Imperio Azteca

De Desgalipedia
NapoleonBike.jpg Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos
da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais
Imperio Azteca
Tlocoló Cantllinfash
Duración?

Bandeira

Lema: "Ai ai ai"
Himno: "Óraleeeee"
Capital Méjiko
Lingua Asteku.
Relixión Paganismo
Goberno n/d
Historia
 • Establecido

O Imperio Azteca foi un imperio medieval de centroamérica.

Historia[editar]

Todo empezou debido a unha sequía que fixo que o millo fose ao carallo e os mexicas emigraron ao sur e conquistaron os dominios doutra cidade estado do posclásico tardón. No 1430 a cidade-Estado de Formigueiro grazas á aliamza de aztecas e acolhunados e durante 200 anos os mexicas dominaron Centroamérica mediante bates de béisbol con incrustacións e obsidiana e moita pluma.

Aínda que ao principio era unha alianza de tres estados finalmente os mexicas de Tenochtitlán impuxéronse sobre o resto (igual que Madrid sobre o resto de España) de tal forma que dominaron centroamérica de costa a costa e enriba subían os impostos cada dous por tres e si protestabas facíanche unha ciruxía cerebral coas súas mocas.

Un malote do Imperio Español caeu por aquí e o cacique rei pensou que era Quetzalcoátl e nomeouno xefe de goberno. Así Hernán Cortés foi rei do Imperio Azteca, independizouse do Imperio Español, conquistou Cuba e La Española para expulsar a seus compatriotas e expandiu o imperio mexica cara as selvas do Iucatán.

Carlos I de España e V de Alemaña enviou a miles de fidalgos pobres a vingarse de Hernán Cortés huánatl, o emperador Uei deste imperio, que sabedor do que ía suceder concentrou o exército azteca na costa este e así expulsou aos conquistadores pero debido a un problema de semántica cultural Hernán foi sacrificado no alto do templo piramidal de Technotitlán para que Quetzalcoátl voltase onda os deuses a pedirlle mais choiva. Polo que México sería conquistado por outra vaga de españois.

Organización e cultura[editar]

A organiación do imperio estaba baseada na democracia divina, onde mandaban uns poucos sobre uns moitos, así a nobreza dominaba o exército e a relixión nas ciades estado, o resto de territorios eran dominados mediante a economía, xa que lles pedían impostos altos e usaban o exército para meterlles medo a outros gobernantes extranseiros ou roubar man de obra aos veciños.

A cultura era teocrática, os sacerdotes de cada deus gobernaban a vida dos súbditos mediante calendarios abstrusos para facerse cos excedentes de millo e cacao para logo facerse unhas pijo capas de plumas e cerámica con esceas do kama sutra. de vez en cando sacrificaban algúns vagos e maleantes aos que logo divinizaban nos seus cómics e películas.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]