Karina Falagan

De Desgalipedia


Karina Falagan
Falagan.jpg
Información
Nacemento No primer frasquismo... 1946
Castrotierra de la Valduerna, León Castela e León Castela e León
Nacionalidade Ahpañola.
Ocupación Empresaria e falagar.
Karina cun señor do PP.

Karina Falagan, nada en 1946 é unha mpresaria, scort e espía emigrada a Vigo.

Vida e milagres[editar]

Karina con outro señor do PP.

Nacida no seo dunha familia humilde co nome de María de los Dolores llena eres de Gracia Expósito Martínez-Sanfranco, seu pai era un mago que lle botou uns pós á nai e desapareceu. Tiveron que buscarse a vida e como na estepa ibérica non había ren durante a postguerra emigraron cara Vigo, onde ela puido estudar mentres súa nai se deslombaba traballando onde xa ninguén quería trebellar.

Tras estudar nun bó colexio católico apostólico e franquista, foi a estudar a Santiago de Compostela en 1963, alí na facultade de Xeografía e Historia (ela fora estudar Xeografía Humana) xuntouse con malas compañías e fíxose reintegrata (os seus enemigos afirman que en realidade non foi estudar senón que foi a ver si daba un braguetazo con algún fillo de boa familia estudando alí e segñun outros era unha espía do CESID), participando en asembleas clandestinas, folgas, manifestacións, botellóns, xeiras de conferencias de enfants terribles, etc

Nunha asemblea clandestina na casa da collona namorou dun espía británico antifranquista e viviron seu amor entre embaixadas, cables cifrados e polis da secreta sacándolles fotos; para vivir seu dramático amor tiveron que fuxir a Inglaterrra, onde "descubriu" con satisfacción que seu mozo era todo un lord inglés (pero sen os divertimentos homosexuais desta caste social), aló viviron felices na campiña inglesa coidando do seu fillo pequeno, ata que un maldito día un comando do KGB eliminou ó seu home de tal forma que pareceu un accidente de coche, pra protexer a seu fillo tivo que pedir protección á familia do seu home (xa que de súa nai non se lembraba) pero como non era británica pasaron dela, tivo que facerlle algúns traballiños a algúns amigos de seu difunto home (hai pervertidos por todas partes que buscan viúvas...) conseguiu que a meteran de funcionaria con papeis falsos e a empapelaron cara Francia, onde a meteron de enchufe na embaixada da recén independizada Quenia e así ofuscar aos espías rusos que daquela infestaban as embaixadas de países tercermundistas pra que lles unisen ó Pacto de Varsovia.

A súa vida de mata-hari na Guerra Fría[editar]

Según meu tío taxista de Lisboa, ex-espía de Franco alí en París simulou aceptar pasar a información a Rusia a cambio de algúns cursiños de artes amatorias soviéticas de ximnasia sueca e uns rubliños, mais foi descoberta polo servizo da embaixada, que non estaba ó tanto de que era un cebo británico e pra desfacerse dela sen montar escándalos(ou iso ameazara ela ó embaixador de contarlle todo á muller do embaixador e á do segredario e á do uxier) foi enviada a unha conferencia en Marrocos coa misión de ser enlace cun alto funcionario marroquí pra que este reino haxixero se metera na OTAN e non no Pacto de Varsovia.

Alí en Marrocos nunha conferencia do Instituto Cervantes en Casabranca sobre as bondades do protectorado español en Marrocos a principios do século XIX, coñeceu a un alto funcionario da armada de Marrocos, Driss Hasish, ó cal seduciu e así consegiu que Marrocos entrase na OTAN e se fixera aliado eterno dos Estados Unidos de América en pleo estado de excepción por mor de revoltas comunais en Casablanca que son reprimidas grazas á CIA e ás informacións que Karina obtén de...

Foi invitada a visitar os USA debido ós seus bós servizos, pagándolle a CIA o viaxe (xa que Franco dicía que si ben ela era española non traballaba pra él), andando polo parque temático astroespacial de Houston seduciu coas súas unllas de muller-pantera a un empresario ianqui, John Oldpenis, un poderoso e caduco extractor de petróleo en Kansas co cal viviu grandes momentos e asistiu a moitos saraos de beneficiencia e viu que alí Facenda non miraba moito por esas cousas.

