Lobeira

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Lobeira (homónimos).
Lobeira
Escudo de Lobeira
Lobeirana.jpg
Situación
Situacion Lobeira.PNG
Xentilicio[1]
Xeografía
Provincia Ourense
Comarca Comarca da Baixa Limia.
Poboación hab. (2019)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
elección dixital
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.

Lobeira é un concello da fronteira galega, chave do reino de Galiza. Lobeira é famosa polo lobas que son súas mulleres, as lobeiranas, que como te pillen te desmontan!!!

De aquí sacan os de Playboy a todas as súas rapazas mais ardentes, algunhas mesmo teñen chegado a reinar: Raíña Loba, Margaret Thatcher, Raíña Lupa, Esperanza Aguirre, Catalina de Rusia, etc.

Historia[editar]

Os habitantes da Raia fuxindo da fronteira durante os ataques na Guerra de Restauración Portuguesa.

Lobeira foi fundada pola Raíña Lupa (que desde aquí viaxou na mente dun monxe de Bande ao Códice Calixtino e así chegou onda nós) tras conquistar estas terras aos Quarquernos (primeiro entrenou ao exército do primeiro príncipe castrexo que atopou e conquistou con el varios reinos pequenos, logo deulle un golpe de estado e quedou ela de rei).

Durante a Idade Media foi lugar de paso de exércitos, cando o rei de Portugal ía conquistar a Limia Alta e cando o rei de Galicia ou Castela pasaban por aquí a ver si recuperaban Galicia do Sur. Pero pro tema de cobrar impostos diso encargábase o conde de Ribadavia e pra que ningún labrego ou pastor se lle rebelase puxeron aquí un mosteiro onde os monxes ensinaban resignación cristiana e que era mellor non rebelarse que total xa o pasarían ben no Alén.

En canto o Estado concedeu permiso pra saír do reino emigraron miles de persoas cara América e Europa e desde entón foise despoboando esta zona, ficando como unha selva abandoada onde poden agocharse Al Quaeda, ionkis, bandoleiros, garda civil, cancadrilos, tribos caníbales, etc.

Xeografía[editar]

Atópase nun val regado ampliamente polos ríos e regatos que caen do Monte Meda (mais alá atópase Oscuria), a súa situación privilexiada fixo que aquí agromasen centos de civilizacións respetuosas co medio ambiente, debido a iso non deixaron nin rastro e por iso non saen nos libros de Historia de Gitaña nin tan sequera nos manuais de historia local da Deputación de Ourense.

Nesta zona atópanse centos de volcáns subterráneos que fan surxir cada pouco aquí unha nova montaña e outeiros movedizos, o que fai que algunhas aldeas se atopen da noite para a mañá noutro sitio, razón pola cal esta zona é das mais deshabitadas (algúns xornais malévolos de Madrid afirman que é polo carácter conservador e a existencia de lobishomes e meigas nestas zonas) xa que a ninguén lle apetece durmirse en Monte Logo e espertar ao lado de Grou.

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Lobeira
Escudo de Lobeira.jpg
A Fraga (San Bartolomeu) | Lobeira (San Vicente) | Monte Longo (Santa Cristina) | Parada (Santa Eufemia) | San Martiño de Grou (San Martiño) | San Xes de Vilariño (San Xes) | Santa Comba (San Trocado) | Santa Cruz de Grou (Santa Cruz)

Lugares de Lobeira[editar]

Lugares interesantes de Lobeira[editar]

Así era antes a Casiña do Rei en Parada, Lobeira.
  • Parada: aquí naceu José Manuel Parada na casiña do rei, uns penedos con marcas que é canto queda do pazo do rei Andeca, enfrente desta vila atópanse as granxas das SS onde Himmler case crea ao übermensch!!
  • Nosa Señora do Viso: capela situada sobre un castro e garda a entrada á cova onde se atopa encarcerada María Soliña.
  • Poza da Travesa: onde xa ten aparecido Nessie nas súas vacacións invernais.
  • Senderiz: onde se fundou o Reino Suevo.
  • Baldemir: aquí aínda se conserva a casa de putas onde pasou unha noite Edgar Allan Poe e conta cunha igrexa que alberga un misil intercontinental dentro do seu campanario.
  • Portela de Pau: por onde poder traficar con drogas, putas, produtos financieiros,etc pola Raia seca con Portugal.
  • Grou: a parroquia mas grande, tanto que se reparte antre os concellos de Lobeira e Lobios, ademias existe San Martiño de Grou e Santa Cruz de Grou, e iso sen contar con San Mamede de Grou, que está en Lobios... A pesar do nome por aquí os mais vellos nunca viron un grou (como moito pasan por Andalucía).
  • A Fraga: a aldea de Lobeira mais illada do mundo, alí só teñen internet a base dun complexo sistema de poleas, a vaca é sagrada, adoran ao demo e soen ir en pelotas todo o ano...
  • Vilariño: aquí podes atopar o sepulcro do Rei Artur reutilizado nun balado!

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Lobeira.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Concellos da Comarca da Baixa Limia
Comarca da Baixa Limia
Bande
Bande
Entrimo
Entrimo
Lobeira
Lobeira
Lobios
Lobios
Muíños
Muíños
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Ourense Bandeira de Ourense.png
Provincia de Ourense en debuxo.jpg
Allariz - Amoeiro - A Arnoia - Avión - Baltar - Bande - Baños de Molgas - Barbadás - O Barco de Valdeorras - Beade - Beariz - Os Blancos - Boborás - A Bola - O Bolo - Calvos de Randín - Carballeda de Avia - Carballeda de Valdeorras - O Carballiño - Cartelle - Castrelo de Miño - Castrelo do Val - Castro Caldelas - Celanova - Cenlle - Chandrexa de Queixa - Coles - Cortegada - Cualedro - Entrimo - Esgos - Gomesende - A Gudiña - O Irixo - Larouco - Laza - Leiro - Lobeira - Lobios - Maceda - Manzaneda - Maside - Melón - A Merca - A Mezquita - Montederramo - Monterrei - Muíños - Nogueira de Ramuín - Oímbra - Ourense - Paderne de Allariz - Padrenda - Parada de Sil - O Pereiro de Aguiar - A Peroxa - Petín - Piñor - A Pobra de Trives - Pontedeva - Porqueira - Punxín - Quintela de Leirado - Rairiz de Veiga - Ramirás - Ribadavia - Riós - A Rúa - Rubiá - San Amaro - San Cibrao das Viñas - San Cristovo de Cea - San Xoán de Río - Sandiás - Sarreaus - Taboadela - A Teixeira - Toén - Trasmiras - A Veiga - Verea - Verín - Viana do Bolo - Vilamarín - Vilamartín de Valdeorras - Vilar de Barrio - Vilar de Santos - Vilardevós - Vilariño de Conso - Xinzo de Limia - Xunqueira de Ambía - Xunqueira de Espadanedo