Imperio Persa

De Desgalipedia
NapoleonBike.jpg Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos
da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais
Imperio Aqueménida
Imperio Persa
30px
 
30px
 
30px
-550-330

Escudo de Imperio Persa <p> Escudo

Capital Persépole mola!, Susa, Pasargada e Ecbatana
Lingua Nas inscricións reais preferíase o persa antigo, o acadio aqueménida e o elamita. Para a administración, o arameo e o elamita.
Relixión Zoroastrismo
Goberno Monarquía
Período histórico Antigüidade clásica
 • Establecido -550

O Imperio Persa foi un estado centralista, despótico e ultracivilizado de Asia, con capital en Persépole (no Irán), chegou desde Afganistán ata Grecia, e desde Turkmenistán ata Exipto.

Historia[editar]

O Imperio persa existíu á vez que os celtas, os castros aquí en Galicia, Maias, as culturas de Iavin, de Paracas en América, Jomon do Xapón, e as cidades-estado de Grecia e os Etruscos.

Todo comezou con Aquemenes (en iranio antigo significa "A que ma chupas"), un pastor do Irán antigo preocupado por xuntar as súas fillas con alguén de valía. Como non o atopou comezou el a conquistar lugares grazas á axuda dos inmortais e casou coas súas fillas, ata que tivo descendente varón e asi propagou a súa liñaxe de pura sangue aria. O reino medrou ata que foron vasalos do Imperio do Medo, ata que o rei Cirillote I conseguiu desfacerse destes aproveitando unha crise económica que tiñan entre o persoal de meter sustos, así iniciu a conquista dos seus veciños.

Tras ver o fácil que era facer que os xenerais inimigos traizoasen a seus reis a cambio dun posto de funcionario na nova administración imperial conquistou o Imperio de Babilonia, toda Mesopotamia, Palestina, Siria e Turquía. Seu fillo, Cambiacamises I, conquistou Exipto pero rebeláronselle algúnhas partes do imperio por seguidores de Xoana de Arco e Cambises morreu polo camiño. Asi que o usurpador reinou algo mais ata que un grupo de nobres encabezado por Darío I o matou e quedou de rei.

O imperio viuse na obriga de pelexar cos gregos debido á rivalidade comercial do trigo do Mar Negro e o comercio transmediterráneo, así ambos estados víronse envoltos en varias guerras que os gregos piratearon a gusto as costas de Turquía polo que o transexual rei Xerxes I atacou Atenas e mais Esparta vencendo a ambos estados ata que unha tormenta en Salamina lle desfixo a frota onde viaxaba o groso do seu exército e tívose que retirar.

Trala súa morte houbo varios disturbios, que puxeron de moda que despois da morte de cada rei houbese un mes de anarquía, sen ninguén que mandase e a final de mes todo o mundo estaba farto de que non houbese a quen botarlle a culpa de todo o que funcionaba mal e ansiosos por ter un emperador. O país voltou a ter emperadores, co Rei Fartodexerxes I, puxo a capital en Babilonia e tras varias mortes de emperadores e intrigas múltiples no pazo real e mais mortes de pseudoemperadores e demais Alexandre Magno conquistou este imperio para os seus xenerais.

Segundo Imperio persa ou Imperio Parto[editar]

Tralas pelexas entre reis helenistas desta rexión os persas comezaron a reaxir formando un estado independente, debido á súa expansión acabou pelexándose co Imperio Romano na zona de Turquía, Siria e Mesopotamia, onde tiveron sempre a fronteira no río Tigre. O seus reis apenas puideron facer nada ante os perigos dos nómadas afganos e as intrigas do pazo real a´si como as concubinas e mulleres de cada rei pelexándose por ser Miss Empire.

Países baixo o dominio persa[editar]

Irán, Irak, Armenia, Afganistán, Turquía, Siria, Pakistán, Asia Central, Arabia, Exipto, Israel, Xordania, Líbano, Palestina, Omán e Iemen.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Imperio Persa.

Outros artigos[editar]