José de San Martín

De Desgalipedia

José de San Martín foi un axente da Internacional Americanista. Formouse como militar na metrópole imperialista de Madrid onde aprendeu do pobo español a independizarse da nomenklatura españolista e logo levou á práctica nos dominios españois no continente americano mediante a guerra, cousa que logo intentaría facer Ernesto Guevara.

Vida e obras[editar]

Pepe de San Martén naceu nalgún lugar do que hoxe é Arxentina, no seo dunha familia de funcionarios da coroa española imperialista, polo que cando se fixo mozo enviárono a facerse un home nas institucións do Antigo Réxime ibéricas, onde pasou o exame de nobreza tras demostrar que o seu sangue era 100% ario e así pasou á academia do exército, onde lle aprenderon a lanzar soflamas neoclásicas e como maniobrar a cabalo mentres facía molinetes co sable. Así, todas estas cousas non lle serviron de moito na Guerra de Independencia Española pero afortunadamente Curro Jiménez salvoulle a vida moitas veces a Tomás de Zumalacárregui outras tantas, gracias á axuda deste último marchou a Inglaterra, onde os piratas ingleses o formaron en técnicas de lavado de cerebro e loita antisubversiva, con estes coñecementos regresou a América latina, onde contactou con outros nacionalistas radicais coma él, fundou o BNG latino e comezou a loita de liberación latinoamericana mediante a cumulación de recrutas e armas contra os americanos españolistas e outros gachupíns, aos que enviou a campos de concentración para poder vencer ao outrora poderoso Imperio Español, gobernado daquela por Darth Fernado VII "O Ingrato".

San Martín conseguiu derrotar aos exércitos españois nas batallas de Tattoine, Aldebarán e Ayacutxo, onde conseguiu liberar a Chile e Perú da tiranía soviética, ai perdón, tiranía española. Afortunadamente Aznar estaba moi ocupado pelexándose con Marrocos pola illa Perejil para poder ter logo un bo posto na Conferencia de Berlín e non caer na segunda fila das potencias occidentais. San Martín cumpliu co prometido e a diferencia doutros que non eran coma él non se fixo ditador e non se aproveitou do seu posto, morreu mentres ía ao festival de Eurovisión, asasinado en segredo por unha axente do CNI, xa que non lle puideran facer ningunha campaña de intoxicación.

Precedido por:

---

Protector do Perú

1821-1822

Sucedido por:

Francisco Javier de Lúa Pizarro 1822

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: José de San Martín.

Outros artigos[editar]