Lista de gañadores dos Premios Ig Nobel

De Desgalipedia
Hipopotamo.jpg Esta lista é taaaan longa que ler é aburrido e sonolento.
Non siga en expansión!

Esta é unha lista de gañadores dos Premios Ig Nobel dende o ano 1991 ata a actualidade. Os Premios Ig Nobel son unha parodia é a maior honra só superada dos Premios Nobel que se outorgan cada ano en outubro.

1991[editar]

  • Bioloxía - Robert Klark Graham, selector de sementes e profeta da propagación, pola creación do Repository for Germinal Choice, un banco de espermatozoides que só acepta doazóns de premios Nobel e deportistas olímpicos.
  • Química - Jacques Benveniste, prolífico proselitista e correspondente comprometido da natureza, polo seu descubrimento de que a auga, H2O, é un líquido intelixente, e por demostrar para a súa satisfacción que a auga é capaz de recordar eventos pasados tempo despois de que desaparecera calquera traza deles.
  • Economía - Michael Milken, titán de Wall Street e pai do bono lixo, con quen o mundo está en débeda (Milken non puido estar presente debido á condena de 15 a 20 anos en prisión, polas súas operacións fraudulentas na bolsa).
  • Educación - J. Danforth Quayle, consumidor de tempo e ocupador de espazo (así como vicepresidente dos Estados Unidos dende 1989 ata 1993) por demostrar, mellor ca ninguén, a necesidade da ciencia na educación.
  • Literatura - Erich von Däniken, anecdotista visionario e autor de Carros dos Deuses?, por explicar que a civilización humana foi influenciada por antigos astronautas do espazo exterior.
  • Medicina - Alan Kligerman, inventor da dixestión intencionada, vencedor contra o vapor, polo seu traballo pioneiro con líquidos anti-gas, que preveñen gases que causan malestar, inchazón e vergoña.
  • Paz - Edward Teller, pai da bomba de hidróxeno e primeiro fan do sistema de armas "A guerra das galaxias", polos seus continuos esforzos en cambiar o significado da paz tal e como a coñecemos.

1992[editar]

  • Arqueoloxía - Eclaireurs de France, un grupo scout, borradores de graffitis, por danar as pinturas prehistóricas de dous bisontes na cova de Mayrière supérieure cerca da vila francesa de Bruniquel.
  • Arte - Presentado conxuntamente a Jim Knowlton, home do renacemento moderno, polo seu póster de anatomía "penes do reino animal", e ao U.S. National Endowment for the Arts, por animar a Knowlton a estender o seu traballo nun libro con ilustracións en releve.
  • Bioloxía - Dr. Cecil Jacobson, incesantemente xeneroso doador de esperma, e patriarca prolífico de bancos de seme, por deseñar un método de control de calidade sinxelo e sen axuda.
  • Química - Ivette Bassa, deseñadora de coloides coloreados, polo seu papel no maior logro da química no século XX, a síntese de xelatina de cor azul brillante (en inglés "bright blue Jell-O", que se pronuncia igual que "amarelo azul brillante". Jell-O é unha marca comercial de xelatina).
  • Economía - Os inversores de Lloyd's of London, herdeiros de 300 anos de prudente e aburrida xestión, polo seu atrevido intento de asegura-lo desastre, negándose a pagar as perdas económicas da súa compañía.
  • Literatura - Yuri Struchkov, imparable autor do Instituto de Compostos Organometálicos en Moscú, polos 948 artigos que publicou entre os anos 1981 e 1990, cunha media dun artigo cada 3.9 días.
  • Medicina - F. Kanda, E. Yagi, M. Fukuda, K. Nakajima, T. Ohta, e O. Nakata do Centro de Investigación de Shiseido en Yokohama, polo seu estudo de investigación pioneiro "Elucidación dos compostos químicos responsables do mal olor de pés", e especialmente pola súa conclusión de que a xente que pensa que ten mal olor de pés, teno, e a xente que non o pensa, non o ten.
  • Nutrición - Os usuarios da carne de porco en conserva SPAM, valentes consumidores de comestibles en lata, por 54 anos de dixestión indiscriminada.
  • Paz - Daryl Gates, antigo xefe de policía da cidade dos Ánxeles, polos seus métodos persuasivos únicos para facer que a xente se reúna. (Daryl Gates era xefe de policía en L.A. en 1992, cando catro policías brancos apalearon sen motivo ao cidadán negro Rodney King, o que provocou unha semana de alzamento popular coñecida como "o motín de Los Angeles", que se saldou con 53 mortos, 2000 detidos, máis de 1000 millóns de dólares en danos materiais, e a destitución de Gates do seu cargo. Tras a súa destitución, Gates afirmou publicamente "deberíamos terlle voado os miolos a máis de un").
  • Física - David Chorley e Doug Bower, leóns da física de baixa enerxía, pola súa contribución á teoría de campos baseada na destrución en forma de figuras xeométricas das colleitas inglesas.

