Inquisición española

De Desgalipedia
NapoleonBike.jpg Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos
da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais
Cita1.pngMuro da igrexa, columna da verdade, garda da Fe, tesouro da relixión, arma contra os herexes, luz contra os enganos do inimigo e toque no que se proba a fineza da doutrina si é verdadeira ou falsa.Cita2.png
Frai Luis de Granada sobre a Inquisición.
Unha das típicas torturas católicas da Inquisición.

A Inquisción española foi a policía secreta de España durante 400 anos, dirixida desde o ano 1483 polo monxe Tomás de Torquemada. Totalmente subordinada aos reis de España (en outros países só mandaban nela a Conferencia episcopla de cada reino), foi administrada por curas e monxes (pelexando os frailes dominicos contra os fransicanos polo control desta policía do pensamento).

Establecida por licencia do papa en 1478 e disolta en 1834 polos liberais.

Funcionamento[editar]

Si, incluso torturaban monxas.

Formada por curas, cregos e monxes de carreira, avogados mediocres, nobres ambiciosos, fidalgos misrentos e católicos ciumentos. A súa organización e funcións foron fixadas por sacerdotes cristiáns e amantes da relixión despois de que os Reis Católicos conseguiran o Trono, Tomás de Torquemada foi o primeiro xefe da organización.

A función da Inquicición española era a de investigar e combatir todas as tendencias perigosas pro Estado (alianza do Trono e o Altar), tiña autoridade pra entrar en todo tipo de casas, tanto de ricos como de pobres; os devotos católicos eran os seus informadores e andaban mirando a todos os veciños pra denuncialos á mínima por cousas como non ir a misa os Domingos, cagarse en Deus, facer ouijas, ver Cuarto Milenio, non escoitar a COPE, votar ao PSOE ou BNG, ir a manifestacións, apuntarsea sindicatos, etc

A lei foi modificada pra que as súas actuacións non estaban sometidas a revisión xudicial, xa que era mesma era xuíz e fiscal, os denunciados non tiñan dereito a defenderse e só tiñan que responder ás preguntas que lle facían e todas apuntaban ó mesmo, a culpabilidade do denunciado, que nin sequera sabía quen o denunciaba. Ademais o uso da tortura era usada durante Antigo Réxime en todas as leis, mais esta policía a usaba de forma preventiva pra encher os informes con mais chicha.

Durante o tempo do Imperio Español este tribunal serviu pra desfacerse de moitos rivais entre faccións nobiliarias clericais e seculais, como o secretario do rei Filipe II, Antonio Pérez, o cal foi perseguido por esta policía xa que tiña xurisdiccións sobre todo o orbe católico (razón pola cal o secretario fuxiu á Inglaterra protestante). Outrosí a súa función serviu pra que moitos hipócritas se aproveitasen de débiles pra aumentar as súas fortunas, como foio caso de María Soliña, viúva que foi acusada por funcionarios da Inquisición local do Morrazo pra roubarlle de forma legal os seus bens.

Organización[editar]

A Inquisición torturaba, pero o asasinatollo deixaban pra outros, os trapos sucios pra xustiza civil.

Aínda que só tiña poder sobre os católicos, a política nazi dos reis españois fixo que todos os súbditos do españolismo podesen caer baixo as gadoupas destes curas. En cada bispado había unha inquisición local baixo a batuta do bispo de turno, a xerarquía estaba desa feitura:

  • Gran Inquisidor: Cura ó mando d tod o tinglado, pensaba en cousas como cantos autos de Fe debían facerse ó ano, números de herexes a queimar, cidades onde facelo, porcentaxes de comisións a repartir, subvencións que recibir, etc
  • Tribunal: conformado por varios monxes, normalmente franciscanos e dominicos, doutores en teoloxía e outas literaturas fantásticas; tiñan grandes ocurrencias e ideas pra películas de medo de serie Z (mulleres que voan en escobas, homes que chaman ó Demo pra que lles dé superpoderes, cregos que aproveitan o seu saber pra matar a distancia, etc).
  • Comisario da Inquisición: que se pelexaban contra os sheriffs do Rei por prender a mais opositores políticos e librepensadores, eran curas, cregos e monxes (monxas non) de alciprestazgos (unión de varias parroquias) e facían os dossieres, informes, documentais e así xa ían cos papeis feitos pro xulgado. Examinaban ós testigos denunciantes.
  • Familiares da Inquisición: eran os espías, podian ser incluso os nenos; aínda dentro deles había grados de xerarquía, ocupando os fidalgos a cúspide e así levando parte das riquezas das víctimas, así como de estar protexidos pola inquisición contra acusacións. Ser familiar da Inquisición era tido por un honor, tiñan os bancos principais pra eles na misa, podían estar á beira dos poderosos nas cerimonias, foder monxas gratis, deter a quen lle viñese en gana, etc
  • Alguacil: persoal da inquisición que se adicaba a torturar, vixiar presos, humillar presos, violar [email protected], etc

Delitos da Inquisición[editar]

Kit inquisitorial.
  • Censura do pensamento libre.
  • Represión de reformas relixiosas.
  • Represión da masonaría.
  • Represión do protestantismo.
  • Torturar persoas con moitos inimigos.
  • Prender a todas as putas pra telas pra eles sós.
  • Administrar a seu xeito as subvencións da UE.
  • Prender a todos os chapeiros pra telos pra eles sós.
  • Impedir que os tolos lles sacasen o negocio da Fe, asi que se alguén decía que vira á Virxe María nunha silveira xa o metían no cárcere.
  • Prender e torturar a aqueles casados que andaban con outra muller á vez.
  • Secuestrar e torturar a todas as taroristas.
  • Meter malleiras por poñer en dúbida a existencia de Deus, a concepción de María, o Pecado mortal, etc
  • Facer queimas de libros que non foran publicados por editoriais católicas.
  • Facer experimentos con indios americanos pra ver se tiñan alma.
  • Vixiar o pensamento dos súbditos de España.
  • Vixiar que os curas non se fixeran frikis.
  • Vixiar ós comerciantes ingleses que viñan buscar viño do Ribeiro pra que non contaminasen coas súas ideas de progreso ós labregos e mariñeiros.
  • Masacrar a todos gays.
  • Lavarlle o cerebro ós intelectuais pra que dixeran tonterías.
  • Acosar á poboación civil pra que deixaren de bailar a lambada e non perreasen.
  • Roubarlle á xente os cartiños,a tavés de multas e confiscacións de bens.

A inquisición en Galicia[editar]

Ninguén espera a Inquisición española. MWAHAHAHAHAHA!!!!

Foi inxertada no reino de Galicia grazas ós reis Católicos, aínda que ninguén a quería e foi moi impopular, tivo a central en Santiago de Compostela e varios cárceres segredos, a pesar de que non foi querida esta policía botou a funcionar mais tarde que no resto do reino de Castela, comezando en 1561 durante o reinado de Filipe II, contra xudaizantes portugueses e brotes autóctonos de protestantismo, asi como vixiar que os compradores ingleses de viño do Ribeiro non falasen cos labregos, non fora ser que lles pegaran a peste do protestantismo.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Inquisición española.

Outros artigos inquisidores[editar]