José Manuel Baltar

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Trunhez.jpg Aviso importante: A Desgalipedia é un sitio de humor.
Ninguén aquí lle importa a súa opinión política sobre José Manuel Baltar e moito menos en quen votou nas últimas eleccións.
Non te preocupes, os seus adversarios políticos sufrirán as mesmas maldades que facemos de ti MWAHAHAHAHAHA!!!

Como ser divertido e non só idiota.


Baltar II
BaltarII.jpg
Información
Nacemento Seguda metade do século XIX.
Ourense Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación Cacique
Cónxuxe A nai de Baltar II

Josema Baltar é o amado líder da Moi Leal República Democrática Popular de Ourense, a pesar da grande estabilidade da Dinastía Baltárida Ourense nunca foi capital da Galicia do Sur.

Autobiografía roubada do seu facebook[editar]

Naceu en Ourense, da unión de Baltar I cunha pinga das augas termais das Burgas, o seu nacemento veuse precedido polo paso do cometa Haxlley (xa se sabe que a presenza de cometas traen boas novas...) e cedo comezou a destacar entre os meniños da Lebensborn do barrio, logo no koljó foi entrenado pola CIA nas artes informáticas converténdoo no primeiro nerd galaico, isto fixo que fora un incomprendido durante a súa adolescencia, asi que o seu pai se viu na obriga de envialo a Madrid que alí eran mais modernos desas cousas.

En Madrid ocupou o cargo de comisario político dun banderín de enganche da lexión, rapou o cranio e comezou a fabricarse unhas lentes de fibra óptica con amianto pra poder verlle as nádegas ás mociñas rojas que se manifestaban daquela contra o réxime republicano presidencialista de Aznar. Logo foi ascendido debido á súa estadía en londres, onde estivo no colexio Hoggwarts de maxia negra, onde adeprendeu a invocar a Cthulhu e resucitar mortos (co fin de que fosen votar) e crear postos de traballo da nada, grazas a este envexoso currículo rematou por voltar a Galicia e ocupar o posto de Presidente da Diputación co gallo de anovar toda a fedorenta institución.

Co fin de desinfectar tan magna institución democrática botou á rúa varias momas de Exipto da XXVIª e VXXCCIIª Dinastía, grazas ós seus poderes máxicos fixo liscar a miles de fungos do almacén e arquivos ao tempo que mercou varias imprentas a un tal Gutemberg. Contan que desde que ocupa o cargo hai mais alegría e manifestacións parapsicolóxicas(que só os sociatas poden ver).

Amigos[editar]

Enemigos[editar]

Baltar con varios membros da súa tribo...
  • Seu fillo, que está agardando que morra pra ocupar o cargo.
  • Alberto Núñez Feijóo: por facelo emigrar a Compostela pra poder ser alguén no PP.
  • Rogelio d´Arnoia.
  • Bobobó: un libertador capilar que loita contra o Imperio Cebolinha e confunde constantemnete a Baltar II co Emperador Bola de Billar IV.
  • D.O.: grupo libertador de ourensáns que loitan por un ourense libre.
  • Gonzalo Jácome:líder de Democracia Ourensá que cedo liberará esta pequena república soviética.
  • A Burguesía.
  • O Capital (si, si o de Carlos Marx)
  • O Tempo
  • PPdeG
  • PSdeG
  • BNG