1993[editar]

  • Bioloxía - Presentado conxuntamente a Paul Williams Jr. da Oregon State Health Division e a Kenneth W. Newel da Liverpool School of Tropical Medicine, audaces detectives biolóxicos, polo seu estudo pioneiro, "Excreción de Salmonella en porcos que son montados por diversión".
  • Química - Presentado conxuntamente a James Campbell e a Gaines Campbell de Lookout Mountain, Tennessee, dedicados repartidores de fragrancias, por inventar as tiras de aroma, o detestable método mediante o cal o perfume se aplica ás páxinas das revistas.
  • Enxeñería de consumo - Ron Popeil, incesante inventor e perpetuo animador da televisión nocturna, por redefinir a revolución industrial con aparellos coma o Verduromatic, a caña de pescar de peto, o Sr. Micrófono, e o batedor de ovos dende dentro da casca.
  • Economía - Ravi Batra da Southern Methodist University, economista sagaz e autor dos best-séllers "A gran depresión de 1990" ($17.95) e "Sobrevivir á gran depresión de 1990" ($18.95), por vender as suficientes copias dos seus libros como para evitar por sí só o colapso da economía mundial.
  • Literatura - E. Topol, R. Califf, F. Van de Werf, P. W. Armstrong, e outros 972 coautores, por publicar un artigo de investigación médica que tiña cen veces máis autores que páxinas. Os autores son dos seguintes países: Australia, Bélxica, Canadá, Francia, Alemaña, Irlanda, Israel, Luxemburgo, Países Baixos, Nova Zelanda, Polonia, España, Suíza, Reino Unido e Estados Unidos.
  • Matemáticas - Robert W. Faid de Greenville, Carolina do Sur, clarividente e fiel profeta da estadística, por calcular a probabilidade exacta (8.606.091.751.882 contra 1) de que Mikhail Gorbachev sexa o Anticristo.
  • Medicina - James F. Nolan, Thomas J. Stillwell, e John P. Sands, médicos piadosos, polo seu meticuloso informe de investigación, "Manexo perspicaz de penes atrapados pola cremalleira".
  • Paz - A Compañía Pepsi-Cola de Filipinas, por promocionar un concurso con premios millonarios, e despois anunciar un número incorrecto de gañadores, incitando e unindo deste xeito a 800.000 descontrolados expectantes gañadores, e conseguindo unir nunha soa causa a múltiples faccións enfrontadas por primeira vez na historia dese país. (O ordenador da compañía sufriu un fallo durante unha promoción en 1993, o que fixo que en lugar de 18 tapóns gañadores, se imprimiran e distribuíran 800.000, co conseguinte enfado por parte dos falsos gañadores, que quedaron sen o seu premio. A compañía foi obxecto de máis de 5.000 querelas criminais, e unha condena por "neglixencia laboral" e "publicidade enganadora", o que lle ocasionou uns gastos de máis de 10 millóns de dólares cando os premios pensados inicialmente ascendían a un total de 720.000 dólares).
  • Física - Corentin Louis Kervran de Francia, ardente admirador da alquimia, pola súa conclusión de que o calcio nas cascas de ovos de galiña crease por un proceso de fusión fría.
  • Psicoloxía - Presentado conxuntamente a John Edward Mack da Harvard Medical School e a David M. Jacobs da Temple University, pola súa conclusión de que a xente que cree que foron secuestrados por alieníxenas do espazo exterior, probablemente o foron, e especialmente pola conclusión de que "o obxectivo da abdución é a produción de nenos".
  • Tecnoloxía visionaria - Presentado conxuntamente a Jay Schiffman de Farmington Hills, Michigan, xenial inventor da Autovisión, un aparello para proxectar imaxes que permite conducir un coche e ve-la televisión ao mesmo tempo, e ás autoridades do estado de Michigan, por permitir o uso legal do aparello.

