Luar na lubre

De Desgalipedia
Luar na lubre
Luarnaubreorixin.jpg
luar na lubre na súa primeira etapa.
Información
Orixe A Coruña, Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Período Nos 80 — presente
Xénero(s) Folk
Selo(s) discográfico(s)
Membros Paula Rey, Xan Cerqueiro, Xulio Varela, Patxi Bermúdez, Bieito Romero, Eduardo Coma, Pedro Valero, Xavier Ferreiro
Antigos membros Rosa Cedrón
Sara Louraço Vidal
Web oficial


Cita1.pngQuizais quixo dicir: Luar na ubreCita2.png
Google sobre Luar na lubre

Luar na lubre é un grupo de folktrónica galego.

Historia[editar]

Os actuais Luar na ubre.

O grupo foi fundado no 1986 por Bieito Romero pra non darse ás drogas, conseguiu sacar un par de ionquis de roubar radios de coche e poñelos a tocar instrumentos tradicionais e así inventou os canflautas finos. Puxéronse todos os dias a ensaiar pra poder fuxir do mono de drojaína e así conseguiron sacra adiante varias maquetas e ter nome, obtendo bolos en tódalas festas patronais (sobre todo na sesión vermú) debio ó impactante do seu directo, tan protocolar.

Mias cansáronse de ir de igrexa en igrexa, asi que voltáronse satanistas e desde entón visten de negro, grazas a satán tiveron a idea de grabar súa música en cassettes e así chegar a mais oíntes, con tan boa sorte que os chegou a escoitar Mike Olfield (un dos grandes músicos dos anos 90 que non tocaba bakalao) indo no coche da súa moza de A Coruña, pediulles permiso pra versionar o seu tema mais popular O son do peido e así saltaron á fama.

Foron contratados pra iren por toda a Península Ibérica e levar a súa música de cerne atlantoceltista, o que lles permitiu rematar de pagar os instrumentos que tocaban, entre os cales estaban: gaita galega (e non gaia escocesa como os da Banda da Diputa de Ourense), acordeón tangeiro, harpa láser, violín irlandino, frautas pánicas, theremin, whistles africáns, chelo vienés, moog, guitarra arábiga, bouzouki australianés, pandereita, bohdran, percusións miragreiras, etc por outra banda a cústica voceira tamén mudou, xa que cambiaron en varias ocasións de cantante: Ana Espinosa, Ana Kiro, Rosa Cedrón, Pili Pampín, Sara Louraço Vidal, e Paula Rei.

A pesares de tocar temas tradicionais e ser folkies usan letras reviradas cara o inferno, onde falan de queima igrexas, meda como persoas mais humanas (con tódolos seus vicios) sen coaccións de ningún tipo (por iso odian o cristianismo) e sobre Satán (que representa a liberdade pra eles).

Membros[editar]

  • Bieito Romero;
  • Xan cerqueiro;
  • Xulio Varela;
  • Patxi vermúdez;
  • Eduardo Coma;
  • Pedro Varelo;
  • Xavier Ferreiro;
  • Paula Rei;

Exmembros[editar]

  • Ana Espinosa;
  • Ana Kiro;
  • Rosa Cendón;
  • Pili Pampín;
  • Sara Louraço;

Discografía[editar]

Álbums[editar]

* O son do peido (1988)
* Beira Atlánticafricana (1990)
* Altar Solis (1993)
* Putilunio (1997) Disco de iridio
* Cu do mundo (1999) Disco de ouro
* XXX Aniversario (2001)
* Cadrado (2002)
* Hai un inferno (2004)
* Sergas (2005)
* Camiños do cu do mundo (2007)
* Ao morto (2009) 2 CD + DVD
* Solsticio (2010)
* Mar Menor (2012)

Audiovisual[editar]

Videoclips
  • "Eu Gitana" (1997)
  • "Neva en Santiago" (1999)
  • "El derecho a vivir en guerra" (2002)
  • "Os bechos" (2007)
Longametraxes

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Luar na lubre.

Outros artigos[editar]