León, España

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: León (homónimos).
Bandeira de León.png Este artigo contén humor dunha terra casta e fértil

Se non tes a nobreza suficiente para ser un leonesista como
@s [email protected], mellor que mires outro lugar

Llión é a capital do País Llionés.



León
Bandeira de León.png
Localización
Leon, Spain location.png
País España España
Comunidade autónoma Castela e León Castela e León
Provincia León
Comarca Tierras de León
Demografía
Poboación hab. (2012)
Densidade hab./km²
Xentilicio leonés/a
Outros datos
Código postal 24001-24010
Alcalde Emilio Gutiérrez Fernández (PP)
www.aytoleon.es

Historia[editar]

León fundouna o pretor Público Cipote Augusto nas Guerras Cántabras a cuartelando aquí a Legio 666 Victoriosa, o resto do tempo o campamento romano medrou e o Imperio Romano controlou desde aquí as minas de Uranio enriquecido do Bierzo. Algúns funcionarios aproveitaron para quedarse con mais ouro do normal e fundar algunha villae cerca ou puticlús dentro da cidade, de tal forma que a final das Guerras Cántabras tívose que amurallar a cidade ante o perigo que miles de pailáns de arredor quixeran secuestrar ás putas. A muralla sería aproveitada polo Reino Suevo como plataforma de lanzamento de xamóns (foron os suevos quen inventaron a matanza do porco) contra o Reino Visigodo, que os denunciou ante a ONU e logo invadiu o lugar.

O rei Alaridos II fuxiu desde Toledo aquí ao fracasar contra o rei Viciorico XIII, logo o reino islamizouse abandoándose a cidade polas aldeas do lugar. Non sería ata centos de anos despois que o Reino de Asturias modernizou a zona e o rei Ordoño II, refundou a cidade dándolle o seu mesmo nome. Centos de anos despois perdeu a capitalidade ante o reino de Castela e nin sequera os Reis Católicos pasaron por aquí a saudar. Razón pola cal cando ía pasar por aquí o neto deles, Carlos I, erguéronse os comunistas, perdón, comuneros, contra os seus enchufados e a suba de IVA e IRPF que o moi cabrón quería facer e que finalmante fixo tras enviar comandos da Inquisición española a destruir aos comuneros.

No século XVI León serviu á causa do Imperio Español enviando Tercios españois, ouro e madeira para conter ás hordas zombies luteranas que querían devorar almas de católicos españolitos, a pesares diso León non viu nin un potosí e aínda por riba os burgueses da Mesta querían ser mais que os nobres! Polo que estes crearon o grupo "Café Quijano" Liderado polo Adiantado Maior de Castilla e o ex virrei de Italia Don Rodrigo Díaz de Vivancos, que obtiveron licencia real para exportar carbón a Euskadi e montar ferrerías alí, converténdose logo aquelo nunha industria fabril de onde saían barcos de guerra pero como eran de ferro perdéronse todas as batallas contra os piratas e o Imperio foise ao carallo.

No século XIX León independizouse de Oviedo creando a súa universidade moi aínda que non conseguiu independizarse de Valladolid nin do capitalismo paleto de moitos dos seus habitantes mais enxebres, que liderados por Ganerín tentaron erguer Llión a base de gastronomía vegana e alcol sintético.

Economía[editar]

León cidade ten unha rica economía polo que lle sobra man de obra, que envía a Madrid, Bilbao e URSS. O seu PIB provén dos miles de puticlús das estradas nacionais que cortan esta taiga siberiana así como os almacéns segredos do exército español onde se garda o Ovni de Cando, Outes. Na prisión de Mulas Mansillas atópanse narcotraficantes como os Txarlíns e Falcóns que sempre dan propina aos funcionarios e gardas por pasarlles mensaxes así como pailáns de Resistencia galega para que se lles baixen os fumes que lles cubren o sentidiño.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: León, España.

