Infinitivo conxugado

De Desgalipedia

O infinitivo conxugado, infinitivo persoal ou infinitivo flexionado, é unha das características máis orixinais do galego-portugués (aínda que existen formas similares no napolitano do século XV e vestixios no leonés antigo, o que, xunto coa influencia do portugués, pode explicar a súa presenza no mirandés)

O infinitivo conxugado fórmase engadindo ao infinitivo impersoal as desinencias, -es, -mos, -des, -en (as cales coinciden coas do futuro de subxuntivo, agás nos verbos irregulares):

cantar
cantares
cantar
cantarmos
cantardes
cantaren

Algúns exemplos do uso do infinitivo conxugado:

Ai, morte, canto xa tardas en me levares contigo!
Ao estaren tan contentos, eu marchei caladiño para a cama.
Para estarmos todos na xunta do sábado, é mellor enviar unha carta aos socios.