Lalín

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Lalín (homónimos).
Lalín
Bandeira de Lalín Escudo de Lalín
LalinN.jpg
Por aquí pasa toda caste de galegos.
Situación
Situacion Lalín.PNG
Xentilicio[1]
Xeografía
Provincia Provincia de Pontevedra
Comarca Comarca do Deza.
Poboación hab. (2019)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: LeninCita2.png
Google sobre Lalín

Lalín é capital da Galicia interior, durante o Fraguismo e grazas á concentración de capital propia do capitalismo pasou de vila a cidade, aínda que baixo o poder da CCCP (Cuíña Crespo Crespo Pepeiro) a ritmo de galalaicas dominaron a bisbarra ata que Alberto Núñez Feijóo os fusionou con Silleda.

Orixe e Historia[editar]

Os Reptiliáns fundaron este lugar e deixáronnos a súa avanzada tecnoloxía...para facer ben a Matanza do porco!!!!

O nome de Lalín provén do celtogalaico "Laln" que significa "lugar onde habita o machote mais machote do mundo mundial".

Lalín foi un cruce de camiños megaliteiros na chaira do regato Cabritas entre os montes Agro de Vilar, García, Cotiño, A Costa e Trascastro. Mais tras un crise por falta de petróleo os galaicos mudaron en castrexos e comezaron a erguer os castros de Bendoiro, Vilatuxe, Palio e Sestelo (entre moitos outros) co fin de protexer cada pozo de petróleo comezando unha guerra de subsistencia que fixo empobrecer o lugar, razón pola cal emigraron moitos lalineses prehistóricos e remataron como mercenarios nos exércitos de Cartago contra o Imperio Romano.

Debido a que os galaicos axudaran no exército Lusitano de Viriato os romanos subiron polo Río Miño arriba a vingarse e cando souberon que había moito ouro por aquí ficaron a escravizar galegos aproveitaron os camiños prehistóricos pra faceren cruzar aquí varias subramas de calzadas romanas (entre a per loca marítima e a XVIII) Xosé Cuíña aproveitou isto pra montar un parque industrial estilo Star Trek de altísima tecnoloxía textil chamado Lalín 2000 e pra que os proletarios se solazasen ergueu logo a cidade xardín en plan xardíns colgantes de Babilonia.

Nembargantes o centralismo da Idade Media fixo que caese na decadencia e se arruinase todo, Lalín perdeu habitantes e mesmo voltaron a habitar os castros ante as vagas de roubos prepretadas por bandas de políticos que aterrorizaban o territorio e finalmente se fixeron donos da situación erguendo a un rei entre eles e inciaron a monarquía española gobernando todo desde Madrid e levándose os cartos pra alá e lle puxeron por nome España a tal invento, que durou uns séculos. Ata que o sha de Españistán foi deposto polos cidadáns e campesáns erguendo unha república que cedo morreu entre radicais de esquerdas e dereitas, asi que a Unión Europea interviu e colocou a Franco como rei, logo veu a Guerra Fría e pra que os Estados Unidos de América e a OTAN tiveran un bo sitio onde descargar tropas e camións ergueron o porto de Vilagarcía de Arousa e abriron unha autovía de comunicación con Europa que pasou por Lalín, e así voltou á vida esta vila comarcal.

Xeografía[editar]

Xoquín Loriga, piloto dunha Ala X durante a Guerra das galaxias, non é moi famoso porque os historidores oficiais desdebuxaron a súa figura cando se decataron de que tentaba ligarse á Princesa Leia!

Limita ao norte con Silleda e Vila de Cruces (próximo obxectivo a invadir polos lalinenses) Forcarei polo lado que morre o sol, A Golada e Rodeiro polo Gran oriente, Dozón polo surón e O Irixo aos seus pés.

Lalín atópase case no centro de Galiza, entre O Cebreiro e Pontevedra, Ourense e Santiago de Compostela, Vigo e Ribadeo razón pola cal o arcebispo San Clemente soterrou aquí en segredo os restos do Apóstolo Santiago.

Flora e fauna[editar]

Grazas ao clima boreal antárquico que se respira nestas latitudes da Galicia central a flora é toda subatómica mentres que a fauna destaca pola súa adaptabilidade nuclear, xa que son mutantes todos e entre eles podemos atopar: tartarugas mutantes, mestre rata, cancadrilo, can de palleiro fosforescente (así nunca o atropelan) xabarín con ás, etc.

Economía lalinense[editar]

Bandeira da bisbarra do Deza.

En Lalín viñéronse agochar os taleres de liño que a finais do século XIX eran bombardeados polo Imperio Británico co gallo de destruir á competencia e así expandir o seu imperio da moda, grazas ao capitalismo proteccionista das autoridades creouse aquí a capital textil do NO español... evidentemente as cousas non foron así e Lalín viviu miserablemente durante séculos do pouco que daba a terra e moitos caudillos do Deza viviron de rentas durante anos á costa das clases productoras.

A súa posición xeoestratéxica de Lalín entre Monforte de Lemos (chave da saída/entrada a Galicia por vía terrestre) e Pontevedra (saída marítima) fixo da zona un lugar de paso e reaprovsionamento aos movementos económicos do Antigo Réxime, así como base de operacións loxísticas na III Guerra Mundial (cando Francia invadiu a España durante o goberno de Le Pen) e na Guerra Temporal entre revisionistas e conservacionistas.