Paseando polo lado salvaxe da vida[editar]

Mais o amor polo seu país tiraba dela e rematou por romper a súa relación ianqui e voltou a Galicia, en Vigo cos cartos mercou un bar e o reformou de arriba a baixo, puxo barra americana, luces estroboscópicas e furados disimulados nas paredes pra poder ver o que ocorría nas habitacións; a este local púxole o nome de Lady Hamilton (conocida prostituta inglesa do s.XVIII que andaba de conde en conde) e fixo que a brigada político-social lle "recolectase" as putas de Montero Ríos pro seu bar, onde ela só facía de anfitriona e logo es as rapazas querían xa non era asunto seu.

Alí grazas ó seus dormitorios temáticos (Manhattan Room, Celopatra Room, Sodom & Gomorra Room, Babilonia Room. Vaticano room, etc) puido acumular capital e absorber os negocios da competencia e colocar madams en pisos controlados por ela, sen faltar a misa de seis en Santiago de Vigo. Durante esta época aproveita pafacer contactos políticos, xa que facía pouco que lera "O Padriño" de Mario Puzo; e comezou tendo como mozo aun policía da secreta que coñecía a todo o mundo con poder e lle fixo colocar unha cámara fotográfica nalgúns cuartos pra telos pillados polas pelotas, así cairon notarios, abogados, funcionarios altos, baixos e medios, fiscais, xefes de policía... a cousa púxose mellor coa chegada da "Democracia " a España xa que aumentou o número de políticos e candidatos a amigos.

Grazas a uns destes consegiu o imposible, unha concesión do concello pra erguer un resaturante no recén construído paseo máritimo miami de Samil, e alí levantou o restaurante-puticlub nocturno Jonathán (Bautizado con este nome new age en honor a unha novela-diario dunha gaivota...) Cos cartos dos pisos francos, o lady Hamiltón e o Jonathán pudio comezar a lavar a súa imaxe durante o día, xa que o restaurante praieiro servía de restaurante pra turistas polo día, music-hall no crepúsculo (traia a famosos do momento a canturrear alí como a Xoán Pardo, Alaska, Sara Montiel, Arévalo...) e babilonia de alto stading político social a altas horas da noite.

Nos anos 90 do século XX Manuel Fraga, que xa vivía separado da súa dona, e quería tocar cacho, convenceu a Karina (ou deixouse convencer, estamos á espera das súas memorias) pra que fose de candidata do PP, tralas elccións obtivo acta de deputada no Parlamento galego (de paso fumos o faimerir do estado español), mais como Karina nunca agochaba a fonte dos seus ingresos e iso era unha aldraxe pa hipocresía dun partido conservador Rouco Varela preseionou pra que a botasen fora do partido, cousa que se logrou tras Karin air defender o seu honor contra unha deputada do PSOE que lle chamara puta (pero iso non é só un insulto non? e ademais é moi progre...) e xa aquerían meter na cadea por unhas ostias de nada e ao final todo quedou en nada ao tirar duns cantos contacto na fiscalía.

A finais do s XXI e debido á súa idade e que os políticos preferían facer turismo sexual que deixarse pillar no Jonathan foi perdendo poder e xunto coa idade recluíndose en Samil, onde seguía na hostalaría e dando de comer ós pobres e mendigos(que non tiñan onde ir porque o concello socialista era moi pouco socialista cos pobres, de feito sospéitase que non se saben a letra da Internacional).

Fóronse acumulando varias sentencias contra ela (por presuntamente pegar a un policía, por presuntamente explotar a emigrantes brasileiros, non pedir licencia de concursos na area, etc) facía folga de fame a pesar de ter cancro (en protesta polo imperialismo español en Guinea), levándose mal cos do alcalde, ao memso tempo que di que vai voltar á política cun partido políticoe un baúl de lembranzas e dossieres. mentres a concesión do seu restaurante Jonathan está a punto de espirar (en 2016) e sabendo que o concello quere tirar todo o paseo de cemento que aprisiona a praia de Samil seguramente demoerá todos os edificios Karina tentou traspasar o negocio de torturar coa música de Julio Iglesias ós praieiros ou ben cederllo á Xunta (e así o concello foderse e non poder tirallo abaixo) e ela marchar a Australia como asesora da Ópera de Sidnei.