Imperio Freezeriano

De Desgalipedia

Imperio Freezeriano foi o imperio creado por Freezer por varias galaxias, planetoides, buracos negros, buracos de gusano e buracos de .

Historia do Imperio de Freezer[editar]

Todo comezou na Era de Acuario, Freezer conseguiu un gran poder e para que todo o mundo lle fixera caso comezou a invadir mundos, primeiro chegaba a un planeta e ameazaba aos seus líderes para logo improrarlles que se unir a el. Cando os lideres se rían del Freezer collía e destruía todo o planeta deixando que houbese supervivintes para que espallasen a noticia, así moitas razas acabaron uníndoselle antes que ser borrados dos espazo-tempo, unha desas razas foi a dos humanocitos, que apesares da súa supertecnoloxia de armaduras xersei non logrou deter a Freezer.

Debido á fama que criou Freezer abriu unha corte onde meter a tódolos guerreiros e camándulas que lle facían a pelota, así xuntou a moitos mercenarios (non o Deadpool) e guerreiros de gran habilidade cos cales viaxaba dando ultimatos, ata que se fartou de tantas rendicións e decidiu servirse dos sayans enviándoos bebés en cápsulas nave a tódolos planetas a facer o traballo suxo por eles ou eliminar directamente a seus habitantes para logo colonizar o planeta con gamusinos, tal foi o caso de Kakarotto no planeta Terra.

Finalmente o Imperio acabou por desfacerse, os historiadores están divididos respeto das súas opinións osbre este feito galáctico e hai distintas teses:

  • Tese marxista: o Imperio caeu debido a unha crise económica do capitalismo implantado á forza en planetas que apenas pasaran dun estadio paleolítico a un industrial ou mesmo en planetas ondde só existía economía agraria de subsistencia o que provocou un desaxuste estrutural na economía imperial debido ao handicap de non ser unha sociedade xusta e moi desigualitaria nin cohesionada.
  • Tese friqui: o imperio caeu á morte de Freezer a mans de Son Goku e Vexeta unidos en matrimonio gay.
  • Tese estruturalista: o imperio tiña serias diverxencias incluso a nivel comarcal o que debido á incompetencia da clase gobernante en materia económica levou a un colapso das institucións de poder creando un mercado negro incontrolado polo que o imperio caeu na indixencia e de aí ao esquecemento.
  • Tese Lamarckiana: a estrutura de poder en vertical deste imperio unido a unha bloco megaparalelo horizontal inestable fixo que o imperio caese en picado cando a pérdida do poder militar se uniu a do porpio líder unha noite na eira do trigo asi que as estruturas ao carecer de apoio cabezal desmoronáronse.
  • Tese freudiana: debido a que a casta dirixente mantiña un status quo a través de diversos traumas de pérdida iso produciu un enorme e xigantesco e colosal sentimento de opresión que unidos ao complexo de Dióxenes e Aparicio fixo que seus habitantes morasen an infelicidade sexual e na inapatencia por estímulos que unidos a unha falta de espírito emprendedor nin curioso rematu por esmagalos nunha satiriase aguda e cronica.

Dominios do imperio e colonias[editar]

Cultura[editar]

O imperio de freezer logrou un alto nivel cultural tanto a nivel industrial como espiritual, produciu armaduras superlásticas, visualizadores de unidades de combate unipersonais, naves espaciais que apenas gastaban combustible e miles de templos en forma de rabo xigante.