Inanna

De Desgalipedia
Inanna
Inanna.jpg
Inanan no seu esplendor!
Título:
Nado: Na Idade do Bronce.
Lugar de nacemento: 20px Irán
Festividade:
Venerado en: Mesopotamia
Atributos: Deus do amor e a guerra.
Patrón de: Ur.


Inanna é a deusa do amor e da guerra en Mesopotamia. Filla de An cunha estrela de Hollywood que pasaba fugaz por aí, irmá de Enlil e mais Enki (ao que sempre lle gana nos botellóns).

Traxectoria[editar]

Inanna na guerra protexendo a Iraq do Eixo do Mal.

Inanna era filla única, o resto eran machos, debido a iso foi malcriada polo seu pai, que a deixou a seu lado na cidade de Ur e finalmente regaoulle media cidade, mal feito, xa que encheu os seus barrios de putas, soldados e chapeiros, iso aumentou a criminalidade do lugar pero a Inanna non lle importaba xa que lle enternecía ver pelexas e orxías.

Un día cansou de tanta brutalidade e foise de paseo, e viu que na cidade de Eridu eran moi sosfisticados e incluso xa tiñan a revista Vogue nos seus quioscos. Inanna foi ao centro e viu a seu irmán Enki, que gobernaba cidade, e decidiu preguntarlle o segredo do seu éxito, pero coma este non soltaba prenda finalmente invitouno a ir de parranda, e cando xa o tivo borracho voltoulle preguntar, así marchou co segredo da civilización á súa cidade pra mellorala. Enki enviou a seus avogados polo tema dos dereitos de autor pero Inanna botounos ás putas e riuse deles.

Outro día Innana foi facer o Camiño de Santiago, nel atopou a Gilgamesh, ao que tentou seducir, pero el xa coñecíaa como a mítica loba que anda con uns e con outros e ao final ná de ná. Así que pasou dela, esta foise chorar co conto onda seu pai e non parou de berrar e chorarlle ata que An enviou ao touro celeste contra Gilgamesh, éste meteulle un fostión e alá foi, isto cabreou aos deuses e mataríanlle ao amante homosexual de Gilgamesh. Logo diso Inanna namorou dun pastor chamado Dumuzi, ao cal violou repetidas veces e como era un calzonaos púxoo de esposo seu.

O pastor Dumuzi fuxindo do amor de Inanna... en balde!

A morte do touro celeste cabreou a Ereshkigal, a deusa do Alén, polo que decidiu foder a Inanna enganándoa dicíndolle que Rocco Sifredi estaba no inferno e si quería pasar a velo que a visitara cando quixera. Inanna baixou un 28 de decembro e claro pecháronlle as portas tras dela e morreu. Iso apenou moito a seus irmáns, xa que se quedaron sen a súa irmá coa que practicaban incesto cada vez que as súas parentas lles doía a cabeza, polo que a foron a salvar. Cando Inanna regresou á vida descubriu que seu marido Dumuzi tomara o control do seu reinado de cervexas, sexo e violencia gratuita polo que o entregou ao inferno no seu lugar.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Inanna.

Outros deuses[editar]