Illas Salomón

De Desgalipedia
Illas federadas baixo o amor á raíña inglesa Frediie Mercury
Illas Salmón
Illas Salomón
Bandeira de Illas Salomón Escudo de Illas Salomón
Bandeira Escudo
Lema: Liderar é esravizar
 

[[Ficheiro:|center|250px]]

 
Capital
 • Poboación
Honesta.

Cidade máis poboada Nuku'alofa
Linguas oficiais
Inglés, Bazaneiro e castrapo
Forma de goberno República caciquil bruta en cada illa
Presi
Manises Sogaprati
Independencia
Do Imperio Británico
das roupas
7 de xullo 1978
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas

0,0000000...1 km²
0,0000000...1 (Despreciable)
n/d km
n/d km
Poboación
 • Total
 • Densidade

Baixiña
n/d
Relixión
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total
 • PIB per cápita

0,0000000...1
n/d
IDH 0,0000000...1
Moeda salomonense/a
Xentilicio [email protected]
Fuso horario
 • en verán
UCT + 11
UCT + 12
Dominio de Internet .sb
Prefixo telefónico n/d
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO n/d
Membro de: Commonwealth, ONU
Tódolos países do mundo

As Illas Salomón son un cento de illas microscópicas veciñas a Papúa Nova Guinea, Xapón e Illas Cíes.

Historia[editar]

As illas Salomónicas foron habitadas no Paleolítico por inmigrantes ilegais provintes doutras illas de Asia que ían na procura de liberdade e buscando sitios onde antes ninguén chegara por deporte. Viviron ben ata que o Imperio Inca e logo o Imperio Español chegou por alí desde Perú pero como non había ouro e a maioría de españois querían ouro estas illas apenas foron molestadas. Logo viñeron os holandeses e o Imperio Británico tomou Australia, os colonos da zona necesitaban man de obra e comezaron a escravizar aos nativos e como non había tanta xente acabaron viñendo aquí a secuestrar bravos guerreiros para as plantacións de algodón e coconut.

As illas foron visitadas e parcialmente conquistadas polo Imperio Alemán, e logo mais tarde na Segunda Guerra Mundial o Imperio Xaponés, que rematou pelexándose co Imperio Británico polas plantacións de té con galletiñas. Nos 70 conseguiron a súa independencia aparecendo na televisión e para que non mirasen mal aos ingleses e si aos soviéticos nos documentais de Historia déronlle permiso pero tendo a mesma raíña, pero debido a problemas de reparto de cocoteiros iniciouse unha guerra civil sutil entre os diversos caciques armados, polo que o representante sindical da Raíña inglesa decidiu pedir axuda na ONU e desde entón hai varios soldados extranseiros vixiando que os nativos de aquí non se maten entre eles.

Xeografía[editar]

Este país é dos mais dispersos, hai illas do país que están a 200 km doutras illas compatriotas, que son algo así como 666 entidades terrestres (illas, penas, penedos, illotes, illiñas, areeiros, ghidoiros) polo que hai moitas culturas neste país e cada unha lévase a matar coa outra debido á súa cultura do machote.

Economía[editar]

Artigo principal: Economía das Illas Salomón.

A maioría de illas deste país son a típica illa dun metro cadrado cun só cocoteiro e un náufrago nela, polo que a economía deste país é a pesca de baixura entre illas seguindo as rutas trazadas polos espíritus ancestrais.

Cultura[editar]

Este país ten 75 idiomas diferentes e usan o inglés das cancións para entenderse de illa a illa pero so teñen tres días festivos, xa que viven no paraíso e non necesitan días festivos nin pontes e moito menos acueductos.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Illas Salomón.

Outros artigos[editar]

V  C  E h
Países do mundo · Oceanía
Onde está Micronesia?
Australia - Estados Federados de Micronesia - Fidxi - Illas Salomón - Illas Marshall - Nauru - Nova Zelandia
Papúa Nova Guinea - Reino Gay e Lésbico das Illas do Mar de Coral - Samoa Occidental - Kiribati - Timor Leste - Tonga - Tuvalu - Vanuatu

Países con parte do seu territorio en Oceanía
Estados Unidos - Chile - Indonesia
Países semiautónomos e estados libres asociados
Niue - Toquelau