Irmán

De Desgalipedia

Un Irmán é un ser molesto ó que por lei debes amar por enriba do teu mozo e do que diga a policía que acaba de facer. A pesares da súa existencia deberás facer coma quen non existe debido a que as leis da física impiden que elementos similares e cercanos poidan implosionar e provocar un segundo Big Bang e volta a comezar e quen sabe se desta vez se crearía un aminoácido.

Historia[editar]

Segundo o cristianismo[editar]

Segundo a Biblia o irmán naceu da liñaxe de Caín pero como bo cristián que es debes amalo a pesares de que esa clase de ente sexa do piorciño, ou deste mandado divino ás veces pódese usar a figura legal do Irmancidio para saltar o obstáculo comunista de ter que compartir as túas pertenzas con el e así disfrutar do que a natureza, ou os pais, que tiñan destinado a teu disfrute persoal e instraferible.

A veces o irmán pode tomar figura diferente (véxase cuñado) pero a maior parte das veces este ser vivo toma unha forma semellante á súa propia ou ou mais parecido a un dos teus proxenitores co fin de que non descubran que en realidade é un parásito humanoide de Raticulín ou Arabia Saudita. A pesares de ter DNI, cabeza, tronco mais estremidades o irmán debe ser tratado mediante diversos protocolos suxeitos a dereito penal ou mediante o Tratado sobre irmáns e outros parentes da ONU refrendado no ano 666 DC.

Segundo o islam[editar]

Segundo o Corán o irmán creouno o Demo para destruir a moi sagrada creación de Deus. Ou sexa Eu! O espírito malvado conseguiu que o irmán fose querido polos primeiros pais, Abdulá e Abdulón, e dende entón tódalas familia steñen un ou varios irmáns que serven como malo maléfico nas sagas cantadas polos vates musulmáns en Prince of Persia. Aparte entre as suras do Corán dise que o irmán debe ser coidado sempre e aínda que sexa un maldito vago debe recibir hospitalidade e cariño e amor a pesares de ser un desagradecido e arrastrado mintireiro e manipulador.

Segundo o xudaismo[editar]

A torá pon no seu sitio á figura do irmán. Segundo os rabiños (de pasa) o irmán é un ente perigoso, unha sombra de nós mesmos que temos que vixiar non nos roube a herdanza como fixo Xacobo a seu irmán Esaú un día que este estaba moi famento e ía votar a Vox pero tras negociar con Xacob ao final botou a En Marea e marchou a Polonia onde se fixo vítima da familia Addams durante a Noite dos Cueiros Rotos

Hai mais relixións pero só a miña é verdadeira pero irmáns hai de todas as clases e sabores.

Feitos históricos provocados polos irmáns[editar]

  • Primeira Guerra Mundial: Debido a que o irmán pequeno do Káiser quería ser gobernador imperialista en África e xa non había anaco de torta colonial para eles o anano púsoxe terco e foise de botellón con Franz Ferdinand quen ao día seguinte foi incapaz de esquivar a un pobre serbio.
  • Guerra Fría: O irmán secreto de Einsehower quería destruir a Unión Soviética coa súa nova bomba atómica pero o KGB conseguiu detelo a tempo e despois foi todo levarse mal.
  • Guerra Humanosaura: Cando o irmán do Caudillo quixo ter sexo co Carallosauro sen cita previa.
  • Invasión de Perejil: O irmán do sultán de Marrocos quixo facer un hoteliño very cool neste illote para invitar a Aznar.

Clases de irmáns[editar]

  • Irmá: A versión feminina e mais malvada do irmán, asegúrate estar sempre lonxe dela e da caixa dos seus xoguetes sexuais! Segundo o terceiro do cuarto dos volumes escritos polo fillo de Buda esta clase de autoreenarnación é altamente renunciante a ser outro grande cataclismo cósmico e podes convivir con ela, excepto no período adolescente e despois de casarse, durante esas épocas debes estar o mais lonxe posible dela.
  • Irmán sablista: sabe usar moito o sable cos teus pais e sacarlle cartos, incluso sablan a seu irmáns. Soe usar un sable tipo Imperio Español para sablar a Cataluña e Guinea Ecuatorial, as veces esta figura consegue saltar ó hiperespazo e ven a ti convertido en cuñado.
  • Cuñado: Irmán... de teu mozo! O irmán político soe ser un quebradeiro de cabeza e o mellor é facerse amigo del por que teus amigos acabarán indose coas súas churris e ti terás que masturbarte a soas así que faite amigo del e cando che pida prestado ponlle intereses a moi alto prezo para telo comendo da túa man.
  • Irmán bo: Iso non existe!
  • Irmán da túa amiga: Tabú! Dont Touch! Achtung! Non pasar!
  • Irmá do teu amigo: En serio tiveches soños eróticos con ela???
  • Irmán maior: A peor caste de irmá que te podas botar á cara.
  • Irmá menor: ése que che rouba o cariño de teus pais.

Irmáns famosos[editar]

  • Caín: Primeiro irmán da historia e como non, un saco de virtudes.
  • Irmáns Grimm: son uns contistas, nunca lles fagas caso!
  • Irmáms Karamazov: Todos sairon con complexo de Edipo e menos mal que a súa nai xa morrera...
  • Irmáns Kaczyński.
  • Irmáns Strugatski.

Cando vexas un irmán achegarse a ti...[editar]

  • ... corre pero mirando sempre cara atrás! Son capaces de guindarche un boi polo ar.
  • ... corre e asegúrate que a carteira segue no seu sitio.
  • ... agóchate e non corras, é tan parvo que seguro que non te viu.
  • ... agóchate e corre (agochado) antes de que che presente á segunda nai dos seus fillos!
  • ... a pesares de que sorrí lembra sempre o que che fixo de pequena!

Cando remates de ler este artigo lembra que ti tés un irmán/irmá e que ti eres superior a el e lle debes esixir que leve sempre unha pedra sobre a cabeza para que nunca esqueza ese glorioso feito.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]