Labrego

De Desgalipedia
Labrego
Labreguismo.png
Símbolo dos labregos.
Información
Editorial Panhumana.
Data de aparición Neolítico.
Creador do oficio un iraniano.
Alianzas Ningunha.
Compañeiros pastores.
Alias campesiño.
Parentes Científicos, escultores, arquitectos
Poderes Vivir do que dá a terra.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: PaletoCita2.png
Google sobre Labrego

Cita1.pngSon unha das maiores industrias de Galicia,sobre todo en Ourens e Lugo.Cita2.png
Vicente Risco sobre os labregos.
Cita1.pngHome acabadiño de traballos, caste de besta de carga na que tanguen a rabear os que gobernan, ser a quen fan pagar cédula como ás persoas para tratalo coma aos cans, que leva faltriqueira no traxe por fantasía, boca na cara por burla, que anda de a rastro como as cobras, que fura na terra como as toupeiras, que traballa moito e come pouco, que á semellanza dos burros de arrieiro que levan o viño e beben a auga, procuran o trigo para comer o millo, que anda langraneando por unha peseta sen poder nunca xuntala, e que vén ser considerado polos seus semenllantes como un ninguén que a todo chamar chámanlle Xan Paisano.Cita2.png
Catecismo do Labrego galego sobre os labregos.

Labrego (do latín: Lynx pardinus), tamén coñecido como campesiño, é un animal carnívoro pertencente á familia dos humanos e semellante a unha versión do humano neanderthal, aínda que é menor que esta outra especie de humano. Este mamífero ten un aspecto robusto, unhas patas longas (polo que é un humano moi veloz) e un rabo de gran tamaño pra inseminar o maior número de famias humanas ante de extinguirse.

Atópase exclusivamente en zonas moi restrinxidas do mundo tales como áreas de países tercermundistas e en vías de desenrolo, nos países industrializados mudaron a proletarios, obreiros e cidadáns a maior parte, algunha segue sobrevivindo en explotacións de pequeno volume con carácter autoconsumista (ou sexa, que s evai comendo así mesmo, hoxe unha perna, mañá un brazo...)

En Galicia considérase extinguido desde os anos 2120, testemuñas da súa extinción foron seus fillos que vivían no campo e traballaban na cidade. Sarmiento escribía xa no século XX que "viven afogados polo Estado e cada vez son mais vellos e pepeiros".

Historia[editar]

Un labrego ben alimentado.

O Labrego xurdiu no Neolítico, ao descubrir o modo de controlar o crecemento das prantas, esta revolución tecnolóxica fixo que os humanos deixaran de ser nómadas e se fixeran sedentarios, fundando aldeas estables e deforestando terras pros cultivos. En Galicia os megaliteiros foron os que trouxeron esta nova tecnoloxía da agricultura, que foi mellorada pol pobo petroglifense, mais o oestrinmios perderon todas a sterras a mans dunha invasión de cobras.

Afortunadamente viñeron os castrexos e encheron Galicia de castros e deforestárona toda pra enchela cos seus cultivos e pastos en réxime comunista e igualitario; esta sistema socialista foi destruído polo Imperio Romano que impuxo un sistema opresor e organizou todo a base de escravos (traballadores que traballaban de gratis e eran de un pijo). Na Idade Media cambiáronlle de nome ós escravos e chamáronos servos (que queda mais bonito e así serve pra decir que o Cristianismo erradicou o escravismo). Este sistema non modernizou nada e o campesiño permanenceu na ignorancia durante séculos en proveito da Monarquía e da Igrexa católica; debido á súa ignorancia mantida tívose que servir de meigas e curandeiros cando estaba enfermo, pra entender o mundo acudiu ó crego e á mitoloxía. Xa no Antigo Réxime o labrego tivo que sufrir grande cantidade de impostos, debido a que a monarquía española andaba sempre necesitada de soldados en outros países e mesmo se chegou a embarcar civiles a punta de pistola pra embarcalos cara Flandres; durante a Guerra de Restauración portuguesa os labregos eran chamados polo Capitán xeneral de Galicia a que fosen defender as fronteiras e portos,formándose as milicias, e o labrego tiña quecoller o seu equipo(unha espada e un arcabuz que apenas sabía disparar) e andar varioskilómetros cargado cos ferros e o pan pro camiño(arredor de 10 kilos que era o único que consumía) e unha vez chegado ó seu destino(normalmente as prazas de Tui e Monterrei) agardar que a muller ou os fillos lle foran treando a comida mentres pasabana noite ó raso.

Non sería ata o século XIX que os habitantes das aldeas comezaron a obter a propiedade privada da terra que traballaban, e que durante séculos pertencera ós terratenentes (mosteiros, bispos, duques, condes, marqueses, fidalgos...).

Labregos galegos nos tolos anos 20.