1994[editar]

  • Bioloxía - W. Brian Sweeney, Brian Krafte-Jacobs, Jeffrey W. Britton, e Wayne Hansen, polo seu significativo estudo "O soldado estrinxido: difusión entre as tropas estadounidenses despregadas" e especialmente pola súa análise numérica da frecuencia dos movementos intestinais.
  • Química - Bob Glasgow, senador do estado de Texas, sabio redactor de lexislación lóxica, por promocionar a lei de control de drogas de 1989, pola que se converteu en ilegal a compra de vasos de precipitados, matraces, tubos de ensaio e outro material de laboratorio feito de vidro sen ter permiso.
  • Economía - Juan Pablo Davila de Chile, incansable negociador de futuros financeiros e antigo empregado da compañía estatal Codelco, por programar o seu ordenador para "comprar" cando quería dicir "vender". Posteriormente intentou recuperar as súas perdas facendo transaccións cada vez máis infrutuosas que provocaron finalmente a perda do 0.5 por cento do Produto Nacional Bruto de Chile. O incrible logro de Davila inspirou ós seus compatriotas a crear o verbo "davilar", que quere dicir "fastidiala solemnemente". Máis tarde na corte comprobouse que non fora un erro informático senón que el estaba a cometer unha estafa, polo que hoxe está no cárcere.
  • Entomoloxía - Robert A. López, de Wesport, Nova York, valente veterinario e amigo de tódalas criaturas grandes e pequenas, pola súa serie de experimentos para obter ácaros dos gatos, inseríndoos nas súas propias orellas, observándoos coidadosamente e analizando os resultados.
  • Literatura - L. Ron Hubbard, apaixonado autor de ciencia ficción e pai fundador da Ciencioloxía, polo seu libro Dianética, que é altamente beneficioso para a humanidade, ou para unha parte dela.
  • Matemáticas - Igrexa Baptista do Sur de Alabama, medidores matemáticos da moralidade, polas súas estimacións, condado por condado, de cantos cidadáns de Alabama irán ó inferno se non se arrepinten.
  • Medicina - Dous premios. O primeiro para o paciente X, antigo membro do corpo de Marines de Estados Unidos, valente vítima da picadura velenosa dunha serpe de cascabel, polo seu decidido uso de terapia de electroshock. Pola súa insistencia conectaron ós seus beizos os cables de acendido das buxías dun automóbil que foi posto a 3.000 revolucións por minuto durante 5 minutos. O segundo a Dr. Richard C. Dart do Rocky Mountain Poison Center e a Dr. Richard A. Gustafson do The University of Arizona Health Sciences Center, polo seu ben fundamentado informe "Fallo da terapia de electroshock como tratamento para o envelenamento da serpe de cascabel".
  • Paz - John Hagelin da Maharishi University e The Institute of Science, Technology and Public Policy, pola súa conclusión experimental de que 4.000 meditadores adestrados provocaron un descenso dun 18 por cento de crimes violentos en Washington, D.C.
  • Psicoloxía - Lee Kuan Yew, antigo primeiro ministro de Singapur, por estudar durante 30 anos o efecto de castigar a tres millóns de cidadáns de Singapur cada vez de cuspían, mascaban chicle ou daban de comer ás pombas.

