Karl Marx
![]() |
"En Soviet Яussia, o modelo adiciona VOSTEDE!!" O КоммциiзT foi escrito por este artigo☭ |
Carlos Marx | |
---|---|
![]() Karl Marx baixando do monte Pindo coas táboas do Capital. | |
Información | |
Nacemento | Tréveris, ![]() |
Falecemento | Londres, ![]() |
Nacionalidade | internacionalista |
Ocupación | pensar |
Cónxuxe | Engels |
Quizais quixo dicir: Grouxo Marx
— Google sobre Karl Marx
Carlos Marx foi un catedrático que pensou demasiado e mesmo creou a URSS pra que o os obreiros foran felices.
Vida e universidades[editar]
Marx naceu en Tréveris, xa que era unha reencarnación de Prisciliano e como tal tentaba voltar ó mundo pra levalo polo bó camiño.
Comezou a peregrinar por diversas universidades do recén creado Estado alemán (por conquistas de Prusia) e participando en varios botellóns onde facía sempre o mesmo tipo de amizades, esquerdistas hegelianos e algún que outro sadomasoquista. Como bo alemán tentou que lle gostas o sadomasoquismo, pero aquilo non lle cadraba ben no seu sangue latino asi que pasou do tema e fincou os codos ben no pupitre.
Como daquela non existía internet e ninguén se facía youtuber, Carliños Marx deu en facer ao mesmo xornalismo, e comezou a publicar as súas crónicas, onde sacaba os trapos suxos dos catedráticos e como tentaban favorecer ós seus mediocres alumnos lambecus. De paso comezou a participar nas conspiracións democráticas, nas que sempre vencía o rei militarista, asi que non é de extrañar que faga chamamento ás armas senón non fica outra alternativa de vencer.
Grandes profecías de Marx[editar]
- O Capitalismo ten os días contados e vai rematar enseguida debido ás súas contradiccións internas.
- Occidente caerá víctima de si mesmo a mans dun príncipe vermello oriental.
- No futuro haberá unha sociedade sen clases sociais, fruto da evolución dende o capitalismo pasando pola dictadura do proletariado.
- No ano 2000 haberá autocarros voadores.
- O proletariado (obreiro industrial) tan santo que é será o dono do mundo.
- O comunismo fará a todos felices.
- O exército de reserva industrial fará que os obreiros occidentais sexan pobres (cousa que sucede cando Zara deslocaliza a súa producción en Asia) e estes farána Revolución.
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
|