La Voz de Galicia

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


La Voz de Galicia
Galegos lendo LVG.jpg
Típicos lectores de LVG.
Fundación
Xénero
País Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Cidade
Ámbito
Lingua Castelán e galego
Periodicidade
Publicación
Prezo unitario
Color
Fundador
Director

Cita1.pngQuizais quixo dicir: La Coz de GaliciaCita2.png
Google sobre La Voz de Galicia

La Voz de Galicia é un xornal galego e panfleto político dalgúns empresarios da megalópole de A Coruña.

Historia de La Voz de Galicia[editar]

Fundado no século XIX polos progres Antonio Prieto Puga, José Manuel Martínez Pérez e Juán Fernández Latorre, tres anos despois éste último quedábase co xornal tras enviar ós seus compañeiros á alén incitándoos a facer unha ouija, e así convertir ó xornal nun panfleto republicano e progresista liberal.

Durante a IIª República Española consolídase e gaña a partida ós xornais da cidade breogánica e mesmo competindo cos outros autonómicos e sobrepasándoos, xa que é favorecida pola liña editorial da familia Fernández-Latorre que durante esa época é republicanísima e faille manolas a Santiago Casares Quiroga mentres pasa de dar novas do grupo metaleiro Xeración Nós.

Mais chega Falange Española e comezan a matar xente pola rúa e logo Franco ataca a España, os fernández-Latorre fanse feixistas coma se nada, cando ven que Hitler cae deixan de ser feixistas (por se a CIA lles envía un comando asasino á súa sede) e son franquistas o resto da época contratando a Álvaro Cunqueiro pra ter a súa cota de galeguismo descafeinado e entrando no Opus Dei pra pillar cacho. Trala morte do tirano fican á expectativa, metendo medo que si pode voltar a guerra civil, que si hai que facer unha transición onde o PCE debe deixar de lado as súas teimas mesiánicas e que o BNG é ETA, etc.

Os tempos mudan e así o fai o xornal, que cada vez que goberna un partido diferente adáptase ós gustos dese àrtido e publica según lle conveña, isto fixo que sexa o xornal mais leído en Galicia e diario galego con mais proxección no estado español, aumentando o seu nivel económico (seguindo as teses comunistas de Deng Xiaoping) e obtendo licencias, tras poñer o , de TDT (V Televisión) e radio (RadioVoz); pra redundar o seu poderío informativo fundaron unha empresa de sondeos de opinión pública (Sondaxe) e lexitimarse históricamente un museo do xornalismo.

Na súa plantilla colaboran grandes da pluma coma Moncho Borrajo, xornalistas en Madrid como Fernando Ónega, analistas internacionais como Xosé Tojeiro, artistas da talla de Xosé Meijón Pepito Meijón (eso que todos os artistas cagan de gusto por saír nas súas páxinas algunha exposición súa), fotógrafos coma Robert Capa.

La Voz de Galicia e a lingua galega[editar]

Criminalización do Xornal La Coz de Galicia.png

A pesares de ser un xornal de Galicia o idioma empregado sempre foi o castelán.

A pesares da súa ideoloxía provincialista (típica do século XIX) e de que o galego se fala e se entende incluso polos castelán falantes, o xornal só usa o galego en algunha que outra entrevista a algún artista galiciano ou na sección de cultura a pesares de que recibe subvencións por publicar en galego, mais o galego é unha idioma moi dificilísimo e por iso a nalgúns artigos mesmo usa o traductor de google pra publicalos en galego, as poucas veces que o fai, porque, coma ben se sabe o galego é un idioma pra paletos, bloqueiros e só serve pra manter a Galicia no terceiromundismo.

Desgalería de imaxes da Voz de Galicia[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: La Voz de Galicia.

Outros artigos[editar]