Imperio Otomán

De Desgalipedia
NapoleonBike.jpg Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos
da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais
IslamSymbol.jpg Este artigo é musulmán e fala sobre Islam!
Polo tanto, este artigo louva Alá, gústanlle mulleres cubertas e non gusta de ser confundido con terroristas.
Se ofender o Islamismo, dixo que árabes son iguais a persas ou xudeus, súa moza nunca ha entrar no harém,
terá un grave risco de quedar sen petróleo e terá a súa casa varrida do mapa por un 747-400.
دَوْلَتِ عَلِيّهٔ عُثمَانِیّه
A Sublime Porka
30px
1299–1923
Escudo
Bandeira Escudo
Himno: Himno Imperial Otomán
Capital · Söğüt (12991326)
· Bursa (13261365)
· Edirne (13651453)
· Constantinopla (14531922)
Lingua Turco otomán
Relixión Sunismo (Islam)
Goberno Monarquía absoluta
Monarquía constitucional (1876-1878 e 1908-1922)
Sultán
 • 1299-1326 Osmán I (primeiro)
 • 1918-1922 Mehmed VI (ultimo)
Gran Visir
 • 1320–31 (primeiro) Alaeddin Pasha
 • 1920–22 (último) Ahmed Tevfik Pasha
Historia
 • Fundación 1299
 • Interregno 1402–1413
Superficie
 • 1914 1,800,000 km²
Moeda Akçe - Kuruş - Lira - Sultani

O Imperio Otomán(en turko:Impirio Ortomano) foron as terras dominadas polos turkos.

Historia[editar]

Todo empezou debido ao quecemento global que fixo que as tribos túrcicas emigrasen cara os terreos do Imperio Bizantino e o Imperio Árabe aos que lles sacaron aínda mais terras para formar este imperio clave entre Oriente e Occidente.

Expansión[editar]

Osmán I comezou a foder a seus veciños túrquicos de tal forma que conseguiu contratos do ministerio de defensa do Imperio Bizantino e regalos en forma de privilexios sexuais con tódalas putas de Bizancio de tal forma que algúns emperadores bizantinos foron fillos seus, sobre os da Dinastía Arqueólogo, que lles deixaron (sen decatarse) coller terras ao outro lado do estreito de Fósforo, de tal forma que con este material comezaron a mellorar o seu exército asi que un par de décadas mais tarde o Imperio Romano do Oriente tivo que pagarlles tributo senón querían guerra de tal forma que o imperio romano comezou a estar illado das suas posesións en Mesopotamia e de Europa occidental asi que cando o Papa os quixo axudar cunha jihad ningún reino europeo se intersou no asunto xa que nos seus manuais escolares decían que o Imperio Romano desaparecera 500 anos antes.

E ata hoxe os húngaros non permiten o paso de turcos.

As cousas mudaron cando comezaron a avanzar polos Balcáns, ese territorio europeo cheo de volcáns que ninguén quería, excepto os de Hungría. Pero debido a problemas cos seu aliado, o Conde Drácula, finalmente os turcos invadiron estas terras. De aquí foi de onde sacaron aos jenízaros, uns soldados de elite cristiáns gays europeos, que comezaron a facer o mesmo ca garda pretoriana polo que nesta época quedou o costume de que o sultán matase a todos os seus irmáns para que non lles desen ningún golpe de estado, despois diso destruiu ao Imperio Bizantino.

Organización na Idade Moderna[editar]

O novo sultán fixo que a república de Xénova o acatase e así deixaron de intrigar na súa corte, os seguintes sultáns seguiron co deporte bizantino de debatir por chorradas e matar a todos os seus parentes que o miraban algo mal. Selim I o barbilampiño comezou atacando a Irán, o paraíso do Chiísmo, e logo aos mamalóns que gobernaban Exipto, tras beber moita sangue de Chiíes opbtivo mais poder e conquistou Siria, Líbano, Exipto, Libia e Alxeria. Suehueiiiimán seguiu conquistando desertos por Asia e África, de tal forma que o Mediterráneo case pasou a ser un lago turco.

Decadencia[editar]

Debido á derrota na Batalla de Lepanto os seguintes sultáns comezaron a levar a vida muelle mítica dos otomanos e os xanízaros pasaron a segundo plano nas intrigas, esta vez gobernábase desde o harén. Pero un sultán cultureta quixo facer reformas para estar á altura da tecnoloxía e finanzas europeas e foi asasinado polos xanízaros, e o seguinte tamén polo que durante 20 anos o Imperio estivo sen rei polo que o seguinte sultán vendo o que psaba comezou a facer agasallos a todo o mundo e expandiuse a corrupción e el morreu de vello e non envelenado como os anteriores. No século XVII acadaron a súa máxima extensión.

Final[editar]

O seu final veu de forma rápida debido á competencia co Imperio Británico que enganou aos árabes con promesas baleiras de crear unha grande Arabia e de agasallos co de Lawrence de Arabia.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Imperio Otomán.

Outros artigos[editar]

Modelo:Historia Anatolia