Lordomani

De Desgalipedia
      Ups! Quizais vostede non estarás buscando por Viquingo?
Lordomani a punto de atacar Catoira.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: ViquingosCita2.png
Google sobre Lordomani

Cita1.pngLordomani, demos do marCita2.png
Un monxe sobre os Lordomani/Vikingos
Cita1.pngEu quero ser LORDOMANII!!Cita2.png
Os Diplomáticos de Monte Alto sobre os lordomani
Cita1.pngLordomani, ese pagáns fedorentos que veñen invadirnos con 300 naves espaciais con raios láser e o noso Rei coa xuda de Deus ao rezarlle un pouco xa os destruiu para sempreCita2.png
Cronicón Albeldense sobre os vikingos/lordomani
Cita1.pngOs Lordomani quixeron fundar un reino en Galicia.Cita2.png
Araceli Otero Fernández sobre os Lordomani.
Cita1.pngOs Vikingos viñeron a Galiza traídos polos vellos pactos da Alianza do Mar pra defenderen ós seus "irmáns" da costa contra dos abusos do bispo de CompostelaCita2.png
Víctor F. Freixanes sobre os Lordomani.
Cita1.pngOs Normandos ou Lordomani eran inmigrantes ilegais que traín a canda sí aos latin kings e os ñetasCita2.png
Eduardo Morales Romero sobre os Lordomani/Vikingos
Cita1.pngEles eran uns bad boys que peregrinaban por toda a cristiandade emulando a Xudas facendo o mal pra que voltara Xesúcristo a salvarnos a todos.Cita2.png
Jorge Simón Izquierdo sobreos Lordomani/Vikingos
Cita1.pngMeu tatatataravó era lordomani e preñou na tatataravoa de Rosalía de Castro.Cita2.png
Enrique Dans sobreos Lordomani.

Pobo mítico do Norte de Europa e do sur do Polo Norte, famosos por facer grandes concertos de rock ao ar livre.

Orixe[editar]

Según o Códice Calixtino, os lordomani ou vikingos, eran uns granxeiros mortos de fame da Noruega, Suecia e Dinamarca, que cando viron como caían as primeiras folerpas de neve emigraron cara a Europa civilizada, pero como en Francia e Inglterra eran xenófobos pois os vían mal e falaron pestes deles, que si eran satanistas, que si andaban roubando e violando... cando en realidade o que facían era o máis normal do mundo no humano.

Mentalidade[editar]

Un barco lordomani preparado para atacar a Galicia.

Pros vikingos/lordomani o mundo atopábase dividios en varias plataformas co seu propio Arcade, simbolizado nunha grande árbore ou eucalipto primordial:

  • Asgard: o Mais Alá Dacá, onde van parar os mortos(se fuches bó)e os deuses,é a copa do eucalipto.
  • Middgard: o tronco do eucalipto, onde viven os humanos, os animais e as floriñas do campo.
  • Jötumheim: onde viven os fillos de puta.
  • Svartalfheim: as raíces, onde viven os Mouros e teñen de todo e son ricos os moi fodidos pá!

A súa relixión era con moitos Deus, e tras ver que non chegaban a ningún sitio matándose entre eles colleron e baixaron a Alemaña, Francia, Galicia, Portugal... a matar a outros que non fosen altos e rubios coma eles. Pero un pirata lordomani mais chulo que todos fíxose cristián tras secuestrar ao bispo de Tui e fixo que todos os seus se convirtiran ao cristianismo. Deixaron por iso de matar? Non! Entre os antigos deuses dos lordomani atopábanse:

  • Odín: ou Bodan, que era un peregrino que por preguntar demasiado o deixaron chosco dunha pedrada, nese miomento tivo unha revelaqción divina, tiña que suicidarse colgándose da árbore que suxeitaba o mundo e faríase xefe dos deuses, meu dito meu feito... e morreu.
  • Loki: fillo de Odín, como era máis listo que seu pai e seu irmán Thor todos lle tiñan envexa e falan mal del.
  • Thor: fillo de odín, irmán de Loki, irmán da comebolsas Freia, só destacou pola súa forza bruta e andar a martillazos con tododios.
  • Freia: deusa do amor, da paixón ,da luxuría, algún steólogos afirman que era muller de Odín, outros din que era filla de Odín e logo éste casou con ela na mais xenuina tradición exipcia.

Debido ó seu carácter pacífico foron por tódolos países erguendo pequenas aldeas ao pé da costa, como Muros, e ficaron a veces por moitos anos en varios lugares e logo seguían camiño..por exemplo cara Israel en peregrinación, pasando por Santiago de Compostela como peregrinos ao mesmo tempo que (según eles) o arzobispo lles agasallaba con ouro, prata e escravos; mentres que os labregos facían pactos con eles pra liberarse dos parásitos sociais, sobre todos dos señores feudais(aínda non inventaran os irmandiños).

Historia[editar]

A principios da Idade Media un cambio climático provocado pola contaminación das fábricas do Imperio Romano fixo que as colleitas de Noruega, Dinamarca e Suecia mirrasen de tal forma que se viron na obriga de emigar pra sobrevivir, mas como nos barcos non cabían todos enviaron só aos homes e descubriron que no sur había zonas ricas e mosteiros cheos de ouro, polo que comezaron a facer excursións de comercio por Inglaterra, Alemaña, Francia e Irlanda.

Co paso do tempo e o verán do amor do ano 666 establecéronse en diferentes puntos da costa de Irlanda fundando Dublín e as primeiras cidades irlandesas, e intervindo na política interior dos pequenos reinos ingleses, chegando até London, onde se estableceron e foron medrando debido ó seu comercio de peles e escravos Norte-Sur, co tempo fundaron reinos estables con reis tan simpáticos como o Rei Canuto (si, fumaba ISO) e en Normandía crearon un ducado que co tempo remtaraon por invadir desde alí (con axuda do reino de Galicia) a propia Inglaterra e venceron grazas ao cabalo negro na Batalla de Hastings.

San Olaf co seu grupo de rock cantando "Arde Tui".

Mais unha vez feitos estos reinos seguiron indo de excursión en tódalas direccións, fundaron Rusia e Islandia, descubriron América e seguiron facendo de piratas por toda Europa e Musulmania, un dos seus jarls Ulf o Galego aproveitou a súa peregrinación a Santiago de Compostela pra despois facer turismo rural pola Galiza, San Olaf tamén se deixou caer e foi ata Tui onde fundou un grupo de rock e prendeulle lume a Tui mentres cantaba seu single "Arde Tui".

Os vikingos/Lordomani en Galicia[editar]

Debido ós abusos do bispo de Santiago de Compostela querendo cobrar impostos e dezmos en toda a costa, éstes chamaron polos lordomani pra poñer fin á ambición de Compostela de comerse toda Galicia, os lordomani chegaron ás rías e xuntáronse cos mareantes e deron guerra ós exércitos vidos de Compostela xunto cos enviados polo Rei de Galicia e León. Trabando batalla ao lado da costa, na chamada Guerra do Brazo e da Longa Espada nas cales gañaron os mareantes cos seus aliados contra dos señores da terra, os vikingos retiráronse tras anovar o pacto mariñeiro casando a unha das súas princesas cun caudillo dos mareantes galegos (este episodio histórico foi silenciado e só chegou a nós a través da lenda da boda entre unha serea, a princesa lordomani chegada do mar, e un nobre da familia dos Mariño).

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]