John Constantine

De Desgalipedia

John Constantine é un detective paranormal de Inglaterra.

Traxectoria[editar]

Constantine hellblazer naceu no Imperio Británico nos setenta, o seu pai era un obreiro e súa nai unha proletaria membro do Ingsoc. Un día de adolescente fíxolle viu a seu pai para que lle deixase ir a un botellón onde comezou a ligar dicindo que era un bruxo importante. Así conseguiu o seu primeiro polvo, iso fixo que se interesara pola maxia e comezou a investigar.

Constantine fíxose adepto ao círculo de Lectores Ocultistas, un friki de moito nabo vamos, pero resultou que algúns rituais si que eran utéis e logrou cartos e fama, ata que Deus Pai cabrouse algo con el e lle enviou o Demo para que Constantine deixara de ser tan tocapelotas.

O noso heroe conseguiu saír vivo daquela e de vez en cando adícase agora a tocarlle os ovos a varios demos da Orde da Mosca, facer que tódolos seus amigos morran en misteriosas circunstancias e que o Inferno o aguarde babexando de placer; tivo algunha que outra moza mais ou menos formal pero ao final sempre cagaba as súas relacións debido á súa educación autodestrutiva na universidade de Margaret Thatcher.