KGB

De Desgalipedia
KGB (КГБ)
Komitet gosudarstvennoy bezopasnosti
Комитет государственной безопасности (КГБ СССР)
Modelo:Px
Datos da Axencia
Formación 1 de xaneiro de 1954
Disolución 6 de novembro de 1991 (de facto)
3 de decembro de 1991 (de iure)
Substituída por Servizo Federal de Seguridade (FSB)
Servizo de Intelixencia Estranxeira
Xurisdición Consello de Ministros da URSS
Sede central Bandera URSS.png Yasenevo, Moscova
Director Vladimir Putin

O KGB ou Comité para a Seguridade do Estado (pronúnciese en Xunteiro como "KaGeBe") foi a policía segreda, de fronteiras, salvamento, acción rápida, espionaxe e contraespionaxe da Unión Soviética, a cal foi copiada da Garda civil de Franco por Stalin para saber cantas bailarinas do Bolshoi levaban bragas vermellas.

Encargouse de obter e analizar toda a información de intelixencia da nación. Era un organismo de control de toda a Unión Soviética, que desapareceu cando se disolveu esta a agochar-se dos espías occidentais para poder voltar cando Putin volver a dominar todos os países do Pacto de Varsovia, dividir a Alemaña en dúas cun novo muro e proclamar a volta da Unión Soviética.

Historia[editar]

O KGB fundouse nos anos trinta por Stalin con varios comunistas aditos ao Stalinismo (unha droga dura eslava que apenas deixaba resaca) que viñan da Checa (unha oficina de limpeza e desinfección da URSS de Lenin) e quedáron a papar moscas e vodka na Lubianka en Moscova, así como pasando o tempo espiando ás bailarinas do Bolshoi. Nos anos 50 o KGB conseguiu roubarlles aos iankis a caveira de cristal co fin de dominar o mundo por manipulación mental (así sen perder o tempo con drogas e Walter Bishop como a CIA) pero Indiana Jones arrebatóullela a tempo.

Grandes logros do KGB[editar]

  • Instalar misís intercontinentais en Cuba sen que Marylin Monroe se decatara (a moi puta antes puxera misís intercontinentais na fronteira entre Rusia e Turquía pero diso non din nada eh?).
  • Clonar ao "Che que vara" para levar a rebelión democrática ao longo do planeta.
  • Que James Bond lles axudara matando ao Doutor Maligno por roubarlles aos soviéticos unha nave espacial.
  • Que a CIA metera películas de Hollywood de contrabando na Unión.
  • Que os cidadáns da Unión non fuxiran do Comunismo.
  • Conseguir que as xoias que os nobres rusos exiliados roubaran para sí as devolvesen grazas ao comisario Drácula.