Ismael Ramos Castelo

De Desgalipedia


Ismael Ramos
Información
Nacemento Probablemente nos 90.
Galicia profunda Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación Escribir.

Ismael Ramos Castelo, escritor galego de Mazaricos.

Parabiografía[editar]

Ramos Castelo naceu en Mazapobres no seo dunha familia santa da pequena burguesía, foi estudiar bacharelato de letras escuras a Noia e logo filoloxía atómica á USC, alí entrou en contacto con alumnos da súa xeración con eles creou o frente literario galego e afortunadamente non se fixo reintegrata nin mozo de Adrián Brandán.

Trala universidade conseguiu un becariato no CUVI, aproveitando para facer unha enxeñería en minas, grazas a ésa experiencia participou na Terceira Guerra Mundial, de onde conseguiu saír vivo tras estar no rexemento 69 de zapadores cachondos modernillos. Durante a posguerra segiu a escribir novelas sobre o desarraigo existencial humano cara seus veciños e casou con Andrea Macarroni Humus mais logo separouse tras ver que eran fan de David Bowie, estando escribindo Cantares Galícolas (ante o contacto coa primeira civilización extraterrestre) foi captado polo SVR do Imperio Ruso e participou na Guerra Temporal grazas a cal obtivo mais información para a súa tetratriloxía O anel dos Mouros, obra que ficou incabada na última letra pol amorte de seu autor no ano 2120.

Adicóuselle o Día das letras galegas do ano 2175 sendo presidente da RAG Mohammed Oleiros Fagunwa.

Obras de Ismael Ramos Castelo[editar]

Narrativa[editar]

  • Crónica dos días que te viñeches: novela sobre o bonito que é o amor cando non está diante.
  • Beirarúa húmida: nivola sobre amores suecos e o que sucede se pos un disco vinilo de ABBA ao revés.
  • Métodos de asepsia santa': novela crónica na que Galicia queda deshabitada trala peste de ébola de 2014 e é repoboada por aliens de Alpha centauri que clonan a Breogán e conquistan o mundo.
  • Contrapartida de caza: unha aldea gelga sufre a invasión de cans abandoados e lobos famentos no día do seu curro de cabalos e quedan sen espectáculo para os turistas a aldea clama vinganza...
  • Aínda non o sabes: pero sí, ti escribiches todo isto.
  • O anel dos mouros: tetratriloxía na que aperecen persoaxes do imaxinariun galego.

Poesía[editar]

  • Elexía para un rapaz louro: un isgurd galego na Iª Guerra Mundial.
  • Cando penso onde te fuches: poesía ermítica sobre os frikis do Rexurdimento, con especial fincapé no Eduardo Pondal.
  • Circo de tres pistas: poesía rabínica sobre os destinos da deusa.

Obras colectivas[editar]

  • Rubias e louras, 2020, Cineclube de Compostela.
  • Letras novísimas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • XXIIIV festival da poesia no Condado. Língua e organización en comunal que non comunista, 2011, S. C. D. Condado.
  • Postpunk, 2013, Asociación de escribáns mortos polo sacho.