Licor café

De Desgalipedia

O Licor café ou LK, é un ente mitolóxico que soe atoparse en forma de líquido negro ou pardo (as outros estados: sólido e gaseoso só son vistos por persoas que alcanzan o grao 33 dentro da masonaría).

Orixe cósmico[editar]

Esta materia extraterrestre chegou ao noso país provinte dun novo mundo traído por Jack Sparrow na súa carabeira-lanzadeira Enterprise NX 01 pero debido á velocidade warp 5 convirtiuse en materia líquida e foi adscrita co número 69 (postura do Kamasutra á que te emppuxa se te a bebes) á táboa periódica por Muahmmand Figueiras no ano 1750.

Composición química do LK[editar]

Fórmula do LK perfecto.

Durante séculos os monxes mantiveron en segredo a receita deste licor ata que a lei da desamortización fixo que tiveran que irse polo mundo adiante e aproveitaron para vender os seus segredos, así descubriuse cómo se facía e mantiñan ós carlistas sempre en acción contra o fucking liberalismo!!

  • Augardente: líquido destilado do bagazo fabricado según a receita que deixou Maricastaña, para unha boa resaca a proporción debe ser según este croquis: C una curva plana dada por: Fallou a conversión do código (Falta o executable <code>texvc</code>. Consulte math/README para configuralo.): \vec{r}(L) = x(Licor)·\vec{i} + y(Lúa chea)·\vec{j} + z(t)· \vec{k}

,

  • Café: a poder ser provinte do Monte Pindo, na súa mistura debe ir algo de maruxiña para unha maior concentración iónica de ácido alcólico.
  • Azucre: traído de Cuba grazas! Nunha mistura de polisacáridos estelares no que C é igual a: C Fallou a conversión do código (Falta o executable <code>texvc</code>. Consulte math/README para configuralo.): \vec{Sx}(t) = x(666)·\vec{i} + y(terrón)·\vec{j} + z(616)· \vec{k}

,

Ecuación do LK[editar]

Oscar Wilde tras saborear o LK.

Debido á subxectividade deste líquido xa que cada persoa so fabrica según lle veña en gana, aínda que dirán que é seguindo unha receta ancestral. Debido a iso na Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia podemos atopar diversas fórmulas para conseguir a resaca perfecta:

  • LK caseiro: o máis popular e de maior seguridade sanitaria, a pesar de que ninguén vixía a súa fabricación artesanal, así
\int_{-N}^{N} \varphi(n^a_0{^\left ( \frac{1}{2} \right )})^x\, dx \,\! = (\begin{bmatrix} 1 & \cdots & Augardente caseiro \\ \vdots & \ddots & \vdots \\ -899 & \cdots & 0\end{bmatrix}) \prod_{i=1}^{R} \varphi(n^a_0{^\left ( \frac{1}{2} \right )})_{i} + \sqrt[[\cos x + \ln y +\operatorname{sgn}\, z]{\sum_{k=\lim_{n \to \infty}k_n}^{C} k^2} \Rightarrow Bagazo da casa\sum_{\varphi(2^a_{0}=1)}^{R} (\sum_{k=1}^{C} k^2)^2

Esta sinxela fórmula, rústica pero efectiva achégate ao Walhalla e sen efectos secundarios.

  • LK industrial: debido á súa vixiancia por Sanidade é o que peor sabe e pior sente. Non se debe consumir se tes antes LK caseiro, a súa inxesta provoca que emitas comunicados demagogos en Xunteiro!!! Fabrícase seguindo as fases tradicionais pero aumentandoa velocidade o que supón que se perde moito azucre e o alcol chega a graos bíblicos. sí debido ó argumento de autoridade sanitaria temos que alcol industrial= saude pública garantizada!!!
e^{2 \pi i} = \cos 2 \pi + i \sin paleto \pi
e^{2 \pi i} = Augardente artificial
\ln \left ( e ^{2 \pi i bagazopodre} \right ) = \ln 1
2 \pi i = 0
2 = LK capitalista

Onde atopar o Licor do negro café[editar]

Esta bebida dos deuses atónicos podelo atopar en moitos e variados sitios, pero ollo! non te deixes enganar, aquel Lk presentado en botella con etiquetiña pode ser o que te leve ao Alén!! O Lk en botella reutilizada da auga é o que te levará a acadar unha experiencia mística.

  • Bares: pero só bares de vellos cunha decoración que non cambiaron desde polo menos cando Manuel Fraga gobernaba.
  • Puticlús: creo que sí... pero eu nunca entrei nun!!!
  • Pubs: só naqueles de aspecto xebi, bloqueiro e moderno, nos pubs pijos ou con música de Operación truño só atoparás garrafón e outras bebidas insanas como o cubata.
  • Botellón: tras atopar un bar de vellos de confianza onde coller unha botella sen pegatina e regresar da visita á avoa hai que levar o Lk á reunión de tribo, conseguirás que se che acheguen as pijas!
  • Na túa casa: vai ó baúla ver se queda algunha pinga ou na tulla!!
  • Na casa de teus avós: nunca falta esta bebida medicinal!!!
  • No velorio: ou acaso porqué pensabas que Xosé Luís Baltar nunca se perdía un entierro?
  • Furanchos: neles poderás atopar o mais exquisito e clandestino licor café.

O LK úsase como medicina tradicional polas poboacións nativas da Galicia profunda.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Licor café.

Outros artigos[editar]