Karel Čapek

De Desgalipedia
Karel Čapek

Datos persoais
Nacemento 9 de xaneiro de 1890
Lugar Malé Svatoňovice (Bohemia)
Falecemento 25 de decembro de 1938
Lugar Praga
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe Olga Robotkanovvá.
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Checo
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros novela, ciencia ficción eslavos.
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios {{{premios}}}
[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]
{{{web}}}

{{{notas}}}

Karel Čapek foi un escritor friki da República Checa de principios do século XX famoso por robotizar a toda a súa familia para que traballasen para el e así non dar un pau ó Danubio. A Gestapo foi lle encima para saber como robotizar xente pero el conseguiu facerse pasar por unha bailarina de can can e cando o descubriron morreu de neumonía e co seu país invadido por Hitler.

Traxectoria[editar]

Karel naceu na montaña máxica do Imperio Austorhúngaro e viviu ben xa que seu pai era médico na fábrica de Zara local, estudou en varias universidades, desde as nacionais ata Berlín e París. E alí no barrio latino de París roubou o dedo de Santa Xenoveva e fumou nel obtendo poderes máxicos cos que fundar un sindicato anarquista de estudantes de Filosofía ao tempo que descubría o Cubismo e pintaba poemas chequistas nas tascas parisinas.

Regresou a seu país recén independizado e traballou na industria cultural en tantas cousas como escritor de panfletos porno para a liberación sexual, obras de teatro, manuais de uso de consoladores musicais e incluso series radiofónicas como a de "Cuando Juan y Tula fueron a Siritinga".

Un día Karel Čapek descubriu a lenda do Golem e modernizouna mediante o uso de tecnoloxía baseada nas descubertas de Víctor Frankenstein e robotizou a todo aquel que se lle puña diante polo que os nazis invadiron a súa casa para descubrir o seu método e tamén foron obotizados ata que veu o KGB coa súa checa e lle mangou o invento.

Obras[editar]

  • Os robots universais de Rossum: Penosa inventa os primeiros robtos para que sexan de servizo doméstico ata que vendo os maltratos uns perroflautas organízanos para que se liberen e acaban con tódolos humanos, e os primeiros aos canfrautas eses de Podemos e PPSOE.
  • A guerra das píntegas: un mariñeiro descobre unhas píntegas atentas e moi listas e ponas a traballar, en seguida cópialle o invento unha multinacional e as mete como proletarias en todo o mundo ata que as píntegas desmándanse e destrúen o mundo humano.
  • O asunto Cuspiderman: o superheroe Cuspiderman debe defender o planeta Terra dos malvados neocons que só pensan no diñeiro e estes atácano facendo que se namore dun gato lisérxico e Cuspiderman terá que elexir entre o amor ou salvar ao mundo que total éste é un desgradecido e que lle den mellor polo .
  • Adán o creador: un arqueólogo vai a Mesopotamia e descobre que Adán creou todo e que Deus Pai é un alien malvado que escraviza aos humanos nunha máquinas que nos converten en pilas de Duracell.
  • Viaxe ao ano do xardineiro: viaxe polo tracto dixestivo final dun prole da horticultura en Bahrein.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Karel Čapek.

Outros artigos[editar]