Lord Voldemort

De Desgalipedia
Dirty McNasty-01.jpg Lord Voldemort é demandado pola CIA, KGB e por Jack Bauer
por crimes contra a sociedade e é moi perigoso.

Nosa Señora de Desgalipedia odia cousas como Lord Voldemort
e ha chamar o superheroe Administrador maligno para te prender.

Paco Voldemort

[[Imaxe:|225px|]]

Editorial Harry Potter
Primeira aparición '
Creado por J. K. Rowling
Datos vitais
Nome real María da Escravitude García Gonçalves.
Clasificación
Posición subdirector do CUVI
Nacionalidade
Afiliacións
Compañeiros
Outros alias
Lealdade {{{lealdade}}}
Poderes
Habilidades especiais
Armas
Debilidade

Lord Voldemort é un cabaleiro do Imperio Británico.

Acerca da súa vida e vicios[editar]

Voldemort naceu en Nova Inglaterra, alí estudiou na universidade de Miskatonic e logo foi facer o bacharelato de artes máxicas a Hogwarts, alí converteuse no macho alfa e traia a todas toliñas ata que un día pasouse coa fariña de Colombia e perdeu o nariz ao memso tempo todas as comebolsas abandoárono, excepto a muller de Tim Burton que é así de rara, xuntos pasáronse ao lado escuro da forza e pactaron con Sauron para usar a maxia para dominar o mundo.

A pesares diso seguiu de alumno en Hogwarts, ao rematar os estudos quixo ser mestre xa que Voldemort ten pouca ambición e quería vivir de ser funcionario pero debido a que lle gustaba comer nenos pequenos acabou sendo expulsado así que organizou o seu propio Howgarts co inocente nome de Watch Tower of Two towers of the ring. Esa escola comezou a ter moito éxito polo que Angus Dumbledore comezou a facer campaña suxa de propaganda contra él ao ver que non conseguía nada finalmente evitou a Voldemort á sua primeira comuñón polo que él viuse na obriga de invitar tamén a Dumbledore a seu 666º cumpreanos. Dumbledore aproveitou e regaloulle unha colonia para a magnífica melenasa que tiña Voldemort pero a ducharse con ela caíuselle todo o pelo e ficou calvo, Voldemort xurou matar a Dumbledore.

Pero Angus era mais listo, fundou o grupo AC/DC e grazs a iso conseguiu a unha groupie, a nai de Harry Potter e creou a éste co fin último de que éste neniño matase a Voldemort. Ao sabelo Voldemort matou aos pais de Harry. Cando éste o soubo meteuse a policía e foi famoso co nome de Harry o suxo, logo foi estudiar a Hogwarts onde o Mestre Mutenroi lle ensinou como matar a Voldemort canalizando o seu Qi, pero paa tocarlle os collóns a Voldemort primeiro destruino a estrela da morte, Voldemort colleu medo e agochou a súa alma en varios obxectos femeninos, chamado horrocruxes (que foron un tanga, un tampón e un lapis labial) para que seus enemigos non o descubriran nunca, xa que eran homes. Pero Harry fíxose crossdresser e atopounos todos destruíndoos polo que Voldemort decidiu agochar o seu último cacho de alma dentro de Harry, polo que Dumbledore incitou ao mozo a suicidarse léndolle todas as novelas de Jean-Paul Sartre, que como son existencialsitas e empuxan á náuse a existencial lle axudarían a que se tirase a vida. Pero eso non funcionou, polo que Angus decidiu suicidarse a ver se así seu alumno o imitaba pero Harry non o fixo, asi que a pantasma de Dumbledore fixo que seu amigo o rubio ése-que-ninguén-se-lembra le roubase a moza a Harry e Hermione foise co feo da pandilla, ahí Harry si qe se suicidou e Voldemort palmouna.

Nomes cos que se coñece a Lord Voldemort[editar]