James Bond

De Desgalipedia

Xaime Bond (tamén coñecido como 007) é un asasino a servizo do goberno británico durante a Guerra Fría.

Traxectoria[editar]

James naceu en Inglaterra, fillo dun pai gay agochado e unha nai nazi, foi educado nas prestixiosa suniversidades de ninjas británicos e logo asistiu a un cursiño de Kamasutra. Pero foi ao paro debido á crise enerxética ao perder o mando sobre a India polo que comezou a andar por aí de Punk berrando consignas contra o terceiro mundo.

Debido a iso atopou traballo, James foi captado polo servizo de seguridade do Estado, o KGB, ai non, o MI6, que lle deu moitos xoguetes explosivos e enviouno ao longo do planeta para matar xente que lle molestaba ao goberno inglés. E así matou a John Lennon e moitos outros, como o Dr. Non (ao Doutor Mabuse nunca o deu atopado muahahaha!) polo que a organización Spectre comezou a artellar maneiras de matalo. Debido a varios atentados James Bond rematou canedo en cato de servizo mentres morreaba cunha espía xaponesa que se puxera un pintalabios velenoso, morrendo ambos.

Debido a iso o MI6 tivo que botar man do irmán feo de James Bond, a Austin Powers, que logrou vencer á organización Spectre e encadear a moitos terroristas e mesmo ser o primeiro humano en foder cun robot, a iso cómo lle chaman? Robofilia!!!

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: James Bond.

Outros artigos[editar]