Johann Wolfgang von Goethe

De Desgalipedia
85px-Wappen Deutsches Reich - Reichsadler.png Achtung! Información aprobada
A información contida neste artigo foi aprobado polo Ministerio de Educación Imperial Alemán
para distribución aos ingleses das nacións subxugadas.
Deus salve o Kaiser!



Johann Wolfgang von Goethe
Johann Goethe.jpg
Goethe filosofando.
Datos persoais
Nacemento 17 de maio de 1733
Lugar Vila de Sturmsalchichëz, Frankfurt Bandeira de Alemaña.png Alemaña
Falecemento 22 de marzo de 1832
Lugar Weimar Bandeira de Alemaña.png Alemaña
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe Christiane Vulpius
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua alemán
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios {{{premios}}}
[[Ficheiro:|centro|]]
{{{web}}}

{{{notas}}}

Xoán Lobogang de Goethe, mais coñecido como Goethe, foi un escritor preromántico, escritor postclasicista, ministro, dramaturgo, científico avogado e funcionario polígrafo de Alemaña no século XIX.

Vida, tormentas e obras[editar]

Goethe á procura do "Volkgeist" xunto a Herder.

Nado en mil setecentos e pico, fillo dun xuíz que abandonou a carreira pra educar el só ó seu fillo e claro, así lle saiu..., superdotado e ninguén que o puidese aturar, tras rematar a carreira de avogado Goethe tentou vivir facendo de becario na vila do lado, alí coñeceu a Herder, outro fantasioso coma él xunto ao cal escribiron un panfleto revolucionario e subversivo que mudaría a face de Alemaña, o manifesto "tempestade e ímpetu", onde acusaban ós ilustrados de seren afrancesados e que había que deixarse influír pola literatura popular pra crear un arte alemán 100%. Grazas a este panfleto romántico onde non se falaba de amor, Goethe contactou con outros fantasioso voma él que quería ver na tele series menos racionalistas e mais de culebrón, nun botellón de funcionarios culturetas namorouse da moza do seu compañeiro becario mais como eran alemáns e non franceses Goethe non conseguiu nada de sexo, en vez diso escribiu a súa novela mais famosa "As tristuras do mozo Werther" ó unir a súa historia de amor non correspondido coa historia doutro amor non correspondido doutro avogado que rematou por suicidarse.

Grazas a esta novela colleitou moito éxito entre a xente da súa xeración, conseguindo que moitos lectores seus se suicidasen ó igual que o protagonista da súa novela, mais Goethe era superdotado e pasou de andar de cidade en cidade presentando seu libro e facer márketing editorial e foise a Fráncfort, cidade salchicheira, a facer a súa propia empresa de avogados, mais como era moi friki e pesado apenas conseguía clientes. Nembargantes consegiu ligar cunha fräuleinn da alta sociedade mais cando Goethe lle quixo mudar o seu nome por un mais sonoro a familia dela opúxose e non lla deixaron ver, en vez de compor unha bonita poesía de amores con obstáculos chamou a seu pai e éste lle buscou un enchufe na corte de Weimar abandonando Fráncfort e a avogacía e ficou de funcionario imperial o resto da súa vida xunto a seu mozo Friedrich Schiller.

Goethe entrenando ao neno tolo alemán no seu sturm und drang.

Estando de funcionario en Weimar obtivo o posto de asesor do príncipe de Bekelar, como era un posto segredo comezou a trepar na corte, obtendo un postiño influínte no "salón" de intelectuais que a raíña Nai estaba facendo en Weimar ao mesmo tempo que conseguía un posto mais alto no corpo diplomático. Goethe estando nas embaixadas aburríase moito, xa que só tiña que escribir discursos que falaban de todo e nada decian e o resto do tempo o aproveitou en investigacións tipo "expediente X" pra descubrir os misterios da natureza (A oquidade do planeta Terra, se fai calor ou frío dentro dela, se hai dinosauros no interior da Terra, etc).

A pesares de ser polígrafo e escribir non só literatura senón tamén de temas científicos, o resto dos mortais só o recoñecen por escribir "As coitas do mozo Werther" e o "Fausto", durante décadas tivo que soportar ós seus fans que só ao admiraba pola historia de Werther, escrita cando era novo sen facerlle caso a todo o que escribiu despois, e a aínda por riba os seus fans suicidábanse despois de ler o libriño de marras, tentou concentrarse no seu posto de ministro na corte de Weimar e chegou alto, sendo ennobrecido polo príncipe e tendo amante mais moza ca el, aparte de coñecer a persoaxes arrepiantes da súa época como Napoleón Bonaparte, Beethoven, Hitler, Schopenhauer, etc.

Como lle debían moitas vacacións atrasadas Goethe cansou un día e mandou ó seu superior oficinesco ó neno tolo alemán, unha creación romántica súa entrenada na tormenta e o ímpeto, grazas a este kinder Goethe conseguiu que lle deran dous anos enteiros de vacacións, mais en vez de ir a Mallorca marchou a Italia onde tras ver moitas ruínas do Imperio Romano deulle un ataque de síndrome de Stendhal e voltouse clasicista. Cando voltou á súa patria e comezou a publicar as súas novas obras clasicistas todo o mundo o mirou mal, xa que pensaban que Goethe era un egoísta que quería todo o tempo ser o centro de atención e por iso, tras inventar o Romanticismo alemán tras ver que o superaban outros intelectuais él se voltaba clasicista só pra tentar ser famoso, por si fora pouco os das revistas do corazón descubren ó mundo que Goethe vivía en pecado cunha rapaza e memso tivera un fillo con ela e todo isto sen casarse!!!

Goethe morreu anlgún momento de principios do século XIX aclamado polos románticos mentres él tentaba que o visen como un científico e non coma un artistoide.

Obras[editar]

Goethe co seu secretario.
  • As coitas do mozo Werther: un rapaz namórase dunha moza con mozo, mentres éste pasa del sen el ao saber... ao final o protagonista suicídase porque a rapaza non lle fai nin puto caso.
  • Fausto: un cinetífico medieval quere saber todos os segredos do universo sen dar pancada asi que firma un pauto co demo e anda de festa o retso da obra ata o momento en que vai morrer e o demo levar a súa parte e é salvado por unha moza namorada del que él nin sequera prestara atención de que existía.
  • Os anos de aprendizaxe de Wilhelm Meister: un pequenoburgués deixa o seu choio e anda por ahí buscando o sentido á vida.
  • A moza de Corinto: uns pais entrométense nos amores da súa filla cun escravo e ao final suicídanse os dous.
  • Elexía de Marienbad: poema feito despois de que un mozo non lle quixera dar polo cu.
  • As afinidades electivas: dous matrimoniso fican illados nunha casa e descúbrense aando á parella do outro, novela contra o matrimonio e a moral burguesocatólica.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Johann Wolfgang von Goethe.

Outros artigos[editar]