Jack Sparrow

De Desgalipedia

Xacobo Espárragos era un criminal marítimo do Caribe.

Traxectoria[editar]

Naceu nalgún lugar anglosaxón, onde aprendeu a piratear, ou sexa, roubar barcos e foder o comercio internacional nos imperios da época á vez que asasinaba a persoas que viaxaban entre Europa e América, a pesares diso é moi querido polos americanos a pesares de que matou a moitos dos seus antergos.

Comezou a exercer a piratería para poder pagarse as prostitutas e o ron que se bebera no seu 12 cumpreanos, embarcouse co Capitán Cthulhu e tras arrapiñar uns cantos doblóns marchou a servir noutras frotas criminais, ata que se namorou da Pérola Negra, un barco fetichista, conseguindo ser nomeado capitán tras organizar un motín a bordo do navío e matar ao lexítimo propietario. Con ela foi roubando e matando por aí, capturado e apresado varia sveces sempre conseguía fuxir grazas á axuda dos guionistas de Disney.

Morreu de alcoholismo bravo nalgunha illa deserta aló no século XVIII.