Index Librorum Prohibitorum

De Desgalipedia


Cardeais inquisidores.jpg A Inquisición española monitoriza ese artigo!!!
Significa que o gran irmán e os Santos Inquisidores están vixiando constantemente este artigo para evitar calquera intento de expoñer calquera pensamento liberal con san paranoia para manter o espírito desta sacra Desgalipedia que ridiculariza os desiguais igualmente!!!
Se quere evitar problemas... siga as regras
Índice de libros prohibidos
[[Ficheiro:|250px]]
Título orixinal: Index Librorum Prohibitorum
Tradutor: Tomas de Torquemada
Autor:
Ilustrador:
País: Cidade do Vaticano Cidade do Vaticano
Lingua:
Tema:
Xénero:
Editorial:
Data publicación:
Formato:
Páxinas: 1000


O Index Librorum Prohibitorum ou Índice de libros prohibidos, tamén chamado Index Expurgatorius é unha lista daquelas publicacións que os laicos da Igrexa Católica e a Inquisición española catalogaron como libros perniciosos no intento de prohibir a xente de ler certos libros que, segundo a Igrexa, ferían os dogmas eclesiásticos; ademais establecía as normas da igrexa con respecto aos libros.

Historia[editar]

O Index Librorum Prohibitorum foi creado no século XVI pola Inquisición española (posteriormente chamada a Congregación para a Doutrina da Fe, un nome trés chic!). O índice foi actualizado regularmente ata a súa última edición que data de 1948, con materiais que foron agregando tanto a Congregación como o Papa. Iso foi un intento feliz de resumir o que o Index Librorum Prohibitorum representaba, unha prohibición sobre certos tipos de libros. Éxito dos publicitarios papais, que querían algo que soase fermoso e metese medo nos incultos fiedes.

Libros específicos[editar]

Entre os libros específicos atopábanse:

  • Señor dos Aneis: Frodo recibe o anel do seu tío, Bilbo Bolseiro. Pero, de onde vén o anel? ... do volcán de Mordor. Volcán lembra lume que lembra inferno que lembra o Diaño.
  • O Universo nunha casca de noz: O universo non vai caber nunha casca de noz. Isto e bruxería e cousa do Diaño.
  • Harry Potter: O libro presenta bruxería de alto grao ea forma de ser realizados.
  • As Brumas de Avalon: Avalon rima con Babilon, Babilon lembra Babilonia. Babilonia foi onde os xudeus estiveron presos e todos saben que quen mandou crucificar Xesús foron eles.
  • Corán: Os musulmáns son inimigos. Todo o que veña deles e pecaminoso.

Véxase tamén[editar]

Outros indeces[editar]