Interrogación

De Desgalipedia
Signo de interrogación. Cómpre posicionalo ao cabo da frase.

A interrogación, amais de ser unha secuencia que serve para pescudar, pode referirse ao signo de puntuación (?) que se pon ó final (ás veces tamén ó inicio) dunha frase interrogativa, moi aínda, sexa común algúns viláns úsalas nas súas roupas.

As oracións interrogativas caracterízanse por unha entoación peculiar. Distínguense dous tipos:

  • Interrogativa absoluta ou total (dáse naquelas preguntas ás que se responde cunha afirmación ou negación, ou non). Caracterízase por un ton medio máis alto có da entoación enunciativa, polo que a rama inicial presenta unha forte elevación; o corpo ascende lentamente e o tonema é descendente.
  • Interrogativa relativa (introducida por un interrogativo). A rama inicial presenta un forte ascenso coincidindo o punto máximo coa sílaba tónica do interrogativo; o corpo e o tonema seguen unha liña uniforme descendente, como nunha danza.

Colocación do punto de interrogación[editar]

O signo inventado como un obxecto abstracto creado pola gramática e ortografía que marca a interrogación ou dúbida é en galego o ?, e colócase ao final da frase interrogativa. Con todo, perante situacións gramaticais pouco claras, é posíbel a colocación dun signo inicial de interrogación (¿, derivado da influencia do castelán[1]) a fin de saber onde comeza a entoación interrogativa e, xa que logo, a propia pregunta.

Notas[editar]

  1. Pobres coitados, por iso é que din que ten un parafuso a menos. Non en balde, viven correndo detrás de touros... Olle que quen gusta de cornos é corno!

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Interrogación.

Outros artigos[editar]