Inglaterra
England/Inglaterra | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
' | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Inglaterra | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Inglaterra é un país. Estado que goberna na hora do té a medio Occidente (o outromedio o reparte con Francia e Alemaña) sendo escravo dos USA co fin de manter o que fice do Imperio Británico antes de que sexa comesto dos zulues e dos inuits da India.
Inglaterra é o país do parlamentarismo e a literatura gay, o que atrae a moitos inmigrantes de Asia e Galicia, onde o Imperio Británico tiña as súas colonias (como a India e A Coruña).
Índice
Historia[editar]
- Artigo principal: Historia de Inglaterra.
Inglaterra foi fundada por un tataraneto de Breogán que pasou de Irlanda cara aquí e encheu esta illa de celtas, que alzaron un goberno teocrático e comunista, con tanta fama que os druidas de Francia viñan aquí a aprenderen de todo. Todo ía ben ata que o Imperio Romano conquistou toda Inglaterra, poñendo un muro aló na fronteira con Escocia, a capital da provincia foi Londinium onde colgaron á raíña Boadicea.
Trala caída dos Romanos comezou a Idade Media o Rei Artur pasou a gobernar estas terras anos despois pero debido a problemas intestinais perdeu o reino e fuxiu a Nunca Xamais, o reino pasou a estar gobernado polos Anglos e o Saxóns, estes últimos imporíanse sobre os demais e formaron varios reinos con difrentes reises que pelexaban entre sí por controlar toda a illa, ata que Alfredo o Grande conseguiu dominar ao resto de reinos mediante o asasinato da competencia, así cando morría un rei veciño botáballa a culpa aos Vikingos e dominou coa súa dinastía pero debido a que algunhas casas nobres querían ser rei no lugar do rei aquel rematou coma Canción de xeo e lume, e despois invadiron Gales.
A finais do medievo houbo guerra civil inglesa, entre os amantes das camelias e as rosas, resultando vencedores os Tudor, que despois fixeron unha serie de televisión exitosa e dominaron o resto da historia inglesa.
Na Idade Moderna Inglaterra arrexuntouse a Escocia e comezou a desfacerse do seu excedente de mariñeiros gays enviándoos polo mundo adiante a facer o pirata ao tempo que facía un xenocidio contra os Católicos. O Imperio Británico comezou a invadir América e Asia á vez que se pelexaba contra media Europa conseguindo ser mais cool que España e logo Francia no século XIX, época na que inventaron o Romanticismo e a Revolución industrial.
Política e Goberno[editar]
Política de Inglaterra[editar]
- Artigo principal: Política de Inglaterra.
O goberno inglés está baixo o parlamento inglés, que se desfixo do absolutismo tras executar a Lady Di, meteron a tódolos terratenentes na cámara dos Lores e así non molestan tanto.
Subdivisións e Gobernos locais[editar]
Tradicionalmente, divídese en condados (shires), de constitución que ten sido algo variable debido aos ataques Guillerme Tell o Conquistador e Robin Hood. Actualmente, a lista é a seguinte:
|
Distritos[editar]
Os distritos son o terceiro nivel da división inglesa e existen catro tipos deles:
- Provincias metropolitanos - Que son onde existen as cidades e poden ser obxecto de bromas do Monty Python.
- Provincias non metropolitanos - Que son as rexións onde están situadas as facendas creadoras de vacas tolas.
- Autoridades unitarias - un nome diferente para os distritos do País de Gales que os ingleses non lles gusta.
-
BrowniesBoroughs - WTF?
Parroquias[editar]
A menor subdivisión inglesa, ninguén sabe exactamente para que unha parroquia serve. Pero consultei no dicionario e conseguín unha resposta a este misterio: As parroquias inglesas son parte do territorio dunha diocese que ten unha igrexa matriz e é administrada por un párroco.
Cultura[editar]
- Artigo principal: Cultura de Inglaterra.
Data | 11/4 | Nome en galego | Día da Inglaterra | Nome local | Saint George's Day (Día de San Xorxe) |
---|
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]