1995[editar]

  • Química - Bijan Pakzad de Beverly Hills, por crear a Colonia ADN e o Perfume ADN. Ningún dos dous contiña ácido desoxirribonucleico e ambos estaban presentados nun frasco en forma de triple hélice.
  • Odontoloxía - Robert H. Beaumont, de Shoreview, Minnesota, polo seu incisivo estudo "Preferencia dos pacientes polo fío dental con ou sen cera".
  • Economía - Presentado conxuntamente a Nick Leeson e ós seus superiores no Barings Bank e a Robert Citron de Orange County, California, por usar o cálculo diferencial para demostrar que todas as entidades financeiras teñen os seus límites.
  • Literatura - David B. Busch e James R. Starling, de Madison, Wisconsin, polo seu informe de investigación, "Corpos rectais alleos: casos reportados e unha revisión completa da literatura mundial". As citas inclúen informes de, entre outros obxectos, sete bombillas, un afiador de coitelos, dúas lanternas, un resorte, unha caixa de rapé, unha lata de aceite, sete tipos diferentes de froitas, vexetais e produtos alimenticios, unha serra de xoieiro, unha cola de porco conxelada, unha copa de estaño, un vaso de cervexa, e unha destacable colección dun paciente consistente nunhas lentes, unha chave dunha maleta, unha bolsa de tabaco e unha revista.
  • Medicina - Marcia E. Buebel, David S. Shannahoff-Khalsa, e Michael R. Boyle, polo seu estudo titulado "Efectos da respiración forzada por un só burato do nariz sobre a capacidade cognitiva".
  • Nutrición - John Martinez de J. Martinez & Company en Atlanta, polo Café Luak, o café máis caro do mundo, que está feito cos graos de café inxeridos e excrementados por un luak, un animal parecido a un lince vermello orixinario de Indonesia.
  • Paz - Parlamento nacional de Taiwan, por demostrar que os políticos gañan máis dándose puñetazos, patadas e pelexándose os uns cos outros que declarando a guerra a outras nacións.
  • Física - Dominique M.R. Georget, R. Parker, e Andrew C. Smith de Norwich, Inglaterra, pola súa rigorosa análise dos cereais de almorzo empapados. Foi publicado nun informe titulado "Un estudo dos efectos do contido de auga no compactamento de copos de cereais de almorzo".
  • Psicoloxía - Shigeru Watanabe, Junko Sakamoto, e Masumi Wakita, da Keio University, polo seu éxito no adestramento de pombas para distinguir entre as pinturas de Picasso e de Monet.
  • Saúde Pública - Martha Kold Bakkevig de Sintef Unimed en Trondheim, Noruega, e Ruth Nielsen da Technical University of Denmark, polo seu exhaustivo estudo "Impacto da roupa interior húmida nas respostas termorreguladoras e no confort térmico no frío".

1996[editar]

