La 2

De Desgalipedia
La 2
Logo de La 2.
Inicio das emisións 15 de novembro de 1966
Operado por TVE
Propiedade de RTVE
Formato da imaxe (SDTV 16:9, 4:3)
Datos de audiencia 3,5% (agosto de 2010, FormulaTV)
País Banderaespaña.png España
Lingua Castelán
Área de emisión Escala nacional
Sede central Madrid
Nome(s) anterior(es) TVE 2
La Dos
Canal/is irmán(s) La 1
Clan
24h
Teledeporte
La 1 HD
Teledeporte HD
TVE Internacional
Páxina web Páxina web de RTVE
Dispoñibilidade
Terrestre
TDT Andalucía: 57
Aragón: 61
Asturias: 60
Canarias: 60
Cantabria: 58
Castela-A Mancha: 59
Castela e León: 57
Cataluña: 64
Ceuta: 62
Comunidade de Madrid: 58
Comunidade Valenciana: 58
Estremadura: 62
Galicia: 63
Illas Baleares: 65
A Rioxa: 60
Melilla: 61
Navarra: 59
Rexión de Murcia: 60
País Vasco: 63
Satélite
Digital+ Dial 12
Cable
ONO Dial 2
R Dial 112
Euskaltel Dial 2
Telecable Dial 2
IPTV
Imagenio Dial 2
Orange TV Dial 2
Jazztelia TV Dial 2
Televisión por internet
TVE a la carta TVE a la carta

TVE2 ou mais famosa como a segunda ou La DO2 é a canle española de televisión cultureta, cun o,ooo% de share, coñecida polos seus documentais super aptos para a hora da sesta e programas raros pola noite.

Manuel Fraga creouna co fin de ter a intelligentsia controlada nesta canle e así deixaran de ir manisfestarse tanto aos campus.

Historia[editar]

Logo de La 2 que provoca epilepsia.

Esta televisión gafapasta naceu nos anos 60 cando os hippies de Baleares entraron en contacto con algúns catedráticos españois e así xuntos pero non mesturados foron a Prado del Guey a foder e así saiu "La Dos" a televisión contracultural pero cultural, con debates, entrevistas a personaxes da época como Massiel, Carmen Sevilla... ERRO!!! Saían iso sí Camilo José Cela, Gonzalo Torrente Ballester, Fernando Arrabal drogado, etc.

Nos 80 metéronse aquí os de A Movida, unha factoría de alcol da época, que meteu a moita xente bizarra do momento facéndose todo tan posmoderno que ninguén entendía nada asi que nos 90 meteuse algún executivo de "LA 1" e logrou meter nesta canle series que xa ninguén vía da UNO, como Curro Jiménez e sempre que viña o verán repetían Verano azul. Trala crise económica de principios do século XXI meteron mais merda nesta canle, con programas norteamericanos sen apenas dobrar e repeticións de "islas griegas", perdendo moito do seu pastafraismo orixinal.

Programas de La Dos[editar]

  • Versión española: onde Cayetana Guillén Cuervo pasa películas españolas, todo o contrario a Cine de Barrio.
  • Que grande es el cine: varios gafapastas e chapóns/nerds pasan películas vellas e fuman haxix despois debatindo sobre elas.
  • Saber y ganar: Jordi Hurtado fai concursar a miles de persoas para atopar ao elexidooooooo!
  • Documentos TV: onde Pedro Erquicia (cunhas gafas estilo Castelao) nos fala sobre Hentai, BDSM, Robofilia, etc.
  • Muchachada Nui: aquí viñeron parar os de La hora chanante... pero sen o paiaso, sen bocasecaman, sen marlo, etc.
  • El tiempo es oro: concurso onde o presentador era... Darth Vader!!!!
  • Metrópolis: programa que se bota desde 1985... mais que Águila coja!!!
  • Con las manos en la masa: programa gastroerótico.
  • Makinavaja: serie sobre un mangui de Barcelona cunha intro sacada do musical "A ópera dos tres reás".
  • Pinnic: programa infantil onde che aprendían a desobedecer á autoridade.
  • Días de cine: programa informativo sobre o último do último no cinema, presentado durante anos polo afable Antonio Gasset, logo veu a enchufada de Aitana e a Cayetana e menos mal que a mudaron pola Sánchez Sánchez.
  • La noche temática: programas da canle ARTE que é francesa.
  • Redes: Punset trata de convertirno en Sheldon Cooper!!!
  • Negro sobre Blanco: Fernando Sánchez Dragó fai que José María Aznar sexa culto!
  • Superseries estranxeiras: como A dos metros bajo tierra, las putas Gilmore, etc

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: La 2.

Outros artigos[editar]

Modelo:Canles de televisión nacionais de Europa