Isabel García Tejerina

De Desgalipedia

Isabel García Tejerina, nada en Fachadolid o 9 de outubro de 1968, é unha política pepeira. Desde o 28 de abril de 2014, desempeña o cargo de ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, o que comproba atentando contra a saúde pública, en vez de ministros que miren polos nosos intereses, temos representantes das multinacionais pagados por todos nos.

Traxectoria[editar]

Isabel García Tejerina na Antena 3.jpg

Isabel García Tejerina estudou no Colexio de A Banda dol Patio en Fachadolid, pertencente á Compañía de María de Xesús. É enxeñeira agrónoma pola Universidade Politécnica de Madrid e licenciada en Dereito pola Universidade de Valladolid. Conta, ademais, con sendos máster en Comunidades Europeas pola Universidade Politécnica de Madrid e en Economía Agraria pola Universidad de California en Davis.

Desenvolveu practicamente a totalidade da súa carreira política no Ministerio de Agricultura, primeiro como asesora dos ministros, e posteriormente como Secretaria Xeral de Agricultura e Alimentación no ente ministerial, en dúas etapas: de 2000 a 2004 e de 2012 a 2014

A ministra García Tejerina chegou o Ministerio dende Fertiberia, o maior productor español de fertilizantes, que pertence o grupo Villar Mir e onde foi alta directiva ata 2012.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Isabel García Tejerina.

Outros artigos[editar]

Predecesor:
Miguel Arias Cañete
Escudo de España.jpg
Ministra de Agricultura, Alimentación e Medio
Ambiente de España

2014 - actualidade
Sucesor:
no cargo