Lingua galó

De Desgalipedia
Galo
gallo
Falado en: Francia d.JPG Francia
Rexión: Bretaña e Loire
Total de falantes: 28000
Clasificación xenética: Itálica, Románica, Ítalo-occidental, Occidental, Galo-ibérica, Galo-románica, Romance, Lenguas de oïl, Galó.
Escrita:
Estatuto oficial
Lingua oficial de:
Regulado por:
Códigos de lingua
ISO:
SIL:
Pays Gallo.svg.png
{{{mapalenda}}}


Nome da cidade de Loudéac ten o seu nome en galo, Loudia, na sinalización.

A lingua galó é unha lingua romance (por tanto, derivada do latín) pertencente ao grupo galorrománico, subgrupo de oïl. Algúns lingüistas tamén a denominan britorromance. Xunto co bretón, da familia das linguas celtas, o galó é unha das dúas linguas propias de Bretaña.

O galó fálase tradicionalmente na parte oriental de Bretaña (nos seus límites históricos), así como en boa parte do departamento de Mayenne e no noroeste de Maine-et-Loire (Alto Anjou).

Dentro do dominio de oïl, o galó encádrase tipolóxica e xeograficamente na súa área occidental e, por tanto, comparte numerosas características co normando e o pictevino-santonxés.