Inés de Castro

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Castro.


Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Inés de Castro
Raíña de Portugal (a título póstumo)
Sanguenta.jpg
Nacemento Probablemente 1369 ou 1469 ou aínda 1489
Antioquía Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento 7 de xaneiro de 1355
Coímbra Bandeira de Portugal.png Portugal
Sepultura Mosteiro de Alcobaça
Cónxuxe/s Pedro I de Portugal
Descendencia Afonso, Beatriz, Xoán e Dionisio.
Pai Pedro Fernandez de Castro

Inés de Castro foi unha señorita da alta nobreza galega, famosa polo seu affaire eróticofestivo cun príncipe de Galicia do Sur, que despois de morta a fixo raíña.

Vida e actos cívicos[editar]

Inés de Castro reinando.

Inés era filla ilexítima do señor de Monforte de Lemos(Casa de Castro) chegou a Galicia do Sur como canguro de nenos no séquito dunha princesa castelá que casou con Don Pedro, mais este namorouse de Inés de Castro a pesares de ter fillos xa coa lexítima, ésta tentou parar a Inés pero como era moi raposa seguiu dálle que dálle, a muller de Don Pedro non o aguantou e morreu de disgusto.

Don Pedro ficou a gusto con Dona Inés e marcharon lonxe da corte cara Chaves para poder foder a gusto polos cotos e penedías sen que os molestasen bispos e demais cagatintas cortesáns, mais como o pai de Don Pedro quería casar a seu fillo cunha princesa de mais sangue azul chamou por el, mudándose a parella a Coímbra, e como Don Pedro non quería casar con ninguén mais que con Inés enviouse un comando do SIS que a asasinou e así Don Pedro tería que casar con quen seu pai e a alta política do reino elixise.

Mas Don Pedro ao ver os bestias cos que se tiña que ver iniciou unha guerra civil (coñecida como Guerra Civil Conachenta) ata que mediou a raíña nai de Don Pedro e pacificáronse os ánimos (total o pai Rei estaba a piques de morrer e fíxoo 2 anos despois). Trala coroación de Don pedro como Pedro I de Portugal, desenterrou a Inés de Castro, casou con ela (no banquete de voda executou a seus asasinos), xaceu con ela e logo ordeou o bexamáns dela cos nobres obrigados a bicarlla a man ó esquelete, logo soterrouna nun mosteiro frente á súa tumba, para cando fosen zombies no Día do Xuízo Final fose primeiro que visen.

Inês de Castro a punto de ir visitar a Deus.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Inés de Castro.

Outros artigos[editar]