  • Arte - Don Featherstone de Fitchburg, Massachusetts, polo seu invento ornamental evolutivo, the flamenco rosa de plástico.
  • Biodiversidade - Chonosuke Okamura do Okamura Fossil Laboratory en Nagoya, Xapón, por descubrir os fósiles de dinosaurios, cabalos, dragóns e máis dun milleiro doutras mini-especies extintas, todos con dimensións inferiores a 0.25 mm.
  • Bioloxía - Presentado conxuntamente a Anders Barheim e Hogne Sandvik da University of Bergen, Noruega, polo seu informe "Efecto da cervexa, allo e nata agre no apetito de sambesugas".
  • Química - George Goble da Purdue University, polo seu vertixinoso record mundial de tempo para acender unha grella: 3 segundos. Para iso, utilizou carbón vexetal e osíxeno líquido.
  • Economía - Dr. Robert J. Genco da University at Buffalo por descubrir que "a presión económica é un indicador de risco para as enfermidades periodontais destructivas".
  • Literatura - Editores da revista Social Text polo seu empeño en publicar unha investigación sen sentido que eles mesmos non entendían. O autor do artigo afirmaba que carecía de significado e defendía a tese de que a realidade non existe.
  • Medicine - James Johnston de R.J. Reynolds, Joseph Taddeo de U.S. Tobacco, Andrew Tisch de Lorillard, William Campbell de Philip Morris, Edward A. Horrigan de Liggett Group, Donald S. Johnston de American Tobacco Company, e Thomas E. Sandefur, Jr., presidente de Brown and Williamson Tobacco Company, polo seu inquebrantable descubrimento, como declararon ó Congreso dos Estados Unidos, de que a nicotina non é adictiva.
  • Paz - Jacques Chirac, presidente de Francia, por conmemorar o quincuaxésimo aniversario da bomba de Hiroshima con probas de bombas atómicas no Pacífico.
  • Física - Robert Matthews da Aston University, Inglaterra, polos seus estudos das leis de Murphy, e especialmente por demostrar que unha torrada sempre cae do lado da manteiga.
  • Saúde Pública - Ellen Kleist de Nuuk, Groenlandia e Harald Moi de Oslo, Noruega, polo seu instructivo informe médico "Transmisión da gonorrea a través dunha boneca inchable".

1997[editar]

  • Astronomía - Richard C. Hoagland de Nova Jersey, por identificar características artificiais na Lúa e en Marte, incluíndo unha cara humana en Marte e edificios dunha altura de dez millas na cara oculta da lúa.
  • Bioloxía - T. Yagyu e os seus colegas do University Hospital de Zúric, Suíza, a Kansai Medical University en Osaca, Xapón, e o Neuroscience Technology Research en Praga, República Checa, por medi-los patróns de ondas cerebrais en persoas que mascaban chicles de distintos sabores.
  • Comunicacións - Sanford Wallace, presidente de Cyber Promotions de Philadelphia. Nada parou a este autoproclamado mensaxeiro ó enviar correo electrónico indesexado a tódalas direccións do mundo.
  • Economía - Akihiro Yokoi da Wiz Company en Chiba, Xapón, e Aki Maita da Bandai Company en Toquio, por desviar millóns de horas de traballo para criar mascotas virtuais.
  • Entomoloxía - Mark Hostetler, da University of Florida, polo seu libro "Esa porcallada no teu coche", que permite identificar os insectos que se estrelan nas ventás dos automóbiles.
  • Literatura - Doron Witztum, Eliyahu Rips, e Yoav Rosenberg de Israel, e Michael Drosnin dos Estados Unidos polo seu descubrimento estadístico de que a Biblia contén un código secreto e oculto.
  • Medicina - Carl J. Charnetski e Francis X. Brennan, Jr. da Wilkes University, e James F. Harrison de Muzak Ltd. en Seattle, Washington, polo seu descubrimento de que escoita-la música dos ascensores Muzak estimula a produción do sistema inmunolóxico e polo tanto prevén o arrefriado común.
  • Meteoroloxía - Bernard Vonnegut da State University of New York en Albania, polo seu informe "O cacareo dos polos como medida da velocidade do vento nun tornado".
  • Paz - Harold Hillman da University of Surrey, Inglaterra, polo seu informe "A posible dor experimentada durante a execución con diferentes métodos".
  • Física - John Bockris da Texas A&M University, polos seus logros na fusión fría, na transmutación de elementos base en ouro e na incineración electroquímica de lixo doméstico.

