Lobo

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Lobo (homónimos).
Lobo
Rango fósil: Plistoceno–Actualidade
Un lobo compenetrado, escollendo a próxima vítima a ser sodomizada.
Un lobo compenetrado, escollendo a próxima vítima a ser sodomizada.
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Canidae
Subfamilia: Caninae
Tribo: Canini
Xénero: 'Canis'
Especie: ''C. lupus''
Nome binomial
''Canis lupus''
Linnaeus, 1758
Distribución. Verde, actual; vermello, antiga.

Distribución. Verde, actual; vermello, antiga.
Subespecies

39 ssp., ver subespecies de lobo

O lobo é un animal doméstico que os donos soltan no monte cando é maior debido a que lle teñen medo por si os come a eles, e así no monte pois come ás cabras e os coellos en vez de a eles.

Tamén é o inimigo principal do home, un ser maléfico e endiañado, nocturno e tónico, dotado de poderes sobrenaturais.

Hábitos alimenticios[editar]

Lobos comendo un dinosauro.

O lobo non pode andar nin acometer mais que de noite, é nictálope, ve na escuridade e en troques, fuxe da luz; tena tanta forza na vista que produce fascinación (como a cobra) de tal forma que cada vez que os cazadores de Parada de Sil ou Rodeiro (Lalín) cando lle van disparar non lles sae o tiro e incluso lles sae a bala pola culata ou de lado matando a algún cazador compañeiro.

Os de Melide pensan que o lobo sempre quere morrer coa boca chea, sexa de herba sexa de carne e como non hai sempre comida ten que vivir 3 meses de carne, 3 meses de barro tres de aire e 3 de folgazán de maneira que se che sae ó camiño en tempo de barro ou de aire non lle tes porque ter medo ningún xa que Deus o castigou a vivir dese xeito.

Tampouco pode comer mais que a metade esquerda das súas presas, que é a do demo, e deixa sempre a dereita que é a de deus. Para se botar á xente, xúntase sempre con outros; cvan acompañando ao home a certa distancia que vai d enoite e cand vai chegar a onde hai xente é cando o acometen. Se un lobo só logra matar un home, soe tapalo con follas e vai chamar por outros para comelo entre todos. Se o home agatiña a unha árbore pode agardar toda anoite abaixo ou riñar a árbore ata tumablo.

Cando ve que a víctima (besta ou facenda) se pode defender, procula cegala, emobrcallándose nunha lagorza e sacudíndose despois para botarlle barro ós ollos.

Superpoderes[editar]

Debido a súa fereza deben estar en xaulas.

O lobo produce no home dous efectos moi especiais: o arrepío e o ambazamento.

  • Arrepío: cando o lobo ve ó home enantes de que o home o vexa a él, o home sente un arrepío no corpo, que lle pon o pelo de punta, tanto, que lle fai caer da cabeza a pucha ou chapeu, e sente que a roupa se lle pon frouxa.
  • Embazamento: o lobo tlle a fala do home nas mesmas condicións anteriores; a presencia inda non vista, do lobo causa no home unha afasia, que pode durara ata oito días, acompañado doutros fenómenos nerviosos e fisiolóxicos;sobre todo debido ó bafo que solta pola boca esta fera ou polo cheirume que solta seu pelo.

Os peeiros dos lobos[editar]

Hai algúns homes e mulleres, que marchan da casa e andan cos lobos dun lado para outro, e incluso chegan ser xefes das mandas ao ter máis saber acerca de cómo chegar ata as galiñas e por onde pastorean o gando e cando están mais indefensos, e van cos lobos e cometen os memso crimes que eles, coa salvidade de que fan mal porque queren e tendo coñecemento diso, aparte de que non perden a figura humana.

A peeira mais coñecida foi unha rapaza de Lugo, que fuxiu da casa e vivía nunha cova no monte, obedecida por tódolos lobos naquela terra; ela coidábaos, alimentaba ós lobiños pequenos e non quería ser descuberta, Un día un mozo que ía á feira de Chantada e encontrouna e fíxolle un servicio sexual, polo cal a peeira dos lobos deulle de cear na súa cova e mandouno para a súa casa escoltado por catro lobos que metían medo, mais esixíndolle o maior segredo. Non tardou o mozo en referir secretamente o suceso a outro rapaz a súa aventura e, en castigo, a primeira vez que saíu de noite comérono os lobos.

Lobishomes[editar]

Unha fermosa lobismuller.

Algúns humanos chegaron a convertirse en lobos, debido ós seus noxentos pecados (como La Raimbaude, Verdung e Burgot, Gilles Garnier e Troos-Échelles). Noutra orde están os enfermos mentais que con especial lesión da imaxinativa (según o Padre Feixoo) pola cal os que a padecen xúlganse convertidos nunha especie de brutos, esta turbación da conciencia pola cal se imaxinan convertidos en lobos ós leva a cometer crimes (como Manuel Blanco Romasanta).

Aínda que todo o mundo ben sabe que pra convertirse en lobishome é por culpa dunha fada, dun destino, unha desgracia que lle cae a un humano e tena que cumprir sen remedio, polo tempo que sexa, a non ser que alguén os agarde de cando regresen dunha volta e cando o lobishome ou lobismuller se saque a pelexa, o bo cristián tena que cachar cunha vara de aciñeira e botala ao lume e sostela contra as lapas porque a pel tentará fuxir cara o seu dono e así será destruida a fada do desgraciado e non voltará ser lobishome.

Tamén lles sucede ás familias que teñen 7 fillos, o último ha de ser lobishome se son todas mulleres a 7ª ha de ser meiga, e iso de que o sexto irmán faga de padriño no bautizo non serve pra nada. A fada pódenlla tamén botar a un que non trouxera este sino, como os pais cando se cabrean cos fillos e lle soltan "inda te has voltar lobo", ao día seguinte o fillo andará feito un lobishome e se ninguén lle fai o truco da pel sempre o será. Tamén pode caer a fada por bruxería, envexa ou malo de olllo.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Lobo.

Outros artigos[editar]