Laxeiro

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Laxeiro
Laxeiro.jpg
Laxeiro gafapasta.
Nome Xosé Otero Abeledo
Traballos Pintor que pintas con amooooorr!
[ [[d:Erro de script: Non existe o módulo "Unbase".|editar datos en Undata]] ]

Xosé Otero Abeledo, mais coñecido como Laxeiro pola súa costume de andar a pedradas cos críticos de arte, foi un pintor galego que modernizou a arte galega durante o reinado de Franco.

Vida e obras[editar]

Laxeiro e Pilar Taboada, os primeiros hipsters galegos.

Laxeiro nasceu en Donramiro, Lalín aos poucos anos de palmala Friedrich Nietzsche, no seo dunha familia proletaria mixta (súa nai era labrega e seu pai operario en Cuba) indo un día de pastor pola Dorsal galega aparecéuselle o gnomo Mirlotil, que le bateu co seu pene máxico e voltouse un namorado da pintura. Nos Tolos anos vinte emigrou a Cuba onde traballaba e estudiaba arte clásico, e leu a H. P. Lovecraft voltando no 1925 pro terruño, onde influenciado por James George Frazer viviu como barbeiro-pintor indo de feira en feira, facendo cuestionarios antropolóxicos aos paisanos e así medrou seu mundo interior.

Tras sumarse á Orde esoterica de Dagon (que tiña varios caciques nas súas fileiras) obtivo unha subvención pra aumentar seus estudos pictóricos en Madrid co fin de abrir seu terceiro ollo e así albiscar o punto exacto da cidade de R'lyeh vivindo na bohemia española da IIª República Española. Nas súas vacacións do 36 estando en Lalín estalou a Guerra Civil española, ao caer Galicia nas mans feixistas Laxeiro foi obrigado a militar no exército frasquista (onde tivo un romance con Celso Emilio Ferreiro) indo a liberar Asturias do dominio rojosoviéticomasónliberal porén grazas ó seu mundo interior estaba pero non estaba asi que non matou a ninguén e afundiuse na súa arte, experimentando con todo menos con política (non fora ser que rematase coma teu avó...) ademais o consumo de estramonio axudaba moito á psicodelia do seu arte.

Un día inventou a chamada "estética do granito" pictórico, cando lle quedaba pouca auga pro pincel e a nugalla puido con el, polo que non se ergueu a buscar mais H20 porque estaba na posguerra en Españistán e pasábase moita fame, pero grazas ós dagonianos segiu tendo becas, viviu en Pontevedra e Vigo, de traballadorestudante e na bohemia, polo que non caeu na arte oficial frasquista apoloxética do nacionalismo español carpetovetónico, grazas ó Cal nas cuncas de Ribeiro, evolucionou cara o expreionismo antes de que naza o Rock.

Durante unha estadía en Arxentina, presentando unha exposición de Artistas gallegos invitado polo Centro Galego de alí (controlado daquela por galegos feixistas), Laxeiro fai defección de Españistán e fica a vivir lá rodeado dos exiliados galegos, ten un affaire con Maruja Mallo (que o desvirga) e fai conferencias mentres fai botellóns con varias linguaxes artísticas, volta consagrada a España, vivindo entre Vigo e Madrid, recibindo homenaxes, premios, conferencias etc etecetec.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Laxeiro.

Outros pintores[editar]