1998[editar]

  • Química - Jacques Benveniste (premio Ig Nobel de Química en 1991) de Francia, polo seu descubrimento na Homeopatía de que a auga non só ten memoria, senón que a información pode ser transmitida a través de liñas telefónicas ou da Internet.
  • Bioloxía - Peter Fong do Gettysburg College, Gettysburg, Pennsylvania, por contribuír á felicidade das almexas dándolles Prozac.
  • Economía - Richard Seed de Chicago polos seus esforzos para impulsar a economía mundial tentando clonarse a sí mesmo e a outros seres humáns.
  • Literatura - Mara Sidoli de Washington, D.C., polo seu esclarecedor informe "As flatulencias como defensa contra os terrores innomeables".
  • Medicina - Paciente Y e os seus médicos, Caroline Mills, Meirion Llewelyn, David Kelly, e Peter Holt, do Royal Gwent Hospital, en Newport polo seu instrutivo informe médico "Un home que pinchou o seu dedo e cheirou a podre durante 5 anos".
  • Paz - Shri Atal Bihari Vajpayee, primeiro ministro da India e Nawaz Sharif, primeiro ministro de Pakistan, polas súas agresivamente pacíficas detonacións de bombas atómicas.
  • Física - Deepak Chopra de The Chopra Center for Well Being, La Jolla, California, pola súa interpretación única das aplicacións da mecánica cuántica á vida, a liberdade e a procura da felicidade económica.
  • Enxeñería de seguridade - Troy Hurtubise, de North Bay, Ontario, por desenvolver e ensaiar persoalmente a eficacia dun traxe blindado contra os ataques dos osos grizzly.
  • Educación científica - Dolores Krieger, profesora emérita da New York University, por demostrar os méritos do toque terapéutico, un método mediante o cal as enfermeiras manipulan os campos de enerxía dos pacientes que se queixan evitando coidadosamente o contacto físico con eses pacientes.
  • Estatística - Jerald Bain do Mt. Sinai Hospital en Toronto e Kerry Siminoski da University of Alberta, polo seu coidadosamente medido informe "A relación entre a altura, a lonxitude do pene e o tamaño do pé".

1999[editar]

  • Bioloxía - Dr. Paul Bosland, director de The Chili Pepper Institute, New Mexico State University, Las Cruces, Novo México, por conseguir producir un pemento jalapeño que non pica.
  • Química - Takeshi Makino, presidente da Axencia de detectives pola seguridade de Osaka, Xapón, pola súa implicación en S-Check, un spray para a detección de infidelidades que as mulleres poden aplicar na roupa interior dos seus maridos.
  • Protección do medio ambiente - Hyuk-ho Kwon da Kolon Company de Seúl, Corea do Sur, por inventar o traxe de negocios auto-perfumante.
  • Literatura - British Standards Institution por a súa especificación de seis páxinas (BS 6008) na que se especifica a forma correcta de facer unha copa de té.
  • Asistencia sanitaria xestionada - George Blonsky e Charlotte Blonsky das cidades de New York City e San José, California, por inventar un aparello (US Patent 3,216,423) para axudar ás mulleres a dar a luz. Neste aparello átase á muller a unha táboa circular que xira a alta velocidade.
  • Medicina - Dr. Arvid Vatle de Stord, Noruega, por reunir, clasificar e considerar coidadosamente que clase de recipientes elexían os seus pacientes para entregar mostras de urina.
  • Paz - Charl Fourie e Michelle Wong de Johannesburgo, Suráfrica, por inventar o Blaster, un lanzachamas activado cun pedal que os automobilistas poden utilizar en caso de intento de roubo.
  • Física - Dr. Len Fisher de Bath, Inglaterra e Sydney, Australia por calcular a maneira óptima de mollar unha galleta, e Profesor Jean-Marc Vanden-Broeck da University of East Anglia, Inglaterra, e Bélxica, por calcular como facer unha teteira que non pinga.
  • Educación científica - Kansas State Board of Education e Colorado State Board of Education, por indicar que os nenos non deberían crer na teoría da evolución de Darwin máis do que cren na teoría de gravitación de Newton, a teoría de electromagnetismo de Faraday e Maxwell ou a teoría de Pasteur de que os xermes causan enfermidades.
  • Socioloxía - Steve Penfold, da York University en Toronto, por facer a súa tese de doutoramento sobre a historia das tendas de donuts canadenses.