Lemavos

De Desgalipedia
Os Lemavos adorando a Cthulhu.

Os Lemavos eran unha tribo castrexa que deu nome á bisbarra de Lemos. Foron moi famosos na Antigüidade polas súas exportacións de limóns, de ahí lle ven o nome.

Historia[editar]

Os Lemavos gardando Monforte de Lemos.

Os Lemavos foron coñecidos pola Xunta de Galicia grazas aos romanos que escribiron sobre eles, polo visto esta tribo castrexa procedía de Lemuria e chegou a estas terras fuxindo dos terremotos, asentáron a súa capital onde hoxe está o castelo de Monforte de Lemos e extenderon o seu dominio pola bisbarra grazas a que adoraban ao Trapezoedro resplandecente que os surtiu de alta tecnoloxía e putas gratis.

Cando chegou o Imperio Romano fixéronse amigos deles a cambio de recibir mais putas e vendérolle Pirita facéndollela pasar por ouro de verdade, debido a que as putas mediterráneas traían moitas ETS consigo ao final e debido ós cambios xenéticos da radioactividade vaticana degradáronse ata convertirse en galaicoromanos e desapareceron da Historia.

Cultura[editar]

A súa economía baseábase en pastorear enormes rebaños de Nibblers que alimentaban súas alta tecnoloxía. Soian adorar aos astros (Sol, lúa, planetoides...) con nomes impronunciables, así como tamén a ríos (Nabia, Deva) e sentimentos humanos (Cosso). O seu calendario tiña 366 noites divididas en tres estacións (verán, inverno, primaveira) e soían facer orxías pra que os deuses fixeran o mesmo crendo que así o mundo nunca se destruiría (os aztecas facían sacrificios humanos e sen embargo son mais famoso cos Leamvos... en fin).

Tiñan unha gastronomía baseada en wookies e estramonio, nas súas cerámicas soian pintar escenas de Bondage que algún arqueólogo teoriza con que sexan imaxes do deus Bandua.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Lemavos.

Outros artigos[editar]