Immanuel Kant

De Desgalipedia


Immanuel Kant
Ficheiro:Immanuel Kant (portrait).jpg
Kant por J. L. Raab, 1791
Filosofía occidental
Nacemento 22 de abril de 1724
Königsberg, Prusia Prusia
Morte 12 de febreiro de 1804 (79 anos)
Königsberg, Prusia Prusia
Influencias Romanticismo

Immanuel Kant foi un extraterrestre chegado doutro planeta pra facer evolucionar aos humanos.

Kant(a) vida[editar]

Kant foi un neno probeta dunha civilización alieníxena (algúns teorizan con que é o irmá maior de Superman) enviado a Prusia pra que o mundo progresase cara adiante (debido a que Prusia inventou Alemaña deberon envialo a outro país...). Foi inxertado nunha escocesa e dun boche tragacirios, que criaron ao neno no Pietismo, ata que Deus tivoa ben levarse ao alén ao seu pai e así Kant tivo que porse a traballar e abandoara universidade antes de que se fixera reintegrata.

Debido a que non tiña experiencia laboral púxose a dar clases (sen título!!) polas aldeas do arredor, creando unha elite paleta que remataría por tomar o poder e crear Alemaña. Puídose pudrir na Alemaña profunda mentre ía ao Oktoberfest pero ao tempo que conseguía cervexas en xarras XXL de louras tetonas escribiu libros de moitas cousas que daquela só estudiaba algún que outro Cosplaier e así de paso que se adicabaa dar clases consegiu escribir e que lle publicasen varios libros sobre filosofía e ciencia. Debido a que tiña unha vida plena e por riba era intelixente, tivo moitos inimigos na universidade e só lle deixaron ser catedrático cando tiña corentaepico anos (daquela palmaban aos 50).

Pra que o Kaiser Oskarr Mayer vise que era un bo funcionario non foi a mais botellóns ata que escribiu súa obra mestra. Tras criticar á razón viu que ninguén lía seu libro, e como sempre escribira best seller fixo unha precuela, pra que todo o mundo puidese enteirarse de que Darth Vader era un jedi antes e que antes do Imperio viña a República, así conseguiu que todos os alumnos do CUVI a tivesen como manual pra escribir chorradas na Frikipedia, mais esta fama súa escurceuse debido a que uns vándalos usaron algunhas das súas citas pra encher os muros das igrexas con graffitis tipo AMI, por outra banda e debido a que sempre estaba publicando columnas en La Voz de Galicia e Der Spiegel súas ideas comezaron a rolar por ahí e algúns radicais crearon o Idealismo alemán (unha terrible arma de guerra) e así o Imperio Español viuse abaixo pra sempre.

Debido a que era vellote e aínda andaba de furanchos tolleuno a humidade e morreu co fígado ben recebado por LK.

Kant(as) obras[editar]

  • Historia xeral da natureza e teoría do ceo: onde él xa viu que estábamos nunha galaxia que non era o centro do universo e algún día o sol torraríanos.
  • Observacións obre o belo e o sublime: aquí desenrola unha experiencia paneísa súa coa deusa razón un día que lle picaba moito as medias e o tricornio non lle protexía da calor.
  • Crítica da razón pura: o título xa o dí todo, Non?
  • Fundamentos de nanotecnoloxía.
  • Principios metacuánticos da natureza.
  • Que é a ilustración: con lapis ou con bolígrafo e con anexo pro phtoshop.
  • Crítica do xuízo: porque perdeu un preito por marcos das terras.
  • A relixión dentro da razón: libro de cabaceira para os curas.
  • Metafísica dos costumes: onde prevé a física cuántica na antropoloxía forense.
  • Opus Postumun; aquí en plan O Cid, escribindo despois de morto contra os escurantistas.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Immanuel Kant.

Outros artigos[editar]