Indie

De Desgalipedia
Silke, a moza que todo indie querría ter..ou senón Nawja Nimri ou Alaska (cantante).

Un Indie é un indieota que soe escoitar Música pop e por iso este tipo de música tamén se chama desa forma, ambos se alimentan mutuamente e mesmo teñen revistas sobre isto! Non debes confundilos cos culturetas nin cun popi so ameaza de que morras atacado por varios tronos mentais provintes das bocas cabreadas de varios indies.

Historia[editar]

Os indies surxiron na segunda metade da primeira década do século XXI (cen anos xusto antes había os apaches parisinos) para designar a certa mocedade que fuxía do heavy metal e do Pop mainstream e se lle daba por manexar frechas e poñerse plumas na cabeza con tendencia ao vexetarianismo (xa que non querían cazar nin cultivar porque son vagos) e botar mais de 666 horas en internet (enchendo o fotolog, escribindo blogs, descargarse porno no Emule).

Estas persoas fartas de escoitar cancións de Los 40 principales, onde saen todo o tempo os mesmos grupos e as mesmas cancións 666% veces na hora.

O Pop indie evolucionou desde o tontipop ao adúltero pop cando os músicos que non conseguían entrar na Operación Triunfo comezaron a colarse neste mundillo alternativo e tentar fichar por nuclear blast records, pero non eran demasiado machotes e si moi emos polo que acabaron todos en Mushroom pillow que os levou a soar na Radio 3 (radio NAZIonal de España) e de ahí en participar en concursos e teloneiros de outros gurpos frikoideos para acabar contratándose co sello Subterfuge records.

Castas indies[editar]

  • Intocables: a merda mais merda dos indies, indies da primeira fornada que coñecen a Love of Lesbian' pero descoñecen a The Smiths ou Kraftwerk e como moito coñecen de aló a The Beatles.
  • Chatrías: estes soen viaxar a Londres e París cada dous por tres, e cada vez que van a Nova York o anuncian nun blog ou facebook onde soen colgar miles de fotos e videos sobre rúas aburridas. Estes teñen sitio fixo no campamento para poñer a súa tenda de campaña nos festivais e pasan ao back stagge mentres fan uns elfie. Son antimainstream e só comen hypes, se estes os coñece todo o mundo pasan a odialos debido a que "son moda".
  • Nobreza: difiren dos demais indies tendo facebook cun nome sonoro, citas de filósofos contemporáneos ou de novelistas postpostcontemporáneos.
  • Bhramans: os sacerdotes indie, os mais cool. Soen vivir en Helsinki, seren veciños de Björk, veganos e son perseguidos polos cazatendencias para sacalos logo nas portadas de Rockdeluxe ou The Rolling stone.

Cousas de indies[editar]

  • Escoitar Antena 3 (Portugal).
  • Escoitar Radio 3.
  • Levar aspecto alternativo: pantalóns cinguidos, gafas de pasta, seguindo estilo inglés ou gabacho.
  • Pasar de popi a indie e logo a hipster.
  • Ven cinema con moitas palmitas de Cannes, osiños da Berlinare ou son dos do outro lado... dos que ven filmes da época de teus pais.
  • Vestir seguindo a moda indie do momento: bambas de All Star, camisolas de Ramones, pantalóns pitillos negros, gafas de pasta, deixarse bigote (ben, esta moda só durou de 2010 a 2012) deixarse perilla estilo Os tres mosqueteiros, deixarse barba estilo talibán e a iso chamaresmolle Hipster, levar camisas hawaianas, levar gafas de sol rayban wallfarel, vestir como o xudeu de The Big Bang Theory, regresar ao estilo popi, vestir visera de publicidade do sulfato Gramoxone, vestir vestidos estampados con flores, roubarlle a roupa de xuventude á túa avoa, ir con medias de cor negra ou de listas de cores brillantes, etc.
  • Ir cun Ipad ou un Iphone e sentirse mellor cos demais, para ser superior debes ir cun walkman!

Tribos indies[editar]

  • Tribos british: con chaqiueta americana e camisa,sombreiro felxible. Soñan con ir a Madchester.
  • Tribos gabacho: con camisolas de raias e foulard.
  • Tribos useiras: miran sempre pros Estados Unidos de América pero odian a Vin Diesel!Pero porqué??

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Indie (subcultura contemporánea).

Outras tribus urbanas[editar]