Outros artigos[editar]

V  C  E h
Castela e León Castela e León | Concellos da provincia de León
Acebedo · Algadefe · Alija del Infantado · Almanza · La Antigua · Ardón · Arganza · Astorga · La Bañeza · Los Barrios de Luna · Barxas · Bembibre · Benavides · Benuza · Bercianos del Páramo · Bercianos del Real Camino · Berlanga del Bierzo · Boca de Huérgano · Borrés · Boñar · Brazuelo · El Burgo Ranero · Burón · Bustillo del Páramo · Cabañas Raras · Cabreros del Río · Cabrillanes · Cacabelos · Calzada del Coto · Campazas · Campo de Villavidel · Camponaraia · Candín · Carracedelo · Carrizo · Carrocera · Carucedo · Castilfalé · Castrillo de Cabrera · Castrillo de la Valduerna · Castrocalbón · Castrocontrigo · Castropodame · Castrotierra de Valmadrigal · Cea · Cebanico · Cebrones del Río · Chozas de Abajo · Cimanes de la Vega · Cimanes del Tejar · Cistierna · Congosto · Corbillos de los Oteros · Corullón · Crémenes · Cuadros · Cubillas de los Oteros · Cubillas de Rueda · Cubillos del Sil · Cármenes · Destriana · Encinedo · La Ercina · Escobar de Campos · Fabeiro · Folgoso de la Ribera · Fresno de la Vega · Fuentes de Carbajal · Garrafe de Torío · Gordaliza del Pino · Gordoncillo · Gradefes · Grajal de Campos · Gusendos de los Oteros · Hospital de Órbigo · Igüeña · Izagre · Joarilla de las Matas · Laguna Dalga · Laguna de Negrillos · León · Llamas de la Ribera · Lucillo · Luyego · Magaz de Cepeda · Mansilla de las Mulas · Mansilla Mayor · Maraña · Matadeón de los Oteros · Matallana de Torío · Matanza de los Oteros · Molinaseca · Murias de Paredes · Noceda del Bierzo · Oencia · Las Omañas · Onzonilla · Oseja de Sajambre · Pajares de los Oteros · Palacios de la Valduerna · Palacios del Sil · Peranzais · Pobladura de Pelayo García · La Pola de Gordón · Ponferrada · A Ponte de Domingos Flórez · Posada de Valdeón · Pozuelo del Páramo · Prado de la Guzpeña · Priaranza del Bierzo · Prioro · Puebla de Lillo · Páramo del Sil · Quintana del Castillo · Quintana del Marco · Quintana y Congosto · Regueras de Arriba · Reyero · Riaño · Riego de la Vega · Riello · Rioseco de Tapia · La Robla · Roperuelos del Páramo · Sabero · Sahagún · San Adrián del Valle · San Andrés del Rabanedo · San Cristóbal de la Polantera · San Emiliano · San Esteban de Nogales · San Justo de la Vega · San Millán de los Caballeros · San Pedro Bercianos · Sancedo · Santa Colomba de Curueño · Santa Colomba de Somoza · Santa Cristina de Valmadrigal · Santa Elena de Jamuz · Santa Marina del Rey · Santa María de la Isla · Santa María de Ordás · Santa María del Monte de Cea · Santa María del Páramo · Santas Martas · Santiago Millas · Santovenia de la Valdoncina · Sariegos · Sena de Luna · Sobrado · Soto de la Vega · Soto y Amío · Toral de los Guzmanes · Toreno · Torre del Bierzo · Toural dos Vados · Trabadelo · Truchas · Turcia · Urdiales del Páramo · Val de San Lorenzo · Valboa · Valdefresno · Valdefuentes del Páramo · Valdelugueros · Valdemora · Valdepiélago · Valdepolo · Valderas · Valderrey · Valderrueda · Valdesamario · Valdevimbre · Valencia de Don Juan · Vallecillo · Valverde-Enrique · Valverde de la Virgen · La Vecilla · Vega de Infanzones · A Veiga de Espiñareda · A Veiga de Valcarce · Vegacervera · Vegaquemada · Vegas del Condado · Vilafranca do Bierzo · Villablino · Villabraz · Villadangos del Páramo · Villademor de la Vega · Villagatón · Villamandos · Villamanín · Villamartín de Don Sancho · Villamañán · Villamejil · Villamol · Villamontán de la Valduerna · Villamoratiel de las Matas · Villanueva de las Manzanas · Villaobispo de Otero · Villaornate y Castro · Villaquejida · Villaquilambre · Villarejo de Órbigo · Villares de Órbigo · Villasabariego · Villaselán · Villaturiel · Villazala · Villazanzo de Valderaduey · Zotes del Páramo