nova relixión garantíalle un control directo dos seus homes, esta alianza dos cregos cos políticos do momento fixo medrar a igrexa no lugar, excepto entre os labregos que seguían adorando a Iovi, Reve, Diana, Berobreo, ect.

Moitos cristiáns facían viaxes turísticos a Israel, entre elas a monxa Exeria, e Prisciliano, que entrou en contacto coa teoloxía da Liberación e de volta na galiza comezou a pradicar un cirstianismo menos elitista e mais comprometido coa xente.

A chegada ao poder dos suevos e que estes foran cirstiáns (pero non católicos) trouxo problemas á xerarquía dos bispos (que era a mesma que a xerarquía política) e algúns deles fuxiron ao perder o poder sobre os seus rebaños de ovellas, outros ficaron, como Hidacio de Chaves, que vendo que perdía aceite e poder foi a Roma a aver si o que quedaba do Imperio Romano, pero alí dixéronlle que os suevos eran amigos de Roma, asi que voltou e tentou facerse amigos dos xefes suevos, ao memso tempo que perseguía aos seguidores de Prisciliano. Finalmente o reino Suevo de Galicia convirtiuse no primeiro reino europeo e católico, co seu propio apóstolo, san Martiño Dumiense.

Xa na Alta Idade Media etrala desfeita do reino visigodo e o cambio de poder en mans dos sectores visigodos arabizados a igrexa sobreviviu illada en Iria Flavia, ata que caeu baixo a influencia dos reis de Asturias, medrando en poderío durante a Reconquista, que foi cando inventou o Voto de Santiago (polo cal en agradecemento a que Santiago Apóstolo baixara nun ovni branco a masacrar co raio da morte aos españois, tódlas poblacións de León, Castela e Andalucía debian entregar uns cartiños tódolos anos durante séculos ao bispo de Santiago de Compostela).

Torquemada en acción.

Durante a Contrarreforma, Madrid enviou á Inquisición española a vixiar que os ingleses que andaban a mercar viño do Ribeiro non intoxicasen co protestantismo aos pobres galegos, asi como vixiar que polos portos de Baiona e A Coruña entrasen misioneiros luteranos; debido á política dos Austrias e da igrexa fundamentalista enviaron varios continxentes de soldados galegos e irlandeses a Irlanda, asi que fundaron o IRA e foron pra lá, pero daquela fracasaron.

Debido ó fanatismo e oscurantismo da igrexa durante o século XIX, Galicia foi ficando aínda maís (por senon chegagaba a crise económica e o centralismo de Madrid) na miseria e o atraso institucional, logo e organizar a loita durante a Guerra de Independencia, puxéronse a perseguir aos liberais, logo financiaron xunto coa fidalguía ás guerrillas carlistas. A pesares das primeiras ilusións de face run cristianismo socialista a mediados do XIX (vidas do catolicismo francés de Lammenais e Lacordaire) o fracaso militar do carlismo, mais de 300 clérigos mortos durante a carlistada ou exiliados (como o arzobispo de Compostela) unido ó peche dos poderosos mosteiros galegos (Oseira, Celanova, Sobrado, Monfero) o desguace do poder eocnómico pola desamortización, fai qe a Igrexa entre en crise, xunto á crise económica hai unha crise ideolóxica ó ter que atraerse, aceptar ou facer fronte ó liberalismo.

Pero a crise non era de conversión, era de debilidade os prelados voltaron e entregaron oseminario (canteira dos cregos) en mans de incompetentes reaccionarios ao memso tempo que marxinaban aos clérigos liberais (Manuel Acuña y Malvar) e os que iniciarana un achegamento da igrexa as novas ideas(J.M.J. Carracido e Pedro Losada Rodríguez), isto fixo que non participara no levantamento de abril de 1846 dos mártires de Carral ós que logo acusaron de ser masóns (a vela monserga de sempre) e con fins republicanos.

A principios do século XX, apoiando o imperialismo español envian varios números pra invadir Marrocos,apoian a dictablanda de Miguel Primo de Rivera, destacan algunhas persoalidades a titulo individual como Ramón Bernández González (rexionalista liberal). Pra non perder influencia entre xente do pobo comezana fundar sindicatos católicos e frear aos sindicatos naraquistas e socialistas,ao meso tempo que algúns cregos se modernizan e entran a loitar xunto cos labregos contra os foros, como Basilio Álvarez (que sería expulsado da igrexa) e o cura de Mos. Durante a IIª República Española apoia a partidos "republicanos" de dereitas pra non perder o poder obtido na Restauración Borbónica, aliada coa clase rendista e parasitaria crean a CEDA (Confabulación Española de Dereitistas Antimarxistas) pra ter suxeitos a tódolos pequenos partidos de dereitas nun só bloque, controlado por vigarios provinciais, como o ourensán Diego Bugallo Pita, que coa súa rede clientelar conseguía miles de votos pra CEDA e así conseguir gañar as eleccións á República,xunto coa forza dos sindicatos católicos e fillos de boas familias que crean Falange Española. Así rematan por conspirar contra a República e apoiando a dictadura de Francisco Franco.

Durante a Gurrea Civil Española axudan ao bando feixista contra do bando republicano, dando cartos,armas e xente, xogan un importanmte papel na represión, acusando aos veciños(como os cregos de Arnoia,Ourense,mentres outros os agochan e protexe aos seus fregueses como o de Cudeiro.), axuste de contas, obtención de cartos por cubrir documentos de bo comportamento, etc

Durante o primer franquismo a igrexa obtén centos de privilexios e o seu poder chega a cotas do século XVIII, perdendo poder durante o segundo franquismo e loitando contra os falanxistas e tecnócratas dentro do franquismo, Galicia convírtese nunha illa na que non entra a influencia da Teoloxía da liberación nin as experiencias dos curas obreiros até a década dos 70, sobre todo no grupo de Ribadavia, que revitalizaron a igrexa en contra do franquismo e do propio bispo de Ourense (Temiño), así como o crego Manuel Espiña que falou contra os fusilamentos de etarras, orixe dun cadro de Luís Seoane.

Actualmente a igrexa mantén a súa xerarquía ao memso tempo que loita por manter súa cota de poder a través de políticos afíns do PP e do PSOE(que cando está na oposición clama contra os privilexios da igrexa e cando está no poder esquécese deles), creación de asociacións pra impor a súa doutrina na sociedade actual (HazteOir.org, Foro da Familia), asociacións segredas (o Yunque) sectas (Opus Dei, lexionarios de Cristo) empresas(COPE, Radio María, Banco di Roma, Banco Popular, CajaSur, Grupo FIAT, empresas de armas como Beretta, Inditex, Endesa, Telefónica, Casino di montecarlo, BP, Pfizer, FAES) o 70% do territorio de Santiago de Compostela perténcenlles.

Por outra banda a igrexa contabiliza o seu número de crentes según o número de bebés que bautizan e non polo de persoas que asisten os domingos á misa, e sito fai que en España non existan os ateos.

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Igrexa Católica.

Véxase tamén[editar]

Artigos relacionados[editar]