Imperio Colonial Francés

De Desgalipedia
Imperio Gabacho
Empirée Coloniel du la grandêe Fransuá
Duración?
Bandeira Escudo
Lema: Allonsanfán.
Capital París
Lingua Sexo oral
Goberno n/d
Período histórico Idade Moderna, Idade Contemporánea
 • Establecido

O Imperio Colonial Francés ou Imperio francés foi o dominio de Francia sobre varias terras ao longo de certas partes da Historia humana desde o século XVII ata o XX.

Historia[editar]

Todo comezou cando Fransuá I de Francia ordeou que lle trouxeran putas asiáticas, debido a que se levaban mal co Imperio Otomán os gabachos enviaron unha expedición de exploración na dirección oposta, en vez de cara Oriente foron cara Occidente para chegar por atrás a Oriente sen ter que pasar pola intermediación dos turcos, así descubiron Canadá.

Vendo que os nativos eran moi machotes permitíronlles existir ademais xa tiñan guerra de sobra na Europa polo que só exerceron un certo pseudodominio ao longo do que hoxe é Estados Unidos de América, logo baixaron cara o Caribe e fundaron a Güiana Francesa para piratear contra do Imperio Español creando así Haití e Xamaica mentres pola outra beira do globo terráqueo creban postos comerciais iguais aos do Imperio Portugués pola Asia. Os problemas virían cando Francia comezou a invadir partes de África e América provocando unha serie de guerras entre ambas potencias no século da moda francesa polo que no seguinte foi o século da moda inglesa.

Imperio francés de Napoleón[editar]

As colonias francesas apenas se viron afectadas pola Revolución Francesa, xa que seguiron a pertencer a Francia, excepto Haití que se lles independizou e logrou repeler os ataques imperialistas de España e Inglaterra. A República Francesa tivo que facer fronte aos reaccionarios e a invasión dos países monárquicos contra dela tras estabilizarse Napoleón Bonaparte deu un coup d'État e quedouse como rei, non contento con iso comezou devolveulles a visiata aos países veciños conquistando Austria, Alemaña,Bélxica, Italia, España, Polonia, etc. Así, o Imperio francés extendeuse por toda Europa excepto Inglaterra, Rusia e parte do Imperio Austro-Húngaro. Napoleón seguiu mantendo as colonias de Asia e o Caribe, resistindo os ataques do Imperio Británico que lle lanzaba nas súas colonias de ultramar.

Segundo Imperio francés[editar]

Trala derrota de Naboleón o Imperio Británico permitiulles conservar certas colonias en Asia e quedóuselles con outras para poder cultivar opio a gusto. Debido a que Francia quedara chea de soldados veteranos das guerras napoleónicas os restaurados reis Carlos XXX e Luís-Filipe I decidiu desfacerse deles conquistando Alxeria.

O seguinte mandatario, Napoleón III, viu que aquelo era bó para os negocios imperialistas e seguiu conquistando o resto de África Occidental ao tempo que tentaba facer un protectorado en México pero foron derrotados por Benito Juárez, Clint Eastwood, unha monxa e unha mula. A Segunda República Francesa conquistou Tunisia e logo Libia para sacar delas materias primas (esparto, haxix e man de obra barata). Logo seguirían conquistando e colocando caciques de palla polo resto da África ata que bateron contra os ingleses e tiveron que sentarse a delimitar zonas de influencia tomando un con croissants. Mentres na Asia conquistaron Vietnam e expandíronse pola Oceanía mentres financiaban a Sandokan contra do Imperio Británico.

Mentres na Europa tiveron que pelexarse contra Alemaña Prusia, o que acabaría provocando unha paz armada que remataría coa Primeira Guerra Mundial, que gañaron coa axuda de Inglaterra, Portugal e os Estados Unidos de América. Grazas a iso quedáronse con varias colonias dos alemáns pero na Segunda Guerra Mundial Francia foi conquistada por Alemaña mentres as súas colonias eran capturadas polo Imperio Xaponés, Charles de Gaulle invocou ao Demo e conseguiu que ingleses e ianquis lles sacaran as castañas do lume e así recuperou o Imperio para Francia pero tívose que enfrontar aos movementos de descolonización perdendo a Guerra de Vietnam e a Guerra de Alxeria e noutros lugares promocionaron a guerra civil nas súas ex colonias para seguir gobernando na sombra.

Economía do Imperio[editar]