A finais do século XX e coa importancia concedida ós medios de comunicación Lalín medrou debido á concentración da industria textil (no resto de Galicia os taleres textís eran cooperativas pequenas que desapreceron a mediados dos anos 90 do século XX porque Zara e Adolfo Domínguez levaron a producción cara China e Turquía) xunto con Arteixo é unha das cidades da moda.

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Lalín
Escudo de Lalín.jpg
Albarellos (Santa María) | Alemparte (Santa María) | Anseán (Santiago) | Anzo (San Xoán) | Barcia (Santo Estevo) | Bendoiro (San Miguel) | Bermés (Santa María) | Botos (San Xoán) | Busto (San Facundo) | Cadrón (Santo Estevo) | Camposancos (San Cristovo) | Cangas (Santa Mariña) | Castro de Cabras (San Pedro) | Catasós (Santiago) | O Cello (San Martiño) | Cercio (Santiago) | Cristimil (San Xurxo) | Doade (San Pedro) | Donramiro (Santa María) | Donsión (Santa Baia) | Erbo (San Pedro) | Filgueira (Santa María) | Fontecabalos (San Mamede) | Galegos (San Miguel) | Goiás (San Miguel) | Gresande (Santiago) | Lalín (Santa María das Dores) | Lebozán (Santiago) | Lodeiro (San Paio) | Losón (Santa Baia) | Maceira (San Martiño) | Madriñán (Santo Adrao) | Méixome (Santiago) | Moimenta (San Lourenzo) | Moneixas (Santo Adrao) | Noceda (Santa María) | Palio (Santa Baia) | Palmou (San Xoán) | Parada (Santa María) | Prado (San Martiño) | Rodís (San Xiao) | Santiso (San Román) | Sello (Santiago) | Soutolongo (Santa María) | Val do Carrio (Santo André) | A Veiga (San Ramón) | Vilanova (San Xoán) | Vilatuxe (San Lourenzo) | Xaxán (Santa María da Saleta) | A Xesta (San Fiz) | Zobra (Santa Mariña)


Barrios de Lalín:

  • Casal da torre: aquí xurdiu Lalín na Idade Media, cando os labregos construiron as súas casas ao abeiro do castelo do Deza e así protexerse dos ataques de exércitos cristiáns e musulmáns.
  • Barrio de abaixo: aquí viven os escravos do IV Reich galego.
  • Tirabeque: aquí están situadas a sgranxas bioecolóxicas de I+D onde a Dra. Hedra velenosa inventa novas plantas para alimentar á superpoboación galega.
  • Cacharela: Onde os paganos fan arder grandes fogueiras para bendecir os campos e alonxar as meigas
  • Pontillón: Ponte de aceiro feita polo 666ª rexemento do Batallón literario.
  • Rolda Leste: no século XXI era un arrabal no XXII converteuse na rúa mais cool do lugar.

Cultura[editar]

Sitios e festas[editar]

A famosa romería do corpiño en honor á Santa Vaxina.

Lalín é unha das vilas galegas que mais está a medrar pro ela soa (non como Narón que parasita a Ferrol hahaha!)

  • Rúa B: onde están todos os garitos, coidado coas comebolsas non pises a ningunha!!
  • Festa do cocido: onde de pon no pote a misioneiros veganos e se os comen!!!
  • Kilómetro 0: Lalín é o km 0 de Galicia porque nel atópase o aeroporto espacial para poderes emigrar a Calíope.
  • Castro tecnolóxico de Lalín: construido polos Baedios como laboratorio de I+D en armas tecnolóxicas.
  • Mercado castrexo: este mercado dos galaicos no que se camuflan jipis comunistas para comerlle a olla á rapazada e queiran vivir como os salvaxes capitalistas e todo privatizado.
  • Romería do Corpiño: onde os galegos todavían loitan contra o mal mediante exorcismos e bruxería, pasean ídolos do Polisantismo para tentar destruir ás forzas do mal e que Darth Vader non volte tomar o poder.

Lalineses famosos[editar]

Desgalería de imaxes de Lalín[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Lalín.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Galicia Concellos da Comarca do Deza
Comarca do Deza
Agolada
Agolada
Dozón
Dozón
Lalín
Lalín
Rodeiro
Rodeiro
Silleda
Silleda
Vila de Cruces
Vila de Cruces
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Pontevedra
Situacion Provincia de Pontevedra.PNG
Agolada - Arbo - Baiona - Barro - Bueu - Caldas de Reis - Cambados - Campo Lameiro - Cangas - A Cañiza - Catoira - Cerdedo-Cotobade - Covelo - Crecente - Cuntis - Dozón - A Estrada - Forcarei - Fornelos de Montes - Gondomar - O Grove - A Guarda - A Illa de Arousa - Lalín - A Lama - Marín - Meaño - Meis - Moaña - Mondariz - Mondariz-Balneario - Moraña - Mos - As Neves - Nigrán - Oia - Pazos de Borbén - Poio - Ponte Caldelas - Ponteareas - Pontecesures - Pontevedra - O Porriño - Portas - Redondela - Ribadumia - Rodeiro - O Rosal - Salceda de Caselas - Salvaterra de Miño - Sanxenxo - Silleda - Soutomaior - Tomiño - Tui - Valga - Vigo - Vila de Cruces - Vilaboa - Vilagarcía de Arousa - Vilanova de Arousa