Os labregos, influidos pola emigración, os indianos, fundaron sindicatos a finais do XIX pra rematar cos foros e modernizar as súas terras. Fundáronse cooperativas e partidos políticos (partido agrarista) pra rematar cos foros que coartaban a modernización de Galicia, durante a Iª República Española un abogado progre fixo unha lei pra eliminar o foros, pero veu un guardia civil e deu un golpe de estado. Nos tolos anos 20 do século XX xa conseguiran facerse coa maioría das terras asi que cando a dictadura de Primo de Rivera aboliu os foros en 1923 xa o conseguiran na práctica os labregos.

Típica labrega da Galicia profunda.

A mediados dos século XX a revolución agroquímica aumentou ao 200% a producción agrícola, mais Galicia sumouse tarde, mal e arrastro a ela, o Estado Español de Franco preocupábase mais por encher Galicia con encoros (pra enviar enerxía eléctrica á Unión Soviética, o seu aliado) e eucaliptos (pra facer papel); e as cooperativas fundadas por progres disfrazados de conservadores non tiveron moito éxito debido á vixilancia do réxime (delas só sobrevive Coren).

Trala entrada do Estado Español na Unión Europea puxéronse novas leis:

  • Subvencións pra sacar a Galicia do atraso, que foron a parar aos petos duns poucos e cousas como a Cidade da Cultura de Galicia.
  • Impúxose unha cota láctea que fixo que Galicia tiveses que producir menos leite (incluso pagaban pra que produciras menos) e así pecharoncentos de explotacións leiteiras e Galicia nunca foi unha gran productora.
  • Novas leis de saneamento, empquetamento, adecentamento de animais que só fixeron que o campo fose mais abandoado, non se fora mercar viño ás aldeas (leis de sanidade alimentaria) o prezo das sementes polas nubes (leis de autor xenético de sementes), se tiñas unha granxa podíanche construir casas ao lado e logo te tiñas que ir coa granxa a outro lado (PXOM e leis de poboamento sen control).
  • Neocolonialismo: ao promocionar cultivos de árbores papeleiras (eucalipto) e de madeira de calidade ínfima (piñeiro), ao tempo que se enchían as prazas con carballos "americanos". Os encorose embalses seguiron nas mans das mesmas compañías (franco firmara con elas, FENOSA, licencias de 100 anos). A industria (factorías,cultura) atouse mediante subvencións e así a Xunta pode controlar ós mediso de comunicación a través dos cartos que lles dá ós amiguiños.

Actualmente sobrevive no interior de Galicia, algunhas cidades tentarn recuperar as hortas urbanas e algúns adhírnse á Vía Campesiña (movimento internacional que coordina organizacións de labregos que defenden unha agricultura familiar e sostible. Esta coalición lanzou o concepto de soberanía alimentaria como o dereito dos pobos a definir as suas políticas agropecuarias e de producir alimentos a nivel local).

O labrego na cultura[editar]

O labrego e a literatura[editar]

Un labrego intentando adquirir cultura...

Tema de libros de aventura e poesía, o labrego tivo unha parte importante na literatura:

  • Xeórxicas, de Virxilio.
  • Égloga de Belmiro e Benigno, de Nicomedes Nibebedes Pastor Díaz.
  • Follas de herba, de Walt Withman.
  • Catecismo do labrego, de Valentín Lamas Carvajal.
  • Cen anos de soidade, de Gabriel García Márquez.
  • Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas.
  • Cemiterio de sachos, de Stephen King.
  • O Auto do labrego, de Manuel María.
  • O arado sumerxido, de Fränz Kafka.
  • Un labrego de aceiro, de Isaac Asimov.
  • Porca terra, de John Berger.
  • O labrego vermello, de Paulo coelho.
  • Saga dos "labregos sudoros" de Sherrilyn Kenyon.
  • A chave do labrego, de Dan Brown.
  • Labregos de Abril, de Arturo Pérez-Reverte.
  • Labrego redondo,Javier Marías.
  • Madeira de labrego, de Camilo José Cela.
  • A segunda vida dun labrego, de Stephenie Meyer.

O labrego na Arte[editar]

Un labrego no seu harén rural.
  • Boda aldeá, de Pieter Brueghel, pintor coñecido como "O Campesiño".
  • Almorzo de labregos, de Diego velázquez.
  • As espigadoras, de Jean François Millet.
  • Os comedores de poatacas de Vicent van Gogh.
  • Labregos mexicas, de Diego Rivera.

O lagrego na música[editar]

Labregos famosos[editar]

  • Eu.
  • Xosé Bové.
  • Maximino o Tracio, de labrego a emperador romano.
  • Cincinato: de dictador legal romano a labrego.
  • Ulises, que na odisea ó voltar a casa faise labrego unha temapada e logo vai ó seu pazo a reconquistar o seu antes da guerra de Troia.
  • Lev Tólstoi, escritor que nos seus últimos días se meteu a granxeiro.
  • Franz Jägerstätter, labrego antinazi obxecto de conciencia na IIª Guerra Mundial.
  • Antonio Álvarez Lamas, albrego e político conservador.
  • Paulino Álvarez,coñecido mais como Paulino de Chantada.
  • Pablo García, labrego e político socialista.
  • Valentín González, mais coñecido como "El campesino" na Guerra Civil Española.
  • Lidia senra, labrega e sindicalista do Sindicato Labrego Galego.