Louredo, Mos

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Louredo.
{{#if: |
Louredo
Louredo.jpg
Escudo de Louredo.
Concello Mos
Área km²
Poboación (ano 2007) 169 hab.
Densidade 999 hab./km²
Entidades de poboación URSS

San Osiris de Louredo é unha aldea nuclear de Mos, provincia de Vigo.

Historia[editar]

Antigüidade[editar]

Louredo foi fundado polos supervivintes da Batalla de Pedra Fifa, onde se enfrontaron os mouros contra os gabachos e os romanos, ao final só sobreviviu un corpo de elite dos celtas castrexos galaicos.

Trala batalla os supervivintes en vez de proclamar a fin da guerra comezaron a roubarlles ós mortos e desventralos, pra así ter un bó esterco pras súas hortas, aquel ano a colleita foi das mais espectaculares asi que ficaron aquí e fundaron a aldea, pra que ninguén viñese molestalos asulagaron as regadas e pecharon o paso na Portela, onde colocaron unha torroeira(unha torre máxica) logo nomearon como presidentes vitalicios a Von Helton, Solid Snake e Ryu xa que todos os veciños eran PJs aventureiros e sabían como se as gastaban pr ahí adiante, no cabodano da fundación decidiron facer unha festa anual(ou sexa, que durase un ano enteiro) onde bebían grandes cantidades de LK e churrasco.

Esta celebración espertou a envexa dos veciños de A Zapateira, Valos e O Enxertado que se chivaron deles ao Imperio Romano, que debido ó historial de violencia dos PJs desta localidade decidiron conquistalos con tácticas yanquis, ou sexa, fixeron pasar diante deles unha calzada romana e logo un montón de mulleres do Play Boy lixeiras de roupa pola calzada romana "per Loca marítima" pero debido a que os PJs louredenses só pensaban en aventuras, Pxs e ouro non lles fixeron puto caso e seguiron pola súa.

Idade Media[editar]

Debido á crise económica de 2008 o Imperio Romano veuse abaixo, uns anos antes meteran nestas bisbarras os suevos como man de obra escrava nos chinos, pero rebeláronse ó mínimo intento de rebaixarlles soldo e comezaron a portarse de forma bárbara cos caciques, alcaldes e concelleiros da zona, ata que chegaron a Louredo e os veciños da parroquia os convenceron pra independizarse dos romanos e fundaron xuntos o Reino Suevo.

Louredo convirtiuse en capital espiritual, e aquí estaba a catedral en honor a Bodan(que logo sería sustituido por Pedro Chosco) Thor(sustituido polos nubeiros) e Fricco(sustituido pola Candeloria e o día que se casan os paxaros) ata que Martiño de Dumio veu por aquí coa intención malsá de convertilos ao catolicismo, como non os daba convecido ameazándoos co inferno e a furia de Deus ergueu un templo e prometeu que sempre o tería cheo de putas s eos louredenses abandonaban o paganismo, cousa qe resultou ante o escándalo do triunviurato de Ryu, Van Holen e Solid Snake, que remataron partíndose a caxia ao ver que seus conveciños les lavaban o cerebro unhas monxas desde o púlpito con lindas cancionciñas sobre o amor, pra que seus veciños espertasen á realidade ante a ameaza de que lles ían pasar por riba a A52 sen pagar nada por ocuparlles as terras Ryu e Solid Snake invetaron o entroido, grazas a este psicoritual os Pjs abducidos polo cristianismo voltaron á súa forma de ser e loitaron bravamente na Batalla do Pombal contra das paleadoras do Ministerio Españolista de Maxia, conseguindo alta tecnoloxía pros seus labardíos e así comezou a Revolución verde, que foi a anetsala da seguinte época.

Idade Moderna[editar]

A revolución agraria fixo que os PJs se deixasen de tanta dungeons, matar elementales de polos e porcos, golems de ovicápridos e inventasen as granxas ao por maior, creando o capitalismo(xa que non eran católicos e iso permitiulles ser capitalistas antes ca ninguén na Península Ibérica).

Nesta época Ryu e Solid Snake rifaron por mor de varios cofres de ouro extraídos das mámoas de Salgueirón,a crise de gobenro saldouse cun combate entre faccións, que fixo tambalear os Zoccchiedros ata que ningún PJs de moita listeza ficou vivo, razón pola que Van Holen deu un golpe de estado chamando na súa axuda ao Imperio Español, que enviou ós Tercios de Flanders a conquistar esta aldea, cousa que só conseguiron cando Louredo obtivo permiso pra chulear ás monxas da contorna, que se abriron de patas ante as ordes do Vaticano pra que así os PJs independentistas perdesen forza tralo coito e fosen logo masacrados sen esforzos pola garda civil.

O resto de PJs foi enviado ao Novo Mundo(onde botaron abaixo os Imperios Azteca e Inca grazas á súa fame por mais ouro e Pxs), desde entón louredo non ergueu cabeza e os pastos mesmo se convertiron en brañas, habendo varios anos de Peste Negra no lugar que fixeron que moitos emigrasen a Redondela, onde se prostituían nos barcos de choco mentres Van Holen ficou como cacique local per secula seculorum.

Idade Contemporánea[editar]

Trala Revolución francesa, nas cale sos gabachos conseguiron que o Antigo Réxime baixara a idade de consentemento sexual a 15 anos, Louredo segiu sendo unha colonia interior de Españistán debido que tiña pouca melé nembargantes consegiu que lles puxeran un apeadeiro de tren(que os de Valos din que é súa hahah!) usada tamén como loxia pra masonaría local, ata que Franco se enfadou con eles por non deixarlle entrar e fusilounos ademais por que non lle facían caso. Durante os anos do seu reinado fixo que os louredanos exportasen toda a carne pra Alemaña nazi, lgo mais tarde no fraguismo exportaron man de obra barata pro matadoiro de O Porriño e como celadores no psiquiátrico.

Economía[editar]

Antes vivían de Pxs e ouro, pero trala chegada do comunismo viven da industria atómica.

Xeografía[editar]

Louredo atópase a beira dereita do val do río Louro(frente a Guizán e Peinador) xusto enriba da [[Depresión meridiana ]] polo que conta cun pozo de petróleo e gas natural.

Clima[editar]

Un día de inverno cálido en Louredo.

Neboento.

Flora e Fauna[editar]

Toxos e flores, entre a funa destaca o cancadrilo, o esquío voador e a Pedra Fifa(un ente malévolo fillo dos deuses exteriores...)

Lugares e parroquias[editar]

Lugares de Louredo[editar]

Lugares da parroquia de Louredo no concello de Mos (Pontevedra)

Arrufana | O Enxertado | O Pantaño | O Pombal


Parroquias do Mos[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Mos
Cela (San Pedro) | Dornelas (Santa María) | Guizán (Santa María) | Louredo (San Salvador) | Mos (Santa Eulalia) | Pereiras (San Miguel) | Petelos (San Mamede) | Sanguiñeda (Santa María) | Tameiga (San Martiño) | Torroso (San Mamede)


Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Louredo, Mos.

Outros artigos[editar]