Jane Austen

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Jane Austen
JaneAusten.jpg
Información
Nacemento Probablementeno XIX D de C.
Inglaterra
Nacionalidade británica
Ocupación Escribir libros sobre o matrimonio.

Escritora inglesa coñecida polas súas novelas cuxo argumento é o mesmo, casar.

Vida e milagres[editar]

JAne Austen naceu no Imperio Británico,e como tal viviu moi ben na campiña inglesa sen ter que matar o lombo pra poder sobrevivir(iso xa o facían os escravos negros nas colonias), como se aburría moito e ningún home se lle achegaba pra darlle alegrías espúreas púxose a escribir, pero a escribir de puta nai, tanto que todavía se segue a ler hoxe(mentres que a Xosé Carlos Caneiro ninguén o leerá despois de morto).

Aínda que os críticos non lle facían moito caso, xa se sabe como son e a pobre Austen non tiña músculos pra ir onda eles e retarlos a un duelo, consegiu editar as súas novelas grazas ó éxito que colleitou(daquela os que sabían ler lían en voz alta pra grupos de xente) foi inmortal; grazas a que as sás novelas non falaban de temas trascendentes, que non trastocaban o sistema social, e eran moi fáciles de ler consegiu resucitar o xénero da novela romántica.

As súas tramas delirantes eran dixeridas grazas a que tiña unha linguaxe facilona, tiña persoaxes identificables con calquera mesmo, escribía sobre o cotiá(pero sen facerse pallas postmodernas) en idílicos ambientes burgueses campestres onde nonexiste a eplotación imperialista, non hai guerras con mortos, non hai inxustizas sociais, nin mendigos, nin mineiros explotados, nin sindicalistas asasinados pola Coroa,etc.

  • Orgullo e prexuízo: Unha rapaza de clase media e un pijo pedante atópanse e comézanse a lanzar pullas, aa que pasan os anos e danse conta de que se aman, asi que cásanse.
  • Sentido e sensibilidade:Unha nai e súas fillas atópanse ó borde da mendicidade, pra saír adiante comezan unha política matrimonial de visitar salóns de alto copete pra conseguir algún home que as manteña, cumplen os seus obxectivos ensinandoalgunha que outra teta e mantendo diálogos enxeñosos.
  • Emma:unha borde adícase a facer de celestina, ó final decátase de que se selle está pasando o aroz, e como non é moi guapa e está na campiña e non na Corte en London decide casarse cun amigo que facía anos que a rondaba e ela pasara del ata o momento.
  • A abadía de Northanger:Unha orfa vive na casa de seus tíos quea tratan como á criada, chegan uns veciños novos e ricos, hai bailes, tés, reunión de vellas amacebando xente pra lograr desfacerse das fillas e así poder vivir mellor sen as manter. Un crego ponsea ligar co aprotagonista, pero ésta pasa del e decide casar cun crego de mais poder.
  • Persuasión:Unha rapaza de boa familia namórase dun soldado medio pobre, súa tía dille que pase del. Anos depois él volta rico e con prestixio e ela e súa famiia están ao borde da ruína asi que consigue ligarse ó parvo coa excusa de que antes non lle dera a catar da cona porque súa tía a persuadira de que ela debía aspirar a mais, pero como agora él ten mais diñeiro que seus pais xa ten permiso